Libro

Etiquetas:
16/11/2025

A publicación Pomba, a que non era, é o novo libro de Lucía Ferro, ilustrado por a artista ribadense Andrea Lombardía. A autora anuncia que se fará unha presentación e lectura do conto o día 23 de novembro, domingo, ás 12 horas no Cine Teatro de Ribadeo: “os máis cativos poderán gozar do conto lido pola autora, con acompañamento visual dos debuxos. Ademais diso haberá un coloquio sobre os temas que trata a obra como o bullying ou a superación das feridas que causa e tempo para preguntas de calquera que asista”.

Ademais Lucía Ferro explica que este libro está “pensado para ser desfrutado por toda a familia, pero moi especialmente ao ser lido de pais a fillos. A través dunha historia que ten como protagonista unha pomba ferida, o libro trata temas como a saúde mental e como o bullying ou outras feridas sufridas...

leer más
Etiquetas:
12/11/2025

Este venres, día 14 de novembro, ás 20:00 horas na Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, preséntase o libro A faba e nós, de Alberto V. Serantes, con ilustracións de Araceli Paz e presentado por Raúl Sanguiao.

“Un encontro perfecto para quen goza das boas historias e da cultura de proximidade”, anuncia o Concello de Ribadeo.

 

31/10/2025

O Concello de Mondoñedo anuncia que a partir do martes 4 de novembro de 2025 ás 10 da mañá poderase solicitar o libro de homenaxe a Xosé Vizoso, que se presentou durante As San Lucas deste ano, na Oficina de Turismo de Mondoñedo.

“As condicións de entrega do mesmo, aprobadas pola Comisión Organizadora dos Eventos de Homenaxe a Xosé Vizoso, son as seguintes: o libro entregarase de forma gratuíta, non terá custo algún; só se entregará un exemplar por persoa; a recollida debe ser presencial na Oficina de Turismo de Mondoñedo, non se fará ningún tipo de envío; e non se farán reservas telefónicas nin de ningún outro tipo”, explica o Concello de Mondoñedo.

28/10/2025

O xornalista e escritor Martín Fernández Vizoso presentará en Lourenzá o seu último libro publicado, que se titula Memoria de mariñáns, tomo 3. Será este venres, día 31 de outubro, ás 20:00 horas no salón de actos municipal.

É unha actividade organizada pola asociación Patrimonio Laurentino coa colaboración do Concello de Lourenzá.

27/10/2025

Este xoves, día 30 de outubro, ás 20:30 horas vai estar na Libraría Bahía, de Foz, o escritor Fernando Castro Paredes para falar sobre a súa última novela, O lanzador de coitelos, coa que gañou o premio Galaxia 75 aniversario, “un premio puntual có que a editorial Galaxia quixo celebrar unha efemérides tan importante. Trátase dunha novela de gran talento literario, que cós recursos da novela negra indaga sobre a identidade, a arte e as paixóns dos seres humanos” explica Libraría Bahía, que engade: “Fernando Castro naceu na veciña Tapia de Casariego, é dramaturgo e actor; antes de esta novela, ademais de obras de teatro, tiña escrito un libro de relatos, titulado Entomoloxía para misioneiros”.

Este encontro é unha actividade do club de lectura A carón dos libros, aberto para todo o público.

25/09/2025

A escritora Xulia Marqués Valea presenta na Pontenova o seu libro titulado Para que non estiñe a memoria das avoas. Perfecta Ogaza Fontangordo. Será este sábado, día 27 de setembro, ás 12:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura do Concello da Pontenova. Con entrada libre.

No acto de presentación intervirán: Darío Campos, alcalde da Pontenova; Valentín García, secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia; Belén Castro, profesora da USC e exvicedecana da Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela; e a autora do libro. O acompañamento musical correrá a cargo da agrupación folclórica Colexiata do Sar, de Santiago de Compostela.

Ao rematar o acto haberá un xantar en honra de Perfecta Ogaza Fontangordo (Pichula), no local das asociacións desde as 14:30 horas.

Etiquetas:
23/09/2025

A asociación Movemento Artístico da Mariña (Movart- A Mariña) e a Librería Bahía de Foz organizan este venres, día 26 de setembro, ás 20:30 horas, na referida librería, a presentación do libro El huevo de la serpiente. El nido de ETA en Madrid, de Eduardo Sánchez Gatell, publicado pola editorial Betagarri Liburuak.

Movart A Mariña explica que “este libro é un testemuño en primeira persoa dos acontecementos que rodearon o atentado da Cafetería Rolando, o 13 de setembro de 1974, en Madrid; e unha profunda reflexión sobre os perigos do dogmatismo e as fatais consecuencias do uso da violencia coma ferramenta política. Á presentación acudirán o autor e a súa irmá, Mar Sánchez Gatell, quen ofrecerán aos asistentes unha perspectiva persoal daqueles sucesos”.

O Movemento Artístico da Mariña tamén anuncia que “...

leer más
Etiquetas:
17/09/2025

O coñecido xornalista Fernando Jáuregui presentará mañá, xoves, o seu último libro El cambio en 100 palabras. ¿Cómo serán nuestras vidas en 2050?. Será ás 20 horas no Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo.

Fernando Jáuregui foi columnista en varios periódicos de tirada nacional, foi e é comentarista político en tertulias radiofónicas e televisivas e ocupou a subdirección dos servizos informativos de Telecinco, onde dirixiu o espazo Mesa de Redacción. 

Ten publicado uns vinte libros. O último será o que presente en Ribadeo mañá. 

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, dixo que “en Ribadeo seguimos acollendo a presentación de diferentes publicacións e libros, actividades que forman parte da nosa oferta cultural. Animamos á veciñanza do noso concello e da contorna a que se acheguen a...

leer más
Etiquetas:
26/08/2025

Este mércores, 27 de agosto, ás 20:00 horas terá lugar na Biblioteca El Viejo Pancho de Ribadeo (rúa Antonio Otero, 19) a presentación do libro Salir al mundo. Guía práctica de vida diplomática, de Pedro Calvo-Sotelo Ibáñez-Martín.

O acto contará coa intervención de Carlos Álvarez Lebredo, Luis Fernández-Cid e o propio autor da obra.

A publicación ofrece unha visión práctica e divulgativa sobre a vida diplomática. A entrada é libre ata completar aforo.

 

Etiquetas:
18/08/2025

A Feira do Libro de Foz celébrase na Praza Conde de Fontao ata este martes, día 19 de agosto, de 17:30 a 22:00 horas.

Participan as librarías Cartabón, Pedreira, A Gata Tola, Perseida, Agrasar (Monforte), A Libraría de Rosa-Nobel (Boiro), Bahía, de Foz; e o Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Ofrecen un 10 por cento de desconto en todos os libros.