torneo 3x3
Xove acollerá un torneo de fútbol 3x3 para categorías prebenxamín, benxamín e alevín os días 22 e 23 de xullo, martes e mércores. A inscrición é limitada e o prazo está aberto ata o 18 de xullo.
Este evento deportivo, denominado Torneo do Parque 3x3 Xove, foi presentado polo alcalde, Demetrio Salgueiro; e tres representantes do Xove Fútbol Sala, Antonio, Jesús e Naya.
O Concello de Burela organiza un torneo 3x3 de fútbol os días 20 e 21 de agosto, martes e mércores, na Praza da Mariña a partir das 19:30 horas.
Haberá 4 categorías: sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16. As inscricións deben facerse na Casa da Xuventude ata o día 19 de agosto, de 9 a 14 horas.
O Concello de Burela destaca que “hai previsión dun gran número de equipos participantes”.
O CB Burela organiza un torneo de baloncesto 3x3 para os días 2 e 3 de agosto, venres e sábado, na Praza da Mariña.
Será masculino e feminino nas categorías sénior, U18, U16, U14, U12 e U10. Haberá 2.800 euros en premios e celebraranse concursos de mates, triplas e habilidades.
As persoas interesadas en máis información sobre este evento deportivo poden contactar coa organización a través do correo electrónico presidentecbburela@gmail.com ou do teléfono 637.56.23.48.