CR Celeiro

Etiquetas:
09/06/2025

Viveiro acollerá este sábado, día 14 de xuño, a III Bandeira de Traiñeiras de Veteráns CR Celeiro, unha proba da Liga Galega de Veteráns que se disputa entre os meses de maio e xuño.

O CR Celeiro organiza a regata, na que agardan a participación dunha decena de tripulacións masculinas e femininas, e que se disputará a partir das 16:00 horas fronte a praia de Covas, na zona dos Castelos. Nese marco presentouse a proba, nun acto no que participaron José Manuel Prieto Sierra e Belén Pérez Pérez, do CR Celeiro; o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García; e a concelleira Miriam Bermúdez, que animaron a achegarse á contorna de Covas para presenciar a competición, na que participarán tripulacións de Cabo de Cruz, Vila de Cangas, AD Esteirana, CDM Mera ou CR Muros.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo explica que “o CR Celeiro sairá por primeira vez a unha regata de...

leer más