Imdecum

18/04/2025

A Fundación Imdecum presenta as XIV Xornadas Formativas que se abrirán nesta edición de 2025 coa campioa de España de powerlifting en menos de 69 Kg, a focense Rosalía Veiga Lestegás. Será o venres 25 de abril ás 19:45 horas en Burela, concretamente na Aula de Usos Múltiples do IES Monte Castelo e no ximnaasio do Pavillón Vista Alegre (Burela).

Esta actividade titúlase Máis aló da forza: o que significa levantar 212,5Kg.

Etiquetas:
22/06/2021

A Fundación Imdecum organiza un acto de homenaxe dedicado aos Heroes do Orzán. Coincidindo co que sería a apertura do Memorial Heroes do Orzán de Fútbol Sala Base 2021, o mércores, día 23, honrarase a memoria de Rodrigo Maseda, José Antonio Villamor e Javier López nun acto que terá lugar no monolito en recordo do policía burelao, no Cantiño, ás 16.00 horas.

Participarán xunto ao presidente da Fundación Imdecum, Marcelino Luna, e Isabel Lozano -nai do policía burelao-, representantes do Concello de Burela e da Policía de Viveiro.

O antedito acto dará continuidade a unha homenaxe sobre a pista de Vista Alegre, co amigable cadete entre dous equipos habituais na cita, o Pescados Rubén Burela FS e o EDM Concello de Guitiriz (18.30 horas).