Obradoiros
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Presidente e Secretario da Fundación Sargadelos, Segismundo García e José Luis Vázquez, respectivamente, presentou este martes nas instalacións desta entidade en Cervo os Workshops Sargadelos 2017. Trátanse dos obradoiros de cerámica dirixidos a profesionais, que ofrecen formación da man de recoñecidos expertos a nivel internacional sobre innovadoras técnicas coas que acadar novos produtos que se poidan incorporar aos sectores da moda, da decoración e da gastronomía.
O Goberno Provincial financia na súa totalidade esta iniciativa con 20.000 euros, facendo que o custe para os interesados sexa de cero euros. “Facémolo porque queremos poñer en valor a cerámica de Sargadelos, un dos buques insignia deste sector na nosa provincia e en Galicia, que traspasa as nosas fronteiras, así como...
leer másA OMIX de Xove mantén aberto o prazo de inscrición para os obradoiros de longa duración nas modalidades de ioga, bolillos, bordado e bailes de salón. Ademais tamén está aberta a inscrición para os obradoiros do, aerobic e fitness, pilates e pilates para maiores de 50 anos.
O prazo para inscribirse nestes obradoiros remata o día 23 de setembro.
Tamén está aberto o prazo para apuntarse a informática ata o comezo do curso que será no mes de novembro. Por outra banda o período para anotarse na Escola de Maiores abrangue do día 15 ao 30 de setembro tendo que inscribirse na oficina da educadora familiar.
O Concello de Cervo, a través da delegación de Xuventude, pon en marcha este verán o programa Avívate en Cervo dirixido a rapaces e rapazas de entre 18 e 30 anos.
A edil de Xuventude, Dolores García Caramés, trasladouse esta mañá ata o IES Marqués de Sargadelos, para explicarlle aos mozos a proposta, que consiste na realización dunha serie de actividades encamiñadas a dotalos da motivación e das habilidades precisas para o seu futuro.
Neste senso haberá un curso de monitor de tempo libre, que se impartirá dende o 3 xullo; um obradoiro de intelixencia emocional, o 17 de agosto, cunha duración de 3 horas; o obradoiro avívate, estratexias para acadar os teus obxectivos; tamén o 18 de agosto; un obradoiro de motivación empresarial, que se desenvolverá o día 21 de agosto; un xantar de convivencia e unha actividade de ioga.
... leer más





