Río
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou no paseo do Río Rato o programa de Actividades Fluviais que a institución provincial ofrecerá de maneira gratuíta en 10 concellos da provincia dende o vindeiro sábado, 2 de xullo, ata o 15 de agosto. No acto tamén participou o Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, xunto a alcaldes, alcaldesas e representantes municipais das localidades nas que terán lugar estas propostas de lecer.
A programación, que chega á súa terceira edición, está dirixida a un público familiar, podendo anotarse maiores de 6 anos de idade no propio lugar da actividade ou a través do teléfono 636.504.155. Entre as actividades ofertadas, os participantes poden realizar kaiak, paddle surf ou inchables, ademais doutros xogos nas contornas fluviais.
Os 10...
leer másSeguen os mércores na natureza no Vicedo. Esta semana toca Baixada do Río Sor en Kaiaks.
Desde a organización sinalan que “encaramos a última semana completa de agosto cunha ruta tradicional pero moi divertida: A Baixada do Río Sor en kaiaks. Será o mércores ás 10:30h (punto de encontro no Porto do Barqueiro) e quedan poucas prazas dispoñibles para poder participar. En todo caso, haberá outra baixada do Sor o mércores 1 de setembro, neste caso en horario de tarde”.
Trabada retoma este domingo as súas actividades fluviales gratuítas, suxeitas este ano as novas medidas de seguridade y prevención fronte ao COVID-19. Están organizadas pola Deputación de lugo.
Esta nova edición celebrarase o domino, 30 de agosto, en Trabada, de 15 a 18 horas na ría de Abres. Os participantes poderán gozar dunha xornada repleta de diversión grazas aos kaiaks, tobogáns, rocódromos acuáticos e ás actividades de paddle surf que se ofertan este ano.
A diferenza dos anteriores anos, contarase cun axente ati-covid, con grupos reducidos de 10 persoas co mesmo monitor e medidas de hixiene e desinfección e circuítos de entrada e saída. Ademais, será necesario realizar previamente a inscrición, coa finalidade de desenvolver a actividade garantindo as medidas de prevención fronte ao COVID-19. Os...
leer másO Pozo da Ola da Pontenova acolle mañá, sábado dia 1 de setembro, dende ás 17:00 ata as 20:00 horas,as actividades lúdicas, deportivas-fluviais, gratuítase abertas para todos os públicos, que o Goberno Provincial leva entreos meses de xullo a setembro a Concellos da provincia. O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío CamposConde convidou a todos os veciños e visitantes a achegarse a este entorno natural, para pasar un día de lecere desfrutardestas actividades completamente gratuítas e abertas para todos os públicos.Esta iniciativa converterse nunha alternativa ao turismo de praia, e taménofrece a todos os visitantespoder descubrir as posibilidades de lecer dos nosos ríos.
Actividades e seguridade
A programación de actividades deportivas fluviais, que é gratuíta e para todos os públicos, desenvólvense en espazos...
A Ría de Abres de Trabada énchese mañá sábado día 25, dende ás 16:00 ata as 19:00 horas,coas actividades lúdicas, deportivas-fluviais, gratuítase abertas para todos os públicos, que o Goberno Provincial leva entreos meses de xullo a setembro a Concellos da provincia. A Deputada de Economía e Facenda e Alcaldesa de Trabada, MayraGarcíaBermúdez convidou a todos os veciños e visitantes a achegarse a este entorno e desfrutardestas actividades completamente gratuítas para todos os públicos. Ademais avanzou que, o domingo día 26 ás 22:00 horas na praza do Concello, haberá unha proxección de cine, coa emisión da película Gru 3.
Con esta iniciativa o Goberno da Deputacióncontribúe a poñer en valor os recursos naturais e paisaxísticos, xa que as actividades desenvólvense en enclaves únicos, como son os Riós e as praias fluviais da provincia....
leer másO Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros segue a apostar pola defensa e posta en valor do río Masma. Proba disto é a realización de actividades que a asociación barreirense veu levando a cabo en relación a este enclave natural: o festival Ao Son do Masma, a limpeza do río no marco das accións do “Proxecto Ríos” de Adega, ou a Carreira Popular, que tivo no 2016 a primeira edición. Este sábado, 18 de novembro, terá lugar a segunda edición desta proba deportiva que conta con categorías infantil, adulta e adaptada. Este última pensada para a participación de persoas que, acreditando unha diversidade funcional e opten por non participar na categoría absoluta.
O percorrido da proba absoluta é dun total de 5600m. e discorre na súa totalidade polas beiras do río Masma ao seu paso pola parroquia barreirense de Celeiro de Mariñaos. O punto de saída...
leer más