Lourenzá
A Xunta de Galicia anuncia que o delegado territorial en Lugo, Alfonso Villares, participou na presentación da VI Feira do Cabalo de Lourenzá, que se celebrará este domingo, 25 de outubro, coa colaboración do Goberno galego.
A feira, organizada pola asociación Cabaleiros de Lourenzá, comezará ás 9:00 horas e “volverá reunir afeccionados, criadores e xinetes nunha xornada dedicada ao mundo ecuestre e á tradición cabalar, con gran arraigo na comarca”, explica a Xunta, que engade: “a programación inclúe probas de andadura, un concurso morfofuncional de poldros e a celebración do Campionato Cabalo Marchador Galego. Durante a xornada haberá tamén compravenda de gando equino, vacún, ovino caprino e porcino, así como propostas dirixidas ao público infantil, entre elas paseos gratuítos a cabalo. Entregaranse ademais premios aos mellores exemplares...
leer másLourenzá acollerá este domingo, día 25 de outubro, a sexta edición da Feira do Cabalo, “unha cita que, ano tras ano, foi gañando protagonismo ata converterse nunha das celebracións de referencia do calendario festivo local. O evento está organizado polo Concello de Lourenzá coa colaboración da Asociación de Cabaleiros de Lourenzá, unha entidade que desempeña un papel fundamental no impulso e na consolidación desta iniciativa”, anuncia a alcaldesa, Rocío López.
Ademais a rexedora municipal destaca que “desde a súa creación, hai xa uns anos, a Asociación de Cabaleiros de Lourenzá traballa para promover o mundo do cabalo de pura raza galega e contribuír á conservación e difusión desta raza autóctona. A súa implicación foi fundamental para impulsar a Feira do Cabalo e favorecer o seu crecemento, nun proceso no que a cita foi evolucionando...
leer másO domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López.
O prazo de inscrición para instalar postos xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
O Valadouro e Lourenzá acollerán a vindeira fin de semana as actividades enmarcadas nos Plans con corazón, iniciativa da Mancomunidade da Mariña, baixo os títulos A fraga das Lerias, un refuxio natural na serra do Xistral (o sábado 17 de outubro - O Valadouro) e Historias que se cultivan (o domingo 18 de outubro - Lourenzá).
A Mancomunidade da Mariña destaca que “son, sen dúbida, unha oportunidade única para coñecer algúns dos espazos naturais máis significativos destes concellos, ademais doutros dos seus atractivos patrimoniais e gastronómicos”, e explica que “quedan as últimas prazas libres para a actividade do sábado do Valadouro, polo que todas as persoas interesadas deben formalizar a inscrición o antes posible a través do enlace:...
leer másA alcaldesa, Rocío López, anuncia que o Concello de Lourenzá súmase á conmemoración do Día Mundial Contra o Cancro de Mama, “reafirmando o seu compromiso coa prevención, a sensibilización e o apoio ás persoas afectadas por esta enfermidade. O vindeiro 14 de outubro ás 17:30 horas celebrarase no Multiusos de Ponte de Cuñas unha charla informativa titulada Pautas para reducir o risco de cancro, impartida por María Amparo Vizoso García, psicóloga da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), e Rocío Fernández Alonso, traballadora da mesma entidade. Ao remate da charla terá lugar unha merenda solidaria, na que as persoas asistentes poderán gozar de manteigadas e chocolate, ao tempo que colaboran con esta causa”.
Ademais, un ano máis, o Concello de Lourenzá organizará unha recollida de donativos para a loita contra o cancro, que serán...
leer másO Concello de Lourenzá activa un dispositivo especial de tráfico con motivo da 34ª Festa da Faba, que se celebra esta fin de semana, desde o venres 2 ata o domingo 4 de outubro.
É “unha das citas máis importantes do calendario festivo e gastronómico do municipio”, destaca o Concello, que engade: “o dispositivo foi elaborado e coordinado coa Garda Civil e Protección Civil, co obxectivo de garantir a seguridade durante o desenvolvemento das distintas actividades previstas e, ao mesmo tempo, facilitar a circulación e o acceso das persoas que se acheguen a Lourenzá durante estes días”.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, explica que “entre as novidades deste ano destaca a modificación do percorrido previsto para os vehículos clásicos e o tren turístico, que circularán pola rúa Montero Villegas, Praza Linares...
leer másAs motos e coches clásicos volven a Lourenzá pola Festa da Faba esta fin de semana, 3 e 4 de outubro
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo anuncia que colabora un ano máis coa organización deste evento, que se “afianzou no programa da festa gastronómica laurentina contribuíndo a dinamizar as rúas da vila coa presenza de ducias de coches e motos antigas chegadas desde distintos puntos de Galiza”. O deputado provincial Daniel García participou na presentación do Vespafaba & Clásicos Lourenzá, que se celebra esta fin de semana -3 e 4 de outubro- no marco da Festa da Faba. No acto, no que tamén participaron a alcaldesa, Rocío López; e Antonio Irimia e Borja Torrente, do club Vespafaba & Clásicos Lourenzá LU; Daniel García destacou a traxectoria da organización, que integrou as motos e os clásicos entre as imaxes icónicas da Festa da Faba” e destacou “a importancia de que os colectivos da vila sumen á programación dun evento que promociona a Faba de...
leer másA XXXIV Festa da Faba de Lourenzá celebrarase do 2 ao 4 de outubro e será pregoada por José Cuadrado
A XXXIV Festa da Faba de Lourenzá celebrarase do 2 ao 4 de outubro e será pregoada por José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Faba de Lourenzá. Será o sábado 3 ás 12:00 horas.
Pero as actividades xa comezarán o venres: ás 20:00 horas haberá unha cata de viño comentada a cargo da adega Triay (D.O. Monterrei) no claustro do mosteiro; e desde ás 21:00 horas, verbena coa actuación de Toxo Guayaba e The Sound Project, no Campo dos bolos.
O sábado ás 11:00 horas será a apertura da XXXIV Festa da Faba, coas casetas de fabeiros na Praza do Conde Santo; stand Institucional do Concello de Antas de Ulla; demostración e exposición de artesáns e alimentación, en prazas e rúas da vila; inicio da XII Vespa Faba e Clásicos, na rúa Femández del Riego; e pasacalles coa Rondalla Mugardesa. Despois haberá...
leer másA Asociación de Mulleres Rurais de Lourenzá ten as inscricións abertas ata o día 25 de setembro para unha viaxe á Televisión de Galicia (TVG) que farán o mércores 7 de outubro para asistir como público aos programas En compañía de Loli e A voltas co prato.
Anuncian que será “un día diferente para compartir, aprender e, sobre todo, pasalo ben xuntas!.
O prezo desta actividade é de 5 euros e as prazas están limitadas a 30 persoas.
O Concello de Lourenzá organiza unha festa para celebrar o remate do programa Verán na Praza. Será este venres, día 18 de setembro, ás 17:00 horas na Praza do Conde Santo.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, anuncia que “haberá Festa Holi, con cor música e moita diversión; merenda para tod@s, entrega de diplomas e moitas sorpresas e momentos especiais”.
O Concello de Lourenzá recomenda aos asistentes que leven roupa clara que se poida manchar e protección para os ollos. “E se tes 5 ou máis selos no teu pasaporte do Verán na Praza, non esquezas traelo: recibirás un agasallo sorpresa!”, destaca.
A rexedora municipal salienta “o éxito desta primeira edición do programa Verán na Praza, xa que as actividades contaron con moitos asistentes” e agradece a colaboración das asociacións que “...
leer más












