O Pescados Rubén Burela FS terá que pospoñer a Festa de Primeira coa afección, prevista para este sábado, para o xoves 16 de maio, debido a compromisos copeiros. O equipo de Juanma Marrube pelexará por revalidar o título irmandiño na fase final de XXVIII Copa Galicia nas Pontes (luns 6 e martes 7 de maio); así o deu a coñecer a Real Federación Galega de Fútbol no día de onte.
A Parrillada Don Chuletón acollerá a cea do ascenso, na que os campións de Segunda LNFS e os/as seareiros/as poderán celebrar xuntos a volta á elite do fútbol sala; será o véspera das Letras Galegas, a partir das 22.00 horas, con prezo de 30 euros/persoa.
Os tíckets poderán adquirirse na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta) ata o luns 13 de maio. Tamén se poderán mercar en Vista Alegre este sábado, 4 de maio, coincidindo co remate ligueiro, fronte ao FC Barcelona B (18.30 horas), ou o día 11, co derbi irmandiño de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo ante o Ourense Envialia FSF.