Obradoiros

27/03/2026

O colectivo cultural Ollomao organiza no municipio de Barreiros un ciclo de obradoiros de artesanía, titulado SanArte, os días 29 de marzo, 26 de abril, 30 de maio e 13 de xuño.

Ollomao anuncia que “con este ciclo de obradoiros convidámosvos a parar, respirar e reconectar co ritmo pausado do traballo artesanal. A través de diferentes propostas creativas achegarémonos ao poder terapéutico de crear coas mans, ao contacto cos materiais naturais e á inspiración que nos ofrece a natureza. Serán encontros para aprender, experimentar e compartir, pero tamén para atoparnos nun espazo seguro, entre iguais, onde conversar sen présa e deixar que o benestar xurda do colectivo. Porque ás veces crear tamén é iso: escoitar, compartir e sentir que formamos parte de algo común”.

Este domingo, día 29 de marzo na Escolas...

leer más
17/10/2025

O día 10 de novembro, luns, volverán en Barreiros as actividades dos obradoiros do programa Activamente.

O Concello de Barreiros anuncia: “se tes máis de 67 anos, estás xubilado/a con máis de 60 ou tes recoñecido un grao de discapacidade (e a actividade se pode adaptar), isto é para ti. Obradoiros semanais de aprendizaxe e lecer para manter a mente activa, facer novas amizades e pasalo en grande!”.

Desenvólvense durante 1 hora á semana e o prezo é de 10 euros.

Os luns serán nas Escolas Vellas de San Miguel de Reinante de 18:00 a 19:00 horas.

Os xoves terán lugar no Centro Social de Cabarcos de 15:00 a 16:00 horas e no Centro Social de San Xusto de 16:30 a 17:30 horas e nas Escolas Unitarias de San Cosme de Barreiros de 18:00 a 19:00 horas.

... leer más
25/08/2025
Este luns comezou unha nova edición do programa de lecer Obradoiros con corazón, unha iniciativa de propostas creativas e enriquecedoras coa que desfrutar do verán e afondar no coñecemento cultural da comarca a través do mundo da artesanía. 
 
A primeira das actividades, baixo o título “Chaveiro da porta norte”, tivo lugar no taller Raíces Nómadas, en Ribadeo, onde os participantes tiveron a ocasión de deseñar e confeccionar o seu propio chaveiro de maneira artesanal.
 
Obradoiros con corazón é un programa que chega este ano á súa segunda edición cunha gran acollida entre a poboación, tanto local como visitante, impulsado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña en colaboración coa Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.
... leer más
18/08/2025

Do 25 ao 30 de agosto A Mariña acolle o programa Obradoiros con corazón, unha proposta de lecer para desfrutar do verán coñecendo o territorio a través da súa artesanía local deseñada para promover a riqueza artesá da comarca. O programa inclúe nove actividades diferentes en obradoiros situados en Mondoñedo, Ribadeo, Trabada, Viveiro e Ourol. 

Nesta iniciativa, promovida pola Mancomunidade de Concellos da Mariña en colaboración coa Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo, poden participar todas as persoas que o desexen reservando a súa praza a través do enlace: https://amarinalucense.gal/gl/amarina-obradoiros-con-corazon

As prazas son limitadas, xa que cada actividade acollerá un grupo reducido de persoas co obxectivo de garantir unha...

leer más
Etiquetas:
13/08/2025

Desde hoxe xa é posible inscribirse en calquera das 25 actividades que se desenvolverán na Mariña lucense entre o 25 de agosto e o 12 de outubro dentro dos coñecidos programas Obradoiros con corazón e Plans con corazón. Estas iniciativas, promovidas pola Mancomunidade de Concellos da Mariña en colaboración coa Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo, teñen como obxectivo fomentar o coñecemento da cultura local, achegar maior valor para a visita e a permanencia no territorio e dinamizar a actividade turística con propostas diferenciadas e de calidade.  A nova edición destes programas foi presentada hoxe nun acto desenvolvido no obradoiro de cerámica de Lucía Catuxo, en Trabada, que participa nos dous programas de actividades. 

Máis información e inscricións: 
https...

leer más
23/06/2025

O Concello de Barreiros pon en marcha unha nova proposta a través do obradoiro de emprego que actualmente ten, denominado Máis emprego. Son obradoiros para aprender a elaborar xabóns e velas, que se celebrarán en San Cosme desde este xoves, 26 de xuño, e en San Miguel desde este venres, 27 de xuño.

“Trátase de dous obradoiros prácticos, ideais para aprender a elaborar xabóns artesanais e velas aromáticas naturais. Desenvolveranse en dúas localizacións: Escolas de San Cosme, comezo o 26 de xuño ás 10:30 horas; e Colexios vellos de San Miguel, comezo o 27 de xuño ás 11:30 horas. Cada taller constará de dúas xornadas, cunha duración aproximada de 1 hora por sesión. As prazas son limitadas polo que, as persoas interesadas en asistir, deben anotarse previamente no Concello ou chamando ao 982.124.002”, explica o Concello de Barreiros.

03/03/2025

O Concello de Burela organiza dous obradoiros de solo pelviano que se desenvolverán este venres, día 7 de marzo, e o luns 10, na Praza de Abastos.

“Se es muller e queres coidar da túa saúde pelviana este obradoiro é para ti. Lara Bello, fisioterapeuta especializada en pelviperineoloxía, acompañarate nunha sesión teórico práctica para coñecer e traballar esta parte tan importante do corpo. As datas a elixir son o venres 7 de 10:00 a 12:30 horas ou o luns 10 de 17:00 a 19:30 horas”, anuncia o Concello de Burela.

As prazas son limitadas e para participar hai que inscribirse previamente na Casa do Concello.

Etiquetas:
20/12/2024

O Concello de Viveiro anuncia unha nova edición dos obradoiros de Nadal, dirixidos a nenas e nenos de 3 a 12 anos que estuden nalgún dos centros educativos do municipio. Terán lugar os días 26, 27, 30 e 31 de decembro e mais os días 2 e 3 de xaneiro. Haberá xogos, experimentos, música e máis actividades. É de balde e a inscrición será mediante formulario online no enderezo https://docs.google.com/.../1FAIpQLSeMf1_Uw.../viewform

“Son uns obradoiros para favorecer que os nenos teñan actividades durante todos os días do Nadal”, explica a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, que engade: “xa se levan facendo moito tempo en Viveiro e sempre funcionan, polo que agardamos que, un ano máis, tanto as familias como os nenos estean contentos e...

leer más
12/12/2024

Aproveitando o tempo de lecer do Nadal, a Concellería de Cultura presenta unha gran variedade de obradoiros e actividades para que os nenos/as e as familias poidan disfrutar destes días.

Os obradoiros destinados a nenos e nenas son todos en horarios de mañá e precisan inscrición previa que pode ser tanto na Casa da Cultura como nas oficinas xerais do Concello do 11 ao 18 de decembro. Lembrar que hai prazas limitadas.
 
O luns, 23 de decembro, haberá un obradoiro onde os máis pequenos poderán elaborar diferentes adornos de Nadal. (10:30-13:30 horas)
 
O xoves, 26 de decembro terá lugar un obradoiro de robótica creativa onde se amosarán distintos robots e os rapaces poderán xogar con eles, construirán un circuíto eléctrico, farán figuras de luz...(11:00 a 13:00 horas)
  
O venres día 27 de decembro está previsto o obradoiro "Fai o teu boneco...

leer más
Etiquetas:
12/12/2024

O Concello de Burela convida á rapazada de 14 a 20 anos a esta actividade, que se desenvolverá os días 23 de decembro, 30 de decembro e o 3 de xaneiro.

Nesta ocasión terá lugar na Sala Multiusos da Casa da Cultura de 10:30 a 13:30, e non na biblioteca como noutras edicións.

As prazas son limitadas, polo que será necesario apuntarse na Biblioteca Pública Municipal de luns a venres entre as 9:00 e a 13:00 e entre as 17:00 e as 20:00 horas.