Presentación
O venres 6 de marzo ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, a Agrupación Cultural Francisco Lanza (ACFL) organiza un novo acto literario: a presentación do libro titulado Conventículo, de Eva Moreda. Presentará o acto Farruco Graña, presidente da ACFL, e intervirán Javi Gómez, crítico literario, e Eva Moreda
A Agrupación Cultural Francisco Lanza anuncia que “Eva Moreda volve ao Ribadeo que a viu medrar para presentar o seu novo libro, Conventículo. Se queremos coñecer un pouco máis desa nena que visita a súa media irmá (estudante en Gran Bretaña) para ver como lonxe de Lucián, a vila onde se criaron, ambas van atopar novos vínculos entre si e coas persoas e ambientes que van coñecendo, este venres seis de marzo é unha ocasión excelente dialogando coa propia autora desta historia. Conventículo é...
leer másValín Libros presentará en Ribadeo a reedición facsímile da publicación titulada Historia fin de siglo: descripción histórico-geográfica de la provincia de Lugo con las biografías de sus habitantes e hijos más notables en el último año del siglo XIX, do médico Antonio Correa Fernández, unha obra publicada en 1900 con financiamento da Deputación Provincial e editada pola Tipografía de A. Villamarín (Armañá, 2, en Lugo). A presentación será este sábado, día 17 de xaneiro, na Biblioteca Pública Municipal de Ribadeo El Viejo Pancho ás 12:00 horas. Intervirán Martín Fernández Vizoso, xornalista e escritor; Luis Emiliano Correa Fernández de Carrascosa, neto do autor, e Xosé Manuel Valín Barreiro, editor do libro.
No 125 aniversario da publicación de Historia fin de siglo, Valín Libros saca á rúa a edición facsímile desta “...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentará o vindeiro 22 de xaneiro en FITUR A Mariña, unha viaxe á identidade, unha proposta que pon en valor o poder sanador do mar, do goce do tempo e do turismo de benestar e consciente, tendo como protagonistas ás Carolas ou Canouras, consideradas as primeiras turistas da Mariña. A finais do século XIX e sobre todo no século XX, estas mulleres procedentes dos municipios do interior da provincia chegaban ata a costa da Mariña para tomar os “baños de mar”, unha tradición que se afianzou, xa fose por prescrición médica ou por recomendación de persoas coñecidas.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explicou que “esta homenaxe á figura das Carolas forma parte das propostas turísticas que vén desenvolvendo a Mancomunidade ao abeiro do PST e que afonda na identidade do territorio a través...
leer másO vindeiro venres, 26 de decembro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura do Valadouro, terá lugar a presentación de Catro escritores do Valadouro, o caderno número 17 do SEVA.
O colectivo cultural divulga un traballo sobre a traxectoria literaria dalgúns escritores representativos da comarca do Valadouro, así o caderno número 17 versa sobre semblanzas e obras de Manuel Lourenzo, Isaac Ferreira, Xesús Pisón e Lionel Rexes.
Lourenzo, Ferreira e Pisón, amais de contar con numerosa obra propia publicada, son coautores de Contos do Valadouro (colección de contos e lendas publicadas en tres edicións diferentes desde 1998 até a actualidade por editoras comerciais), Arqueoloxía do Valadouro (obra sobre o patrimonio arqueolóxico publicada pola Deputación en 2010) e Inventario do Patrimonio Cultural e Histórico Artístico do...
leer másOrganizada pola Concellaría de Cultura do Concello de Alfoz, o venres 19 de decembro ás 20:00 horas, na Casa da Cultura, terá lugar a presentación da novela As donas da noite, galardoada no X Concurso de Relatos Balbino e publicada por Edicións Fervenza, entidade que convoca o certame. Esta novela supón a cuarta obra narrativa longa do autor Lionel Rexes, tras A raíña das velutinas, A montaña do poeta e Nove lúas.
No evento estarán presentes os responsables da editorial, membros do xurado do certame, e representantes da Xunta e da Fundación Neira Vilas, entidades colaboradoras no concurso literario. O propio autor asinará exemplares ao final do acto.
Lionel Rexes explica que “As donas da noite é unha obra pensada para o público xuvenil, aínda que apta para calquera tipo de...
leer másA Casa da Cultura do Vicedo acollerá este xoves, día 11 de decembro, a presentación do cómic titulado O Día de San Martiño.
“Unha nova actividade na Casa da Cultura! Cristian F. Caruncho, que ben coñecemos porque foi o encargado estes últimos anos da creación dos carteis da Romaxe Viquinga, acaba de presentar un novo cómic chamado O Día de San Martiño. Un divertidísimo western rural”, cheo de acción e humor”, explica o Casa da Cultura, que ademais anuncia: “dividiremos a presentación en dúas partes, unha máis infantil ás 17:30 horas, xa que os nenos e nenas de Primaria xa o coñecen ben e seguro que lles encantará; e a presentación máis oficial para todos os públicos ás 19 horas. O lugar elixido será a biblioteca da Casa da Cultura”.
Pomba, a que non era, o novo libro de Lucía Ferro, ilustrado por Andrea Lombardía, será presentado en Foz o día 20 de decembro, sábado. Será ás 18:00 horas na Casa da Cultura.
O novo libro de Lucía Ferro, ilustrado por Andrea Lombardía, estase a levar a cabo a través dunha rolda de financiamento colectivo que rematará o 26 de decembro. “A 22 días da finalización xa acadou o 40% do seu obxectivo. Para celebrar esta meta, as autoras anuncian a dispoñibilidade dunha nova versión do conto ilustrado na variante dialectal Fala Eonaviega. Do mesmo xeito que as linguas xa existentes, as persoas interesadas poden achegarse a goteo.org/project/pomba-a-que-non-era para participar na campaña e recibir o libro unha vez a campaña remate con éxito”, explica Lucía Ferro, que tamén anuncia: “para continuar coa promoción do proxecto, o vindeiro 20...
leer másEste venres, día 14 de novembro, ás 20:00 horas na Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, preséntase o libro A faba e nós, de Alberto V. Serantes, con ilustracións de Araceli Paz e presentado por Raúl Sanguiao.
“Un encontro perfecto para quen goza das boas historias e da cultura de proximidade”, anuncia o Concello de Ribadeo.
O xornalista e escritor Martín Fernández Vizoso presentará en Lourenzá o seu último libro publicado, que se titula Memoria de mariñáns, tomo 3. Será este venres, día 31 de outubro, ás 20:00 horas no salón de actos municipal.
É unha actividade organizada pola asociación Patrimonio Laurentino coa colaboración do Concello de Lourenzá.
O libro titulado Espiritualidad, escrito por oito persoas, será presentado en Foz o día 31 de outubro, venres. Será ás 21:00 horas no salón de actos do CENIMA.
Os autores explican que “é, máis que un traballo, unha reflexión conxunta entre persoas que buscan a verdade interior por diferentes camiños, que tentan atopar o ben de diversas formas. Espiritualidad naceu dun programa coloquio en Radio Burela a principios do ano 2018, que se continuou logo a través de diálogos e entrevistas telefónicas ao longo de diversos meses, incluso na época da pandemia do COVID. Agora presentámosvos o froito de tanto diálogo e tanta busca neste libro”.
Os autores son: Jesús Álvarez Piñón (sacerdote católico, actual párroco de Viveiro); David Val Pena (idealista espiritual, locutor de Radio Foz e promotor do poboado...
leer más












