Sargadelos
A violinista Leticia Moreno actúa na fábrica de Sargadelos, no municipio de Cervo, o día 19 de agosto, martes, ás 20:30 horas.
“Chega o Festival Bal y Gay ao noso concello. Leticia Moreno é unha das violinistas máis emocionantes e versátiles da súa xeración. Xunto a Uxía Martínez Botana (contrabaixo), Juan Quentin (piano) e Claudio Constantini (bandoneón) presentará unha proposta acorde ao espazo, que aposta pola tradición cunha mirada cara a modernidade”, anuncia o Concello de Cervo.
A parroquia de Sargadelos, no concello de Cervo, xa se prepara para vivir as tradicionais festas na honra a Santiago Apóstolo, que terán lugar os días 24, 25 e 26 de xullo de 2025. O evento está organizado pola Asociación Amigos da Troula e o Concello de Cervo, que convida a toda a veciñanza e visitantes a participar desta cita festiva, cultural e deportiva.
O programa comeza o xoves 24 de xullo ás 20:00 horas, coa tradicional espetada moura, amenizada polos grupos locais Cordenaia e As Grileiras. Ás 22:00 horas comezará a verbena coa Discomóbil Conxuro e ás 23:00 ofrecerase o concerto de Roi Casal, un dos pratos fortes das festas. A verbena continuará con Conxuro Discomóbil.
O venres 25, Día do Patrón, haberá misa solemne e procesión ás 13:00 horas, seguida dun pasacalles e baile a cargo do grupo tradicional...
leer másO Concello de Cervo anuncia que “o Conxunto Histórico‑Artístico de Sargadelos acollerá unha carreira de montaña no marco das tradicionais Festas de Sargadelos. O Trail Sargadelos 2025, organizado polo Concello de Cervo e a asociación Amigos da Troula, celebrarase no incomparable marco do Conxunto Histórico‑Artístico de Sargadelos como parte da programación oficial das Festas de Sargadelos 2025. A cita deportiva combinará natureza, historia e esforzo físico nun circuíto que atravesará lugares emblemáticos desta contorna espectacular”.
As modalidades e horarios das probas son as seguintes: andaina, saída ás 9:30 horas; carreiras infantís nas diferentes categorías, a partir das 9:35 horas; e trail absoluto, saída ás 10:15 horas. A recollida de dorsais realizarase de 8:45 a 10:00 h o día da proba. As inscricións están abertas ata o 25 de xullo...
leer másA Iniciativa Xove “Techno con-Ciencia” desenvolverase os días 22 e 23 de xullo en Sargadelos (Cervo)
O concello de Cervo será o escenario da Iniciativa Xove Techno Con-Ciencia, “unha proposta pioneira de expresión xuvenil e creatividade electrónica” impulsada polo grupo Fonte da Tella (da man de Inoa Pardo, Simón Villarquide, Paula Rodríguez Ares, Borja Lorenzo, Xoel Carreiras Paula Rodríguez Franco , Noé Fernández e Roberto Balseiro) en colaboración co Concello de Cervo, que se desenvolverá os días 22 e 23 de xullo en Sargadelos. O proxecto está financiado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia a través do programa Iniciativa Xove, anuncia o Concello de Cervo, que engade: “a iniciativa nace co obxectivo de poñer en valor a música electrónica como ferramenta de aprendizaxe, cohesión social e innovación cultural, promovendo a participación activa da mocidade na vida cultural do territorio”.
O martes 22 de xullo...
leer másO colectivo creado para lembrar o labor de Isaac Díaz Pardo organiza unha romaría en Sargadelos (Cervo) o día 12 de xullo, sábado.
“O grupo Isaac Sargadelos, formado por un conxunto de artistas, comerciantes e asociacións culturais e creado de forma espontánea a partir das inquietantes noticias do peche da actual fábrica de Sargadelos, quere convidar á cidadanía en xeral, a unha romaría, que terá lugar o sábado 12 de xullo de 2025 no escenario do xantar do merendeiro ao pé do Paseo dos Namorados, do conxunto histórico artístico de Sargadelos e na Sala das Carboeiras. Queremos mostrar e compartir a importancia material e emocional que supuxo e supón a fábrica de Sargadelos, tanto no eido creativo e cultural como no laboral e social”, anuncia o colectivo organizador do evento.
Tamén explican que “para divulgar o...
leer másContinúan as visitas guiadas para coñecer o territorio mariñá da man de Guía tu día. A próxima será a mañá do domingo 16 de marzo na parroquia de Sargadelos no concello de Cervo.
Sargadelos é lugar de parada obrigatoria xa que nela atópase a Cerámica de Sargadelos, selo da identidade e cultura galegas. Pero tamén conta cos restos das antigas fábricas de fundición e cerámica fundadas por Antonio Raimundo Ibáñez, comunmente coñecido como o Marqués de Sargadelos.
Desde Guía tu Día explican: “falaremos da súa figura e o seu innovador proxecto nun paseo guiado sinxelo que nos levará polo Conxunto Histórico Artístico, o Museo Histórico e o Camiño Real. Unha vez rematada a ruta todo aquel que queira poderá quedarse a comer no Caseto de Copa en Cervo. O menú estará composto por empanada, lacón, postre, pan, bebida e...
leer másO Concello de Cervo anuncia que mañá, día 6 de setembro, regresan os Venres de Petiscos que propón a hostalería de Cervo e Sargadelos. A ruta, que conta coa colaboración da Administración local, retomarase con tapas elaboradas no Caseto de Copa, na Pousada O Almacén, na Taberna de Sargadelos e no Café Bar Cultural A Sacabeira.
A nova edición foi presentada esta mañá na Casa do Concello pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; e polos representantes dos establecementos participantes: Elsa Fernández, Tomás Mariño, Jessica Carrasco e Bruno González.
As tapas serviranse a un prezo de 2,50 euros e haberá un sorteo mensual dunha cea en cada local, entre as papeletas seladas cada semana nos catro establecementos.
Para este primeiro venres as propostas son as seguintes: Caseto de Copa,...
leer másA parroquia de Sargadelos, no concello de Cervo, celebrará as festas na honra a Santiago Apóstol os días 24 e o 25 de xullo, mércores e xoves.
A festa arrincará o mércores cunha espetada moura ás 20:00 horas, amenizada polo grupo Cordenaia, seguida dunha verbena co Dúo D'Caché e a Disco Móbil Conxuro.
O día grande, o xoves, ás 13:00 horas, terá lugar a misa solemne seguida de procesión acompañada polo grupo Fol do Raxal. A continuación haberá sesión vermú e baile de tarde da man do cuarteto de gaitas de Bágoas da Terra e de Disco Móbil Conxuro.
A festa está organizada pola Asociación Amigos da Troula e do Concello de Cervo, que anima “a desfrutar dos festexos nunha contorna excepcional como é o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos”.
A Sala das Carboeiras, en Sargadelos (Cervo), está a acoller a mostra titulada “Da cor ao xesto, pinturas e tintas Costafreda”, que se pode visitar ata o 15 de agosto. E como actividade complementaria, ademais dun taller intensivo de pintura, que terá lugar o 26 de xullo e o 2 de agosto, tamén propón a proxección dunha curta, titulada “Dalí Deliriums”, que está protagonizada por José Lifante (Dalí) e Esperanza Lemos (Gala); escrita e dirixida por David Giraldo; e producida por FILMOREC. Será o mércores 24 de xullo ás 20:00 horas e o xoves 25 de xullo ás 12:00 horas na Sala das Carboeiras en Sargadelos.
A sinopse é: “Dalí, xa ancián, pinta no seu taller, frustrado por non poder crear un novo cadro á altura da súa obra e atormentado polos seus propios delirios e alucinacións. Gala acude na súa axuda.”
O artesán Telmo Cao abre as portas do seu obradoiro, instalado na antiga nave de fundición de Sargadelos, a aquelas persoas interesadas en recibir formación teórica e práctica en materia de forxa tradicional. Deste xeito promove un taller, en colaboración co Concello de Cervo, que se desenvolverá do 5 ao 9 de agosto, no seu obradoiro, situado no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.
A inscrición, con prazas limitadas, xa se pode formalizar a través do teléfono 638.71.72.72 ou do correo electrónico telmocao@yahoo.es.
Este obradoiro nace como un complemento á actividade principal que desempeña no seu taller, no que realiza pezas únicas previo encargo.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quixo felicitar ao artesán “por...
leer más