Sargadelos
Este venres, día 21 de xuño, no auditorio da Casa da Cultura, en San Cibrao, actuará a aula de teatro do IES Marqués de Sargadelos, que representará a súa obra “Sent y Mentalia”. Haberá dúas sesións: ás 12:00 e ás 17:00 horas.
Cervo acollerá os días 15 e 16 de xuño, sábado e domingo, a XVII Monográfica Rexional de Galicia de Boxer. A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, e polo delegado de Boxer Club España en Galicia, Iván García, acompañado por un dos seus cans de raza boxer, Faragulla de Ibiltaria (de case nove anos de idade que é campioa de España e de Portugal de beleza, entre outros recoñecementos), no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, que será o escenario do evento que a día de hoxe xa conta con máis de trinta exemplares inscritos.
A exposición morfolóxica concentrarase na xornada do domingo, a partir das 10:00 horas, pero xa o sábado, como antesala do evento, está prevista unha sesión gratuíta de iniciación ao traballo deportivo e ás probas de selección española de cría, a partir das 18:00 horas, tamén en Sargadelos,...
leer másA festa presentación da décimo segunda edición do festival Aturuxo será este sábado, día 8 de xuño, desde as 19:00 horas, no Café Bar Cultural A Sacabeira, de Sargadelos (Cervo). O evento celebrarase os días 19 e 20 de xullo en Bravos (Ourol), con entrada e acampada de balde.
Os organizadores anuncian que “o vindeiro 8 de xuño terá lugar a festa presentación do Festival Aturuxo 2024 – XII Edición en A Sacabeira, Sargadelos. Cando algo é bo repítese e por iso é que non queriamos deixar pasar a oportunidade de facer, este ano tamén, a presentación oficial do noso festival coa marabillosa xente deste referente da cultura galega. Para tal ocasión non pode faltar música da boa e para iso contaremos coa actuación de Kedirán, que virán dende Compostela para facernos bailar e gozar a base de ben. Haberá racións de churrasco, opción vegana,...
leer másA Asociación Cultural Recreativa Fervenza de Sargadelos anuncia que este domingo, 3 de marzo, Eli Ríos -acompañada polas escritoras María Álvarez Landesa e Eva Teixeiro- presentará a publicación 'Alma de violino' , un álbum ilustrado sobre Luísa Villalta, autora á que se dedica este ano o Día das Letras Galegas. Ademais as voces do colectivo Comadres das Letras darán a coñecer o libro titulado 'Contármonos'.
As dúas presentacións serán no Café Bar Cultural A Sacabeira a partir das 17:30 horas, coa colaboración de Librería Bahía.
A asociación cultural e recreativa Fervenza de Sargadelos conmemorará o Día de Rosalía con varias actividades que organizan para este domingo, día 25 de febreiro. Serán no Café Bar Cultural A Sacabeira, de Sargadelos.
A partir das 12 horas haberá degustación do Caldo de Gloria. E ás 17:00 horas Andrea Nunes Brións e Ánxela Lema París presentarán o seu libro “O cento voando. Amores, alianzas e non-monogamias”.
A festa da parroquia de Sargadelos na honra de Santiago Apóstol arrincará o 24 de xullo cunha espetada moura ás 20:00 horas; seguida dunha gran verbena amenizada pola orquestra Trébol e a Disco Móbil Conxuro.
O día grande, o martes 25 de xullo, ás 13:00 horas terá lugar a misa solemne seguida de procesión. A continuación será a sesión vermú e o "tardeo" da man novamente de Disco Móbil Conxuro. Serviranse racións de churrasco e chourizo a mediodía.
A festa está organizada polo Concello de Cervo e a Asociación Amigos da Troula. Os organizadores insisten en animarse a desfrutar destes festexos nunha contorna excepcional como é o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.
A sala das Carboeiras, no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, “está chea de vida este días, con dúas magníficas mostras que non vos podedes perder”, sinalan desde o Concello de Cervo.
Trátase dunha exposición de escultura, obra de Eduardo Rodríguez Osorio, que se pode visitar ata o 22 de xullo.
E unha mostra de pintura e arte en vivo de Laura Doldán Canedo, que estará aberta ata o 31 de agosto.
Horario de apertura de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas, e a fin de semana de 10:00 a 20:00 horas. Pódese solicitar cita previa fóra destes horarios no teléfono 623 41 61 08
A asociación Mariña Patrimonio organiza para o 11 de marzo a conferencia O castro de Rueta. Resultados das investigacións arqueolóxicas de mínima invasión, na que o arqueólogo David González Álvarez, investigador do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT), CSIC, dará a coñecer os resultados das investigacións arqueolóxicas iniciadas o pasado mes de novembro no castro de Rueta (Cervo, Lugo).
A conferencia, que dará comezo ás 12.00H, terá lugar na Casa da Administración de Sargadelos e a súa entrada será libre e gratuíta.
A intervención arqueolóxica en Rueta, que contou co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Cervo, estivo a cargo dun equipo do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC),coordinado por David González Álvarez (Instituto de Ciencias do Patrimonio) e por...
leer másMariña Patrimonio organiza para o vindeiro sábado 17 ás 12:00 unha charla na Casa da Administración de Sargadelos na que se presentarán os datos obtidos trala escavación realizada polo Gabinete de Arqueoloxía e a Universidade de Santiago de Compostela no ano 2020 no lugar do Coído (Cervo, Lugo). A conferencia correrá a cargo das arqueólogas María Martín Seijo e María José Bóveda Fernández, responsables da escavación e do estudo realizado neste sitio arqueolóxico. O estudo en laboratorio, e a realización dunha datación por luminiscencia dun dos fragmentos cerámicos achados no xacemento, permítelles ás autoras deste traballo realizar para todo o conxunto unha proposta de adscrición cronolóxica na Idade do Bronce.
A intervención arqueolóxica, promovida pola asociaciación socioculural Mariña Patrimonio, foi subvencionada cunha axuda da...
leer másO Concello de Cervo e a asociación Amigos da Troula organiza un ano máis o Festival de Sargadelos, que se celebrará o 23, 24 e 25 de xullo. Ademais, haberá gastronomía -serviranse espetadas mouras, deporte -co trail e andaina programados para o domingo-; e moita máis música e sorpresas.
A cita foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, pola edil de Cultura Dolores García Caramés, o concelleiro de Deportes, David Rodríguez, e por unha representación da asociación Amigos da Troula, colaboradores do Festival.
O festival comezará o sábado 23 de xullo á tardiña cunha Foliada Tradicional. O domingo será o Día Grande, que comezará con deporte da man do II Trail de Sargadelos e da Andaina. Partirán ás 9:00h e ás 9:30h respectivamente, as persoas interesadas en inscribirse poden facelo no seguinte...
leer más