Desfiles

Etiquetas:
30/01/2024

O Concello de Cervo xa ten todo a punto para celebrar un entroido por todo o alto, con actividades e festa para todos os públicos que xirarán en torno aos tres desfiles que se celebrarán en Cervo, en San Ciprián e en San Román de Vilaestrofe.

A rexedora, Dolores García Caramés, e a tenente alcalde, Mali Méndez, presentaron a programación xunto cos representantes das Asociacións Airiños do Xunco e a asociación Mulleres Rurais As Espalladoras, colectivos estes últimos que se encargan da organización dos entroidos de Cervo e de San Román, respectivamente; ademais de representantes da A.C. Comisión de Festas de Lieiro, que colaboran no Entroido de San Ciprián coa venta de bolos preñados e de chocolate e sobremesas típicas destas datas; e de membros da asociación de montes veciñais de San Román e da asociación de veciños de Vilastrofe, que...

leer más
Etiquetas:
08/02/2023

O Concello de Cervo xa ten todo a punto para celebrar un entroido por todo o alto, con actividades e festa para todos os públicos que xirarán en torno aos tres desfiles que se celebrarán en Cervo, en San Ciprián e en San Román de Vilaestrofe.

A tenente alcalde, Dolores García Caramés e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, presentaron a programación xunto cos representantes das Asociacións Airiños do Xunco, a asociación Mulleres Rurais As Espalladoras e da asociación de montes veciñais de San Román e da asociación de veciños de Vilastrofe, colectivos, estes últimos que se encargan da organización dos entroidos de Cervo e de San Román, respectivamente.

Os actos de Entroido comezarán o sábado 18 en Cervo, cunha actuación infantil na carpa instalada na praza do Souto para dar paso ao prato forte, co Desfile de...

leer más
Etiquetas:
17/02/2022
O alcalde, Alfonso Villares, a Delegada de Cultura, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Turismo, David Rodríguez, presentaron a programación do Concello para este Entroido xunto con Rafa e Azucena, representantes da Asociación Airiños do Xunco.
 
Os actos comezan o sábado 26 de febreiro cunha actuación infantil na Praza do Souto. Será ás 12:30h baixo a carpa que se instalará para a celebración do entroido.
 
O Desfile de Entroido de Cervo terá lugar o domingo 27 de Febreiro. As inscricións poderán realizarse a través dos teléfonos 617 313 207 (Rafa) ou no 982 557 613 (Azucena) ata o venres 25 de febreiro. Todos os que o fagan ata esa data recibirán unha cesta con produtos típicos de entroido. Tamén se poderá apuntar o mesmo día do desfile...
leer más