Pesentación
O grupo teatral da asociación ASPANANE volve subir ao escenario para presentar “unha obra que fala dunha realidade que moitas persoas sentiron algunha vez: a soidade”. Será no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, este sábado, día 30 de maio, ás 20:00 horas.
ASPANANE explica o argumento da obra: “Ricardo busca amizades, comprensión e o seu lugar no mundo, pero no camiño descubrirá algo moi importante: non necesitamos seguir á masa para ser felices, nin cambiar quen somos para sentirnos aceptados. Unha historia emotiva, profunda e chea de momentos que nos farán reflexionar sobre a amizade, o respecto e a importancia de ser un mesmo”.
E destaca que “o teatro en ASPANANE é moito máis ca unha representación. É ilusión, esforzo, aprendizaxe, compañeirismo e unha maneira de demostrar todo o talento, a creatividade e a...
leer más



