Libro
Viveiro acollerá desde este martes, 12 de agosto, unha nova edición da Feira do Libro. Terá lugar nos Xardíns de Noriega Varela ata o venres 15, en horario de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 horas. A iniciativa forma parte do circuíto das Feiras do Libro de Galicia e conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a Federación de Librarías de Galicia, a Deputación de Lugo e o Concello de Viveiro.
O Concello de Viveiro anuncia que “a cita reunirá librarías, editoriais e autores que ofrecerán ao público unha ampla variedade de títulos, ademais dun desconto do 10% na compra dos libros. O lema desta edición é Onde florecen os libros e ao longo dos catro días nos que se desenvolverá, organizaranse sinaturas, presentacións e actividades culturais".
A alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, destacou a importancia...
leer másO mércores 13 de agosto ás oito da tarde na Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, terá lugar a presentación do libro As bocas cosidas, de Marilar Aleixandre.
Organizada pola asociación veciñal O Tesón, con colaboración da Casa das Letras, a Editorial Galaxia e o Concello de Ribadeo, “contará coa presenza da autora, Marilar Aleixandre, académica de número da RAG e entre outras moitas distincións Premio Nacional de Narrativa 2022 e premio San Clemente 2003, e do tamén académico, a máis de paisano, Lourenzo Fernández Prieto. Introducirá o acto Antonio Gregorio. O acto corresponderá a un formato de tipo conversa”, anuncia O Tesón, que explica: “As bocas cosidas é o último libro de Marilar Aleixandre, novelado a partir dun episodio familiar. En xaneiro de 2010 ó pai da autora pedíronlle saliva para...
leer másA asociación cultural A Pomba do Arco organiza o xoves, 14 de agosto, ás 20:30 hora no salón de actos do Cenima de Foz a presentación do libro de Martín Fernández Vizoso, Memoria de Mariñáns, que recolle 75 traballos sobre a emigración da Mariña ao continente americano.
O xornalista e estudoso Martín Fernández Vizoso “achegará na súa intervención 13 investigacións sobre emigrantes focegos en Arxentina, Cuba ou Filipinas. As mesmas permiten reconstruír unha parte descoñecida da diáspora focega”, explican desde A Pomba do Arco.
Fernández Vizoso, xornalista e investigador, é veciño de Cangas e autor dunha amplía bibliografía sobre a historia da comarca da Mariña, á que xa ten dedicada catro volumes e centos de artigos en diversas publicacións.
O viveirense Antonio Lage-Seara acaba de publicar un libro dixital titulado Celeiro, fogar do mar.
O Concello de Viveiro explica que é “unha homenaxe en forma de libro dixital á profunda relación desta vila co océano, verá a luz o vindeiro 25 de xullo, coincidindo coas festas parroquiais. A obra, que conta co prólogo da alcaldesa Mariña Gueimunde, reúne textos de autoras e autores que afondan na memoria mariñeira de Celeiro: desde a galerna de 1961 ata a historia das conserveiras, os barcos co nome do porto, o papel das mulleres mariñeiras ou a vida na Cofradía. Todo acompañado de debuxos de peixes e imaxes das casas de Celeiro de hai medio século. O proxecto foi coordinado, editado e ilustrado por Antonio Lage-Seara, quen ademais fará unha doazón moi especial: un Santiago de Pedra para Celeiro, como mostra de cariño ao patrón e...
leer másO Teatro de Ribadeo acollerá este sábado, día 12 de xullo, a presentación do libro titulado Ramón González e Corona González Santos, un matrimonio de filántropos, do que é autora a historiadora Celia Castro. O acto dará comezo ás 11:30 horas e será presentado polo xornalista ribadense Juan Soto, un dos prologuistas da publicación.
O libro, editado por Eoditorial, fai un repaso pola vida deste matrimonio, pola súa labor de mecenado e pola repercusión que tivo tanto na sociedade ribadense coma na do Porriño.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anima a asistir á presentación deste sábado, 12 de xullo, “para coñecer máis polo miúdo o que fixeron indianos e filántropos como Ramón González e a súa dona por Ribadeo. A súa pegada está presente na Praza de Abastos, no Teatro e na Terceira Orde, por poñer só...
leer másOs Bolechas no Ribadeo Indiano é o título do libro presentado este domingo no quiosco da música, no Campo de San Francisco ribadense. Ducias de nenas e nenos achegáronse a coñecer aos Bolechas, que compartiron fotos, bicos e apertas con eles. Houbo tempo para amosar todo o que saben as pícaras e os pícaros de Ribadeo sobre os indianos máis coñecidos, como Ramón González, a quen está dedicado este ano a décima edición deste evento histórico cultural, que se celebrará do 11 ao 13 de xullo. Son 1.000 exemplares os editados, que se poñen á venda ao prezo de 10 euros na Oficina de Turismo e na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, contou que se repartirán varias partidas polos centros escolares de Ribadeo.
Asistiron ao acto de presentación do libro o alcalde, Dani Vega; as concelleiras de...
leer másO Concello de Alfoz anuncia: “o próximo sábado 19 de abril ás 19:30 horas achegádevos á Casa da Cultura de Alfoz para descubrir Uma história pequena da Galiza Rural (1939–1982), da man da súa autora, Alba Díaz Geada. Veciña de Adelán, no concello de Alfoz, Alba é historiadora e investigadora especializada na análise dos cambios sociais no rural galego. É autora de varias publicacións, entre elas Mudar en Común: Galiza 1959–1982, baseada na súa tese de doutoramento, recoñecida con varios premios. As súas liñas de investigación inclúen: historia agraria e social, movementos sociais, cambio social e cultural, franquismo e transición á democracia”.
Para este acto a entrada libre ata completar aforo.
O Salón dos Alcaldes, na Casa do Concello ribadense, acollerá a presentación do libro titulado Ribadeo, rúas, prazas e espazos, de Eduardo Gutiérrez. Será este venres, día 28 de febreiro, ás 20:00 horas.
“Non vos perdades esta interesante presentación a cargo do cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez. Unha oportunidade perfecta para coñecer máis sobre a nosa historia”, anuncia o Concello de Ribadeo.
A Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, organiza a presentación do libro titulado Entre a memoria e o esquecemento, de Guiomar Acevedo López, un ensaio que aborda o tema da memoria e da identidade no exilio republicano en México. O acto será este sábado, día 11 de xaneiro, ás 19:30 horas na biblioteca municipal ribadense El Viejo Pancho. Ademais da autora do libro, intervirán Carlos Méixome Quinteiro (investigador sobre a represión franquista) e Mario López Rico, tradutor e autor do prólogo do libro.
A Agrupación Cultural Francisco Lanza explica que “Guiomar Acevedo López (Ciudad de México, 1984) é escritora e historiadora. Licenciada en historia pola Universidad Nacional Autónoma de México e Mestra polo Colegio de México. Especializouse en estudos de memoria histórica, procesos históricos de disrupción social e...
leer másA agrupación cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, anuncia: “o vindeiro venres 13 ás 19:30 horas temos cita co mundo dos libros na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo. Vainos visitar Severino Fernández Abel cun excelente agasallo: unha boa conversa sobre a súa Tradición oral recuperada das tebras”.
Na presentación acompañarán o autor X. Manuel Lobato e Dores Fernández Abel.












