Álvaro Cunqueiro
Este xoves, día 19 de xuño, ás 12:00 horas preséntase na Casa Museo Álvaro Cunqueiro (CMAC), en Mondoñedo, o libro Álvaro Cunqueiro. Obra escolleita, unha antoloxía de textos do escritor traducida ao nipón polo profesor Takekazu Asaka. O acto, organizado polo Concello e a CMAC, contará coa presenza do autor; o alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero Legide; e o director de Publicacións e Actividades da CMAC, Armando Requeixo.
O Concello de Mondoñedo explica que “Takekazu Asaka (Toquio, 1952), catedrático emérito de Filoloxía Románica na Universidade de Tsudajuku e académico de honra da Real Academia Galega, acode a Mondoñedo para presentar Álvaro Cunqueiro. Obra escolleita, unha antoloxía bilingüe galego-xaponesa que constitúe a primeira tradución directa dende a nosa lingua á nipoa da escrita do mindoniense. A escolma recolle...
leer más