O I Trail Monte Castelo disputarase en Burela o domingo 4 de outubro

O Concello de Burela anuncia que o día 4 de outubro, domingo, chega a primeira edición do Trail Monte Castelo, organizado por Move-t, con dúas modalidades “para gozar do noso monte: Trail de 14 quilómetros e 900 metros de desnivel positivo e andaina de 10 quilómetros e 350 metros de desnivel positivo”.

“Acompañamos a Móvete para dar a coñecer esta nova cita deportiva e contribuímos a impulsala con apoio económico e coa colaboración de persoal municipal”, explica o Concello de Burela, que engade: “as inscricións pechan o 1 de outubro”.