Homenaxe
O Concello de Cervo en colaboración coa asociación Airiños do Xunco celebrará este sábado 18 de outubro ás 19:30 horas un acto no que a Sala das Carboeiras, situada no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, será bautizada como Sala Cultural Xosé Vizoso, en homenaxe ao recoñecido artista e creador, recentemente falecido, “cuxa pegada artística e humana permanecerá para sempre ligada á identidade cervense. Unha idea que partiu da asociación Airiños do Xunco a raíz do falecemento do ilustrador e que desde o Concello se valorou e apoiou desde o primeiro intre. Así como tamén se están a valorar outras propostas presentadas por distintas asociacións e colectivos locais para continuar recoñecendo e poñendo en valor a figura e o legado de Xosé Vizoso no ámbito cultural cervense”, explica o Concello de Cervo.
A alcaldesa, Dolores García...
leer másA asociación Movemento Artístico da Mariña (Movart- A Mariña) e a Librería Bahía de Foz organizan este venres, día 26 de setembro, ás 20:30 horas, na referida librería, a presentación do libro El huevo de la serpiente. El nido de ETA en Madrid, de Eduardo Sánchez Gatell, publicado pola editorial Betagarri Liburuak.
Movart A Mariña explica que “este libro é un testemuño en primeira persoa dos acontecementos que rodearon o atentado da Cafetería Rolando, o 13 de setembro de 1974, en Madrid; e unha profunda reflexión sobre os perigos do dogmatismo e as fatais consecuencias do uso da violencia coma ferramenta política. Á presentación acudirán o autor e a súa irmá, Mar Sánchez Gatell, quen ofrecerán aos asistentes unha perspectiva persoal daqueles sucesos”.
O Movemento Artístico da Mariña tamén anuncia que “...
leer másA Asociación de Veciños de Ourol organiza unha comida homenaxe ó médico Miguel González Núñez con motivo da súa xubilación. Será este domingo, día 8 de xuño, ás 14:30 horas no Edificio Multiusos de Ourol.
O prezo por persoa é de 35 euros e as tarxetas poden retirarse ata este xoves, 5 de xuño, en Casa Balsa e Farmacia de Ourol.
O Concello de Burela celebrará esta fin de semana unha dobre homenaxe ao deporte local, cun recoñecemento especial ao equipo feminino do Burela FS tras a conquista da súa sétima Copa da Raíña.
Tamén se homenaxeará ao equipo masculino de fútbol da SD Burela, que vén de lograr o seu regreso a Preferente 17 anos despois ao longo dunha excelente tempada.
Por unha banda, o venres 9 de maio, no encontro do equipo feminino de fútbol sala contra o CFS Gran Canaria Teledeportivo no Pavillón Vista Alegre, realizarase a recepción e homenaxe oficial ás xogadoras do Burela FS.
A alcaldesa de Burela, Carmela López, transmitiu o seu orgullo e a súa “máis sincera noraboa” pola nova vitoria do equipo. Co acto de homenaxe búscase "destacar o inmenso logro que supón acadar por sétima vez un dos títulos máis...
leer másMondoñedo acolle este sábado, día 12 de abril, unha homenaxe a José Sánchez Gacio, que foi presidente da Deputación de Lugo e gobernador civil da provincia da Coruña. Está organizada polo colectivo Memoria da Mariña.
As actividades comezarán ás 12:00 horas na Casa da Xuventude, que está na rúa Pacheco, número 5. Alí haberá relatorios de Alba Díaz Geada (historiadora e profesora da USC), que falará sobre Exterminar unha causa. O golpe de 1936 na Galiza; e Antonio Reigosa (cronista oficial de Mondoñedo), sobre José Sánchez Gacio, un mindoniense de ben represaliado polo franquismo. Tamén está programado un coloquio moderado por Xusto Fernández Haro.
Ás 13:15 horas no Cemiterio Vello haberá intervencións de Xulio Rodríguez e Xosé Luis Fernández Rivera, en representación de Memoria da Mariña;...
leer másO Concello de Burela organiza este venres, día 28 de febreiro, ás 19:00 horas no Salón de Plenos a presentación do artigo De Carmiña a Dona Carme. É unha peza elaborada pola cronista oficial de Burela, Herminia Pernas Oroza, para a revista galega do ensino Eduga. O texto recolle a traxectoria de Dona Carme Iravedra Otero, figura clave no desenvolvemento educativo e social de Burela no século XX.
No acto estarán presentes a alcaldesa de Burela, Carmela López; o concelleiro de Educación e tenente de alcaldesa, Mario Pillado; a autora do artigo, Herminia Pernas Oroza; a filla da homenaxeada, Águeda Barcia Iravedra, Juan A. Granados Loureda, inspector de educación e director da revista Eduga, e Rira Gradaille Pernas, Doutora en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela.
Este evento...
leer másO Concello de Burela celebrará, este venres 21 de febreiro, a vida e a obra de Rosalía de Castro, con motivo da conmemoración do seu aniversario o 23 de febreiro.
O acto terá lugar a partir das 11:00 no auditorio da Casa da Cultura de Burela, coa participación dos centros educativos públicos do municipio.
Para comezar, a cativada da Escola Municipal de Música de Burela e dos colexios CEIPP Vista Alegre e o CEIPP Virxe do Carme interpretará cancións que musican textos da célebre escritora galega co fío condutor da súa vida.
Logo será a quenda dos centros de secundaria, na que os rapaces e rapazas dos IES Perdouro e do IES Monte Castelo lerán diversos textos de Rosalía, así como un manifesto a prol da lingua galega.
Pola tarde celebrarase unha maratón de lectura de...
leer másViveiro homenaxeará ao músico Óscar Fedez cun concerto que se celebrará o día 9 de agosto, venres, desde as 21:00 horas na Praza Maior.
Neste concerto homenaxe actuarán Eu son band, Back in town, El Chigri, Jjadrio, Yuno, La mala vida, Leo Salinas, Joni Ramos e True Mountains. E haberá venda de merchandising co fin de recadar diñeiro para a Asociación Española Contra o Cancro.
O homenaxeado é o músico mariñán Óscar Fernández González, natural de Galdo (Viveiro) e coñecido artisticamente como Óscar Fedez, que faleceu en outubro de 2023, aos 37 años de idade, debido a unha grave enfermidade.
Ribadeo renderá homenaxe esta fin de semana ao Viejo Pancho. Haberá teatro, música e ofrenda floral, entre outras actividades.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “esta fin de semana terán lugar os actos centrais da conmemoración do centenario do pasamento do Viejo Pancho. Como preludio hoxe presentamos unha páxina web elviejopancho.org, financiada pola Secretaría Xeral de Emigración e na que podemos atopar a biografía do autor, imaxes, a pegada que deixou na música e na prensa e actividades que na actualidade se vinculan co Viejo Pancho”.
A edil ribadense relatou que “o sábado ás 20:30 horas no auditorio municipal o Grupo de Teatro de Ribadeo poñerá en escena El rigor de las desdichas, juguete cómico en un acto, original y en verso. A continuación no quiosco do parque ás 21:30 horas...
leer másO alcalde, Daniel Vega, anunciou que “este sábado ás 12 da mañá imos renderlle unha homenaxe a todos os patróns maiores da Confraría de Pescadores de Ribadeo. A Confraría e Concello encargáronse deste traballo a través dunha comisión organizadora, á que lle damos as grazas por todo o traballo que fixo ata o de agora”.
O rexedor explicou que “o sábado queremos renderlle esa homenaxe merecida. Tamén trasladar un agradecemento a tantas persoas que deron tanto por un sector como o pesqueiro, que tamén traballaron a prol de Ribadeo e en defensa dos intereses xerais. Agradecemento e recoñecemento a cada un deles: a José Ramos, a José López, a Antonio Pérez, a Secundino Balsa, a José Domingo Rajal, a Domingo Fernández, a Celia Pacio, a José Luis García, a José Angel Redondo e ao actual patrón maior Javier Martínez”.
...
leer más