Cea
O Pescados Rubén Burela FS terá que pospoñer a Festa de Primeira coa afección, prevista para este sábado, para o xoves 16 de maio, debido a compromisos copeiros. O equipo de Juanma Marrube pelexará por revalidar o título irmandiño na fase final de XXVIII Copa Galicia nas Pontes (luns 6 e martes 7 de maio); así o deu a coñecer a Real Federación Galega de Fútbol no día de onte.
A Parrillada Don Chuletón acollerá a cea do ascenso, na que os campións de Segunda LNFS e os/as seareiros/as poderán celebrar xuntos a volta á elite do fútbol sala; será o véspera das Letras Galegas, a partir das 22.00 horas, con prezo de 30 euros/persoa.
Os tíckets poderán adquirirse na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta) ata o luns 13 de maio. Tamén se poderán mercar en Vista Alegre este sábado, 4 de maio,...
leer másO Centro Comercial Aberto de Burela vístese de longo e prepara a cena de gala que terá lugar o próximo 6 de abril a partir das 21.30 horas no Hotel Nordés de Burela.
Será unha velada de corte lúdico no que haberá comida, bebida música e entrega de premios para comerciantes e hostaleiros aos que queren dar un recoñecemento por diversos motivos.
Entregarán un galardón ao emprendedor novel, hostaleiro do ano, toda unha vida e maior proxección exterior e innovación. Estes catro premios non queren desmerecer ao resto de socios, senón dar un pulo para todos os comerciantes e hostaleiros da asociación.
Desde CCA Burela lembran a que calquera persoa está convidada a asistir, o menú consistirá en táboa de embutidos e queixos, croquetas caseiras, brochetas de lagostino crocante con alioli de allo...
leer másTodo está listo para a cea de conmemoración do 30 aniversario da creación de Acia Foz, que terá lugar mañá, mércores, a partir das 21:30 horas no hotel restaurante Leytón.
Ao acto asistirán a directora xeral de Comercio da Xunta, Sol Vázquez, o presidente da Federación Galega de Comercio, José Mª Seijas, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, a responsable da Área de Economía da Deputación de Lugo, Mayra García, o presidente da Mancomunidade de Municipios de Mariña, Alfredo Llano, o alcalde de Foz, Javier Castiñeira, así como edís dos diferentes partidos con representación no Concello focense. Exercerá como anfitrión o presidente de Acia/CCA, José Carlos Paleo, xunto ao resto da directiva da asociación que acaba de renovar por outros catro anos.
Na cita renderase homenaxe a Suso Fernández...
leer másO Concello de Mondoñedo organiza unha cea para o venres, 23 de marzo, dentro dos actos programados durante este mes con motivo da celebración do Mes das Mulleres arredor da data do Día Internacional da Muller, celebrado o pasado 8 deste mes.
A Cea das Mulleres terá lugar este venres ás 21:30 horas, no restaurante Padornelo. O menú está composto por arroz caldoso de marisco, tenreira asada con guarnición, postre, café, chupito e bebida. Haberá ademais baile e animación musical, e o prezo é de 22 euros.
As anotacións para asistir poden facerse ata o 21 de marzo nas oficinas de Servizos Sociais e do Centro de Información ás Mulleres.
Dentro dos actos programados polo Concello de Cervo con motivo da celebración do Día da Muller terá lugar o sábado, día 10, un monólogo a cargo de Xan Veiga. Será na Casa do Mar a partires das 20:00 horas.
Tamén o sábado, ás 22:00 horas, celebrarase unha cea no Restaurante Buenavista. Posteriormente, na Casa do Mar, haberá baile amenizado polo dúo Epo-K. Hai 110 mulleres anotadas para participar nesta cita na que haberá agasallos sorpresa para todas elas. E tamén se entregarán os trofeos ás gañadoras dos campionatos de tute e parchís.
Organizan e colaboran a asociación de amas de casa Alborada, a asociación de mulleres rurais As Espalladoras, a asociación Mulleres en Igualdade, a asociación Mulleres de San Ciprián e o Concello de Cervo.
O Casino de Mondoñedo acollerá o vindeiro 17 de febreiro a Cea Baile do Sábado de Piñata.
Será a partir das 22:30 horas e estará amenizada polo dúa Epo-K.
As tarxetas están á venda no Rincón de Mondoñedo ao prezo de 20 euros para os socios e socias y a 25 euros para os non socios.
O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, fixo hoxe un balance moi positivo da Festa do Chícaro, que se celebrou este pasado fin de semana, e anuncia que o Concello xa está en modo Entroido. Este sábado, día 27, terá lugar a cea de coroación á que asistirán máis de 750 persoas. Esta afluencia de público obrigou a ampliar a carpa, que contará con seguridade nas tres portas de acceso á mesma, e os asistentes disporán ademais dunha pulseira identificativa para evitar a entrada de persoas alleas ao evento. Outra das novidades será a edición dun vaso exclusivo do Entroido, que se porá á venda ao prezo de 1 euro.
O rexedor municipal manifestou: “estamos moi contentos de como está indo o mes de xaneiro no noso concello. Unha vez rematada a Festa do Chícaro o balance é moi positivo, esgotáronse as existencias que tiña previstas a organización e...
leer másAs tarxetas para participar na cea de coroación do rei do Entroido de Foz poderán retirarse a partir do vindeiro martes, día 16, desde as nove da mañá na Delegación de Cultura do Concello focense.
O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto, explicou que “o próximo martes, día 16, ábrese o prazo para retirar as tarxetas para a cea de coroación do rei do Entroido, que se celebrará o día 27 deste mes na Sala Bahía. Poderanse retirar en días sucesivos ata o remate das prazas na Delegación de Cultura por parte dunha persoa responsable da mesa, previo pago das tarxetas. Non se reservarán telefonicamente nin por outro medio. O prezo será o mesmo que os anos anteriores, 25 euros por persoa”.
Ánxel Paleo engadiu que “a cea estará amenizada por Disco Moraima e dende a organización agradecemos que todos os asistentes acudan...
leer másO local das asociacións de A Pontenova acollerá unha cea guateque o día 13 de xaneiro de 2018, sábado, ás 21:30 horas. Este evento está organizado pola asociación local de mulleres rurais coa colaboración do Concello de A Pontenova.
Despois da cea, a partir das 23 horas, haberá baile con música dos anos 60 a cargo do dúo Karmín. Os organizadores animan aos participantes a asistir caracterizados dos anos 60.
O prezo das entradas é de 20 euros para os adultos e 10 para os nen@s. Os tiques poden recollerse ata o 11 de xaneiro en Teresa roupa para todos e O Lar de Balbina, establecemento que servirá a cea.
O Concello de Foz quere dedicar a un tema monográfico a cea de coroación da raíña ou rei do Entroido, que se celebrará o 27 de xaneiro, sábado, na Sala Bahía.
Dende a Concellaría de Cultura anunciaron: “imos facer para o Entroido de 2018 unha proposta de cea baile de coroación monotemática. Así pregamos que votedes nas redes sociais do Concello de Foz (facebook, twitter, web, instagram e na aplicación Looking Foz). Das seguintes opcións podedes sinalar as 2 que máis vos gusten. O prazo de votación será dende o xoves 9 ata o domingo 12 deste mes de novembro ás 24.00 horas. As propostas son Salvaxe Oeste (o Oeste, na Norteamérica entorno ao ano 1800, é unha das épocas máis tolas e cruentas con personaxes históricos do máis pintorescos: indios, cowboys, sheriffs, pistoleiros, barmans, xogadores e chicas de salón, foraxidos, ….); Piratas...
leer más