Entroido
A parroquia de San Román de Vilaestrofe, no municipio de Cervo, celebrará unha festa de Entroido este sábado, día 21 de febreiro, desde as 22:00 horas.
O Concello de Cervo anuncia que será “unha gran festa nocturna, organizada pola Asociación Mulleres Rurais As Espalladoras, coa colaboración do Concello de Cervo, da Asociación de Veciños de San Román e da Comunidade de Montes. A cita será a partir das 22:00 horas no Pavillón de San Román, cun desfile e festa amenizados polo Grupo JB Son e a Discomóbil Conxuro. Haberá importantes premios para adultos e público infantil. As inscricións poden formalizarse no teléfono 656.272.802”.
A parroquia de Galdo, no municipio de Viveiro, celebrará unha festa de Entroido este sábado, día 21 de febreiro, organizada pola Asociación de Veciños Camiño de Galdo.
Este evento do Sábado de Piñata comezará ás 22:30 horas e estará amenizado polo dúo Trasnos.
A entrada é libre e haberá premios e agasallos para os mellores disfraces nas categorías individuais, parellas e grupos (de polo menos 5 compoñentes). E repartiranse lambetadas propias do Entroido.
No Vicedo haberá festa de Entroido este sábado, día 21 de febreiro. As actividades comezarán ás 13:30 horas coa sesión vermú.
Este evento está organizado pola comisión de festas na honra a Santo Estevo e a Santa Lucía, que anuncia: “nesta ocasión celebramos o Entroido coas actuacións dos grandísimos artistas dúo Alba y Selu e Juanjo Music , que estarán con nós tanto na sesión vermú dobre coma na gran verbena. Coma sempre, haberá festa infantil organizada pola APA e, deseguido, merendola na carpa. Tamén contaremos co tradicional desfile tanto infantil coma adulto, cos seus respectivos premios aos mellores disfraces”.
O Concello de Riotorto organiza un Entroido infantil para este martes, día 17 de febreiro. Será desde as 17:00 horas no pavillón municipal.
Haberá inchables e repartirán chocolate con churros para todos a partir das 20:00 horas.
A parroquia de San Román do Val, no municipio de O Vicedo, celebrará unha festa de Entroido este venres, día 20 de febreiro, a partir das 21:30 horas. Este evento está organizado pola Asociación de Mulleres de San Román do Val, en cuxo local terá lugar a celebración.
Haberá premios para os mellores disfraces (individual, parella e grupos) e degustación de xamón cocido, chourizos e produtos típicos do Entroido. E a festa estará amenizada coa música do dúo Primera Línea.
O martes 17 de febreiro, o Entroido trasládase a San Ciprián, “cun gran desfile que dará comezo ás 18:00 horas desde a Praza dos Campos, percorrendo as principais rúas da localidade. Este desfile contará cunha ampla dotación de premios, repartidos entre as categorías individuais, parellas, grupos, comparsas e categoría xuvenil, cun total de 2.280 euros. A animación correrá a cargo da Charanga Os Macanudos, e ao remate da entrega de premios a música continuará con DJ Aaron. Ademais a A.C. Comisión de Festas de Lieiro instalará un posto de venda na carpa da Praza dos Campos con chocolate, sobremesas, bolos preñados e empanadillas contribuíndo a crear un ambiente festivo e gastronómico”, anuncia o Concello de Cervo.
As inscricións para participar no desfile realízanse na Casa da Cultura de San Ciprián, en horario de mañá, ata o luns 16 de...
leer másO Concello de Barreiros ultima os preparativos para o desfile de Entroido, que será o 20 de febreiro
O concelleiro de Dinamización en Barreiros, Dani García, reuniuse cos representantes das comparsas locais -Macanudos e Habelas Hainas-, así como coa asociación Event&Fest Barreiros, entidades que colaboran na organización do desfile de Entroido que terá lugar o venres 20 de febreiro. “Un encontro para ultimar detalles e poñer en valor o traballo conxunto que fai posible que o Entroido de Barreiros siga medrando ano tras ano e mantendo viva esa tradición e o espírito carnavaleiro. Lembrámosvos que haberá pulpería tanto ao mediodía como pola noite na Praza do Concello e que, durante toda a tarde, a praza contará con ambiente festivo e música como entretemento antes do desfile”, anuncia o Concello.
A información relativa á festa infantil de Entroido, que será o mércores 18, como a do desfile está dispoñible na web concellodebarreiros.gal...
O Concello de Cervo organiza unha festa infantil de Entroido que será o día 16 de febreiro, luns, desde as 17:00 horas na carpa instalada na Praza dos Campos, de San Ciprián.
Haberá talleres, inchables, xogos e chocolate con churros.
A Pontenova celebrará un Entroido infantil este domingo, día 15 de febreiro. Será no pavillón municipal Tito Margaride desde as 17:00 horas.
Está organizado polo Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) de A Pontenova coa colaboración do Concello, que anuncia: “o vindeiro 15 de febreiro ás 17:00 horas agardámoste no Pavillón Municipal Tito Margaride para gozar dunha tarde chea de xogos, música e baile pensada para os máis pequenos e para toda a familia! Prepara o teu mellor disfrace e ven vivir un Entroido máxico, divertido e cheo de sorpresas”.
Ante a previsión do mal tempo o Concello de Xove segue adiante en manter o seu tradicional desfile de Entroido e traballa nun plan alternativo para garantir a celebración do mesmo no caso que se presente unha tarde de inclemencias meteorolóxicas.
A Concellería de Cultura anuncia que “como cada ano, o Concello está a organizar o desfile de Entroido. Sen embargo e tralos temporais rexistrados recentemente na comarca e ante a previsión de posibles condicións meteorolóxicas adversas, estase a traballar nun plan alternativo que permita garantir a celebración do evento sen necesidade de modificar a data prevista. Esta decisión ten como obxectivo evitar a coincidencia coas celebracións doutros desfiles en concellos próximos, facilitando así a participación da veciñanza e das persoas inscritas sen incidir na organización doutros entroidos da zona...
leer más












