Calvo-Sotelo
A vila ribadense acolle unha exposición fotográfica sobre Leopoldo Calvo-Sotelo, que foi presidente do Goberno, alcalde honorario de Ribadeo e fillo adoptivo deste municipio.
Esta mostra estará todo o verán na praza Pancho Maseda, xunto á Casda do Concello. A familia de Leopoldo Calvo-Sotelo escolleu un conxunto de fotografías para achegar ás persoas que a visiten ás distintas facetas da vida do presidente. A exposición foi presentada pola súa filla, Pilar Calvo-Sotelo Ibáñez-Martín, que pronunciou un discurso moi emotivo no que subliñou a vinculación da súa familia con Ribadeo.
O alcalde ribadense, Daniel Vega, agradeceu a colaboración da familia Calvo-Sotelo para poder instalar esta exposición fotográfica. No acto tamén interveu a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo.
Este sábado, día 18 de xullo, seguirán en Ribadeo as celebracións polo centenario do nacemento de Leopoldo Calvo-Sotelo, o ex presidente do Goberno. Haberá una mesa redonda e a inauguración dunha exposición.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anunciou: “este sábado seguimos coas celebracións polo centenario do nacemento de don Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo. Nesta ocasión teremos dúas actividades. Primeiro, ás once e media, unha mesa redonda moderada por Leopoldo Calvo-Sotelo Ibáñez-Martín, fillo do presidente, e na que participarán tres profesores: José Vidal Pelaz López e Pablo Pérez López, autores do libro Consolidar la Democracia, el gobierno de Leopoldo Calvo-Sotelo, catedráticos de Historia Contemporánea da Universidade de Valladolid e Navarra, respectivamente. E Jorge Lafuente, profesor de Historia e Instituciones...
leer másRibadeo dedicará o ano 2026 á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, coincidindo co centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. Os primeiros actos terán lugar este martes, día 14 de abril. Haberá unha ofrenda floral, un pleno extraordinario e tamén un acto litúrxico.
O alcalde, Dani Vega, anunciou: “este ano 2026 celebramos o centenario do nacemento de Leopoldo Calvo-Sotelo e desde o Concello queremos dedicarlle este ano baixo a reflexión, o debate e tamén o recordo da súa pegada. Pai da democracia, peza fundamental na transición, aperturista ante as novas realidades naquel entón da economía de Europa, entramos na OTAN, e defensor das autonomías, dado que o 18 de maio de 1981 tamén firmou o Estatuto de Galicia, un presidente galego firmou o Estatuto Galego”.
O rexedor considera que “o Concello de Ribadeo...
leer más





