Patinaxe Artística
A Asociación Cultural Deportiva Xove anuncia que o próximo 9 de xuño ás 19:30 horas o Pavillón Municipal de Xove “acollerá a nosa Gala Fin de Curso, unha celebración na que as nosas patinadoras e patinadores compartirán co público o traballo realizado ao longo da tempada. Un espectáculo cheo de música, emoción, ilusión e patinaxe, no que participarán deportistas da ACD Xove e de Ortigueira Patinaxe Artística, convertendo esta cita nunha gran festa sobre rodas”.
A ACD Xove engade: “agradecemos a colaboración do Concello de Xove e o apoio de todas as familias que fan posible seguir medrando cada tempada. Agardámosvos para desfrutar dunha tarde moi especial e despedir xuntos este curso 2025-2026”.
O II Preparatorio ao Campionato Provincial de Patinaxe Artística 2026, na modalidade show, celebrarase no Pavillón Municipal de Xove este domingo, día 10 de maio, desde as 12:30 horas.
Neste evento deportivo participarán: Clube Anca, Clube Campelas, EDM Chantada, ED Lourenzá e ACD Xove, que é a entidade organizadora.
O Pavillón Municipal de Alfoz acollerá unha exhibición de patinaxe artística o día 16 de xuño, luns, de 16:00 a 17:00 horas.
O Concello de Alfoz anuncia que este evento “promete deixarnos coa boca aberta. Unha tarde para gozar da arte, a música e o talento”.
Este sábado, día 24 de maio, desde as 19:00 horas terá lugar no Pavillón Municipal de Lourenzá unha exhibición de patinaxe artística para celebrar a fin de tempada.
Este evento deportivo está organizado polas Escolas Deportivas Lourenzá, que anuncia: “ven a disfrutar dunha tarde cheíña de espectáculo e diversión”.
O Pavillón Municipal de Xove acollerá o II Preparatorio ao Campionato Provincial de Show de patinaxe artística este domingo, día 25 de maio, desde as 16:30 horas.
Participarán neste evento deportivo os clubs EDM Chantada, Campelas, ACD Xove, CP Maristas e ED Lourenzá.
O pavillón polideportivo municipal de Lourenzá acollerá o II Preparatorio ao Campionato Provincial de Patinaxe Artística este domingo, 28 de abril, a partir das 16:30 horas.
Ademais das Escolas Deportivas Lourenzá participarán neste evento deportivo as escolas deportivas municipais de Barreiros e Chantada, AEHDE O Carballiño e ACD Xove.
As Escolas Deportivas Lourenzá anuncian que participarán “máis de 150 patinadores, voando cara o podio do campionato provincial”.








