Cea

Etiquetas:
14/04/2025

A asociación Mulleres e Homes do Rural organiza na Pontenova unha procesión e unha cea o Xoves Santo, 17 de abril.

Ese día haberá misa ás 19:00 horas e procesión ás 19:30, acompañada pola Banda de Cornetas e Tambores da Asociación de Mulleres e Homes do Rural.

E a partir das 22:00 horas terá lugar no Local das Asociacións unha cea. Para participar hai que recoller previamente os tickets en Asesoría Esther ou na Cafetería do Tanatorio, ata este martes, 15 de abril.

Etiquetas:
17/02/2025

Foz celebrará o Xoves de Comadres o día 27 de febreiro cunha cea na Sala Bahía ás 21:30 horas. O evento está organizado polas asociacións Afammer e de Amas de Casa.

O prezo para as socias dos colectivos organizadores é de 25 euros e as que non o son terán que pagar 28 euros. O prazo para anotarse está aberto ata o día 25 de febreiro.

Etiquetas:
12/11/2024

A asociación Os Sendeiros, de Foz, celebrará xunta xeral de socios e cea o día 23 de novembro, sábado.

A asemblea será no salón de actos da Casa da Cultura de Foz e está programada para as 19:30 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda.

E a cea celebrarase no Restaurante Novo, de Ferreira do Valadouro ás 22:00 horas. O menú será: entrantes (zamburiñas, polbo, luras, croquetas), carrilleiras, torta, café, viño, refrescos.

O prezo é de 30 euros para @s soci@s e de 35 euros para os soci@s temporais. Para participar hai que inscribirse antes do luns 18 novembro nos teléfonos 670.36.90.17 (Roberto) ou 606.71.84.82 (Laura).

Etiquetas:
05/11/2024

A Sociedade Cultural Recreativa Ledicia, de Burela, inicia as actividades para celebrar o seu 50 aniversario cunha cea que se celebrará o día 22 de novembro, venres, ás 22:00 horas. As prazas son limitadas e prazo para comprar os tickets remata o 19 de novembro.

A Sociedade Cultural Recreativa Ledicia, de Burela, anuncia que “50 anos atrás un grupo de xente traballaba en Burela pola creación dunha asociación coa finalidade de promover actividades socioculturais na vila. E xa que chegamos ata aquí queremos compartir esa celebración con tódalas persoas que desexen acompañarnos. Os primeiros actos serán unha cea conmemorativa o 22 de novembro no Hotel Nordés e unha misa en recordo das moitas persoas que faltan o 1 de decembro”.

Etiquetas:
05/11/2024

O Mondoñedo Fútbol Club organiza unha cea baile que se celebrará o día 16 de novembro, sábado, ás 22:00 horas en Finca San Antonio.

O menú estará composto por mexillóns ao vapor, pescada á galega, costela asada, postre, café, chupito, viños godello e Rioja. Estará amenizada pola discoteca móbil Eventec.

O prezo son 32 euros e as entradas están á venda e O Palique, Cafetería Segundo e O Rincón de Mondoñedo.

Etiquetas:
27/04/2024

O Praias de Barreiros Club Deportivo celebrará a súa cea baile desta tempada 2023-24 o sábado 11 de maio ás 21:30 horas no restaurante A Ribeira, de Benquerencia.

A organización anuncia: “se queres volver a desfrutar desa noite fantástica na que se xunta toda a familia verde, xa podes mercar a túa entrada no propio restaurante A Ribeira, a través de calquera membro da directiva ou a través de calquera das nosas canles e redes sociais. Date présa, pois o aforo é limitado e non queremos que te perdas esta gran cita. Para amenizar a velada contaremos coa presenza da Discomovil EvenTeC, que de seguro que nos fará baixar ben a comida con uns bailes”.

O prezo da entrada son 30 euros para os adultos e 15 euros para os menores de 10 anos.

Etiquetas:
02/04/2024

A comisión de festas de Burela organiza unha cea baile para recadar fondos. Será o sábado 27 de abril ás 22:00 horas.

“O 27 de abril ás 22:00 horas o hotel Nordés abre as súas portas para unha noite chea de bo ambiente e solidariedade. Por tan só 35 euros úneste a nós nunha velada inesquecible, onde cada bocado e cada nota de música contribuirán ás nosas queridas festas. Degusta os deliciosos pratos preparados con moito cariño e baila ao ritmo dos mellores sons grazas ao noso DJ. E iso non é todo: teremos sorteos ao longo da noite con premios sorpresa que che farán sorrir aínda máis. Cada entrada inclúe un donativo de 8 euros para as festas patronais de Burela, así que non só estarás a pasar unha noite incrible, tamén estarás a axudar á nosa comunidade. Non deixes escapar esta oportunidade de divertirte mentres fas unha boa acción”,...

leer más
Etiquetas:
14/03/2024

O pavillón municipal de Riotorto acollerá o mércores 27 de marzo desde as 22:30 horas unha cea colaboración organizada pola comisión de festas de San Cristóbal.

Despois de cear empezará o baile amenizado pola orquestra Saudade e o DJ Bombardero. Tamén sorteos, sorpresas e servizo de bar.

O prezo é de 30 euros para adultos e de 18 euros para os nenos de 3 a 10 anos de idade.

 

Etiquetas:
07/03/2024

A asociación veciñal O Torques de Marzán, en Foz, organiza a XXIV edición da súa cea baile de irmandade. Será o sábado 16 de marzo a partir das 21:00 horas no restaurante O Rincón do Mis. Estará amenizada polo dúo Epo-k e haberá sorteo de agasallos.

As prazas limitadas son limitadas e o último día de venda das tarxetas é o venres 8 de marzo.

 

Etiquetas:
23/02/2024

“Esta cea é un acto de unión e de solidariedade entre as mulleres de Viveiro”, subliña a alcaldesa, María Loureiro.

O Concello de Viveiro, a través da Concellería de Muller e o Centro de Información ás Mulleres (CIM), celebra o próximo 9 de marzo a tradicional Cea-Baile de Irmandade con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller.

Esta iniciativa supón un punto de encontro entre as mulleres de Viveiro fomentando as relacións sociais e o seu tempo de lecer.

“Esta cea é un acto de unión e de solidariedade entre as mulleres de Viveiro”, subliña a alcaldesa, María Loureiro. A cita será o sábado 9 de marzo no Restaurante Louzao (Area-Viveiro)

A velada estará amenizada por un grupo musical e haberá sorteo de regalos. O custo será de 50 euros e as mulleres interesadas poderán retirar a súa tarxeta no restaurante Louzao de Area ata o xoves 7 de marzo....

leer más