Monte Castelo
A tradicional romaría do Monte Castelo celebrarase os días 26, 27 e 28 de xullo, baixo a organización da Asociación R.C.M. Amigos do Monte Castelo e do Concello de Burela coa colaboración de Absa e Ledicia. A programación inclúe unha ampla variedade de actividades para todos os públicos.
Os interesados poderán acceder ás parcelas dende as 18:30 ata as 20:30 do mércores 24 de xullo despois de que foran confirmadas as reservas do ano anterior.
O venres, 26 de xullo, ás 20:00 horas celebrarase unha misa na igrexa da Vila do Medio e, para rematar o día haberá unha chicharrada ás 21:00 horas seguida da actuación do grupo Alaska e dun DJ a partir das 23:00 horas.
A xornada do sábado 27 comezará coa sesión vermú ás 14:00 horas a cargo do Grupo Superstar. De 18:00 a 21:00 terá lugar un concurso...
leer másBurela acollerá os días 25 e 26 de maio o campionato galego de mountain bike 'Enduro Monte Castelo'. O evento contará cunha participación estimada de 180 deportistas.
O día 25 de maio, sábado, terá lugar a proba de remontes de tramo urbano de 10:00 a 13:30 e de 15:00 a 18:00 horas, así como a proba TC0 crono en tramo urbano. Ao día seguinte, o domingo 26 de maio, será a quenda da carreira enduro de 5 tramos, que se desenvolverá entre as 9:00 e as 15:00 horas. En total, o campionato constará de 28 quilómetros de probas e 1.400 metros de desnivel.
“Apostamos forte por este tipo de actividades, xa que a mestura de monte e de entorno urbano fai de Burela un enclave perfecto para estas competicións”, sinala a alcaldesa, Carmela López.
Pola súa banda o presidente do Club Cerezo Bikes e co-...
leer másTodo está listo en Burela para a celebración da Romaría do Monte Castelo, que organizan a Asociación Amigos do Monte Castelo e o Concello de Burela, coa colaboración de Absa, Ledicia e a Mancomunidade de Montes. A cita terá lugar do 21 ao 23 de xullo.
O presidente da Asociación de Amigos do Monte Castelo, Marcos Vázquez, agradece “o apoio do Concello de Burela, que está a axudar en todos os preparativos, ao igual que a asociación de montes e o resto de entidades. Temos xa todo perfilado para arrincar coa montaxe”.
O venres, 21 de xullo, haberá misa na Igrexa da Vila do Medio ás 20 horas e despois ás 21 horas chicharrada no Monte Castelo aberta aos romeiros e romeiras alí acampados e tamén ao resto da xente que se queira achegar. A continuación actuación do grupo Tapyoca e un dj. O sábado está prevista unha festa...
leer másRematou o pintado do mural artístico e informativo do Monte Castelo, que foi visitado polo alcalde e polos autores.
Alfredo Llano indicou que “visitei xunto cos autores, xunto cos artistas Belén e Martín, que fixeron unha labor extraordinaria alí no Monte Castelo cun mural artístico e informativo, onde se sinala o que se pode ver alí naquela zona: a capela, o cruceiro, o hórreo… tamén aparecen dúas mulleres, o que indica o peso que tiñan na sociedade, non so ligado ao mar senón que tamén había hortos e había que traballar a terra, algo que normalmente facían as mulleres, por iso a súa presenza neste mural extraordinario”.
O rexedor considera que “é unha obra artística moi ben feita, que lle da unha singularidade importante á área recreativa do Monte Castelo. Todo isto forma parte das actuacións que se están a...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industrias e Autónomos de Burela e o Club Ciclista Cerezo Bikes organizan a III edición da iniciativa Enduro. Monte Castelo durante a fin de semana do 15 e 16 de abril.
Esta proba consta de 25 quilómetros nun contorno natural, 1.450 metros de acumulada, 4 circuítos cronometrados e será puntuable para a Copa Galicia.
Dende a entidade comercial queren convidar a todas as persoas amantes do ciclismo a participar nesta proba deportiva e visitar os establecementos de proximidade de Burela durante esa fin de semana, “sendo unha boa oportunidade para impulsar o comercio e a hostalería local. Invitamos a todas as veciñas e veciños da Mariña Lucense para que acudan ao evento”.
No acto de presentación, que tivo lugar no Concello de Burela, participaron o alcalde,...
leer másBurela celebra a romaría de Monte Castelo desde este venres, día 22 de xullo, xornada na que haberá misa na igrexa de Vila do Medio ás 20:30 horas, media hora despois terá lugar unha chicharrada e actuarán Grupo Montreal e DJ Balbino.
O sábado 23 haberá sesión vermú con Grupo JB Son a partir das 14:00 horas. Desde as 18:00 celebrarase concurso de casetas, campionato de tute, xogos para nen@s organizado por Gaia. E ás 23:30 empezará a verbena con Grupo JB Son e DJ Balbino.
O domingo 24 ás 13:15 celebrarase misa e procesión no honra da Nosa Señora das Marabillas e a partir das 14:00 horas, sesión vermú a cargo do dúo Merengue.
O Monte Castelo acollerá a súa tradicional romaría dos días 25 ao 28 deste mes de xullo. O alcalde, Alfredo Llano, anima a participar nesta cita, que se presentou nas últimas horas. O rexedor dixo que aínda quedan algunhas parcelas libres para poder gozar desta festa coa familia e cos amigos.
Llano sinalou que “no monte Castelo de Burela imos iniciar a romaría que basicamente é para os veciños e para as familias, para estar alí a gusto tres ou catro días, participando en todo aquilo que hai alí, nas acampadas e nas actividades, que hai moitísimas”.
O alcalde quixo “animar á xente que queira ir. Hai aínda algunha parcela libre. As persoas interesadas que suban e reserven o seu espazo para disfrutar durante eses días, desde o 25 ata o 28 que remata a festa. Ese 28 pola mañá, o domingo, haberá unha misa e unha...
leer más