A Vicepresidencia da Deputación edita un libro que documenta e reivindica o valor patrimonial da traída histórica de Mondoñedo

Este venres, 17 de xullo, presentouse en Mondoñedo o libro titulado Enxeñería hidráulica do século XVIII na cidade de Mondoñedo, editado polo Servizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación, que explica que o volume recolle o traballo realizado por Xurxo Lorenzo, Javi Fouz, Andrés G. Doural, Miguel Chao e Magdalena Domenech arredor da traída histórica, unha infraestrutura que comezou a construírse en marzo de 1726 e que canalizou a auga ata Mondoñedo ata os anos vinte do 1928. O libro explica o proceso histórico de e construción da traída, concibida inicialmente para abastecer edificios relixiosos e fontes públicas na vila, e describe de forma pormenorizada con mapas e recursos topográficos os elementos desta infraestrutura que perduran, entre eles, as galerías polas que se conducía a rede, alxibes e decantadores.

Na presentación o deputado provincial Daniel García explicou a labor editorial da área do Servizo de Publicacións e destacou o interese documental do libro que “permite achegarse a esta obra de enxeñería, que supuxo un reto técnico para a época, desde unha perspectiva histórica e patrimonial”. Neste sentido destacou “a importancia deste
traballo editorial para poñer en valor este patrimonio” para o que os autores reivindicaron “unha figura de protección”.

O libro incorpora un mapa histórico do percorrido da traída e propón varios roteiros de sendeirismo para visitala.