Torneo

03/06/2026

A Fundación Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo da Mariña (Imdecum) anuncia que o torneo de fútbol sala base XIII Memorial Rodrigo Maseda Lozano será desde o 25 ata o 29 de xuño nos municipios de Viveiro, Xove, Cervo, Foz e Burela.

“Xa está aquí a edición 2026 dun dos torneos de fútbol sala base máis destacados da península. Con máis equipos, máis xogadores e xogadoras e máis familias que nunca”, destaca a Fundación Imdecum, que engade: “nenas e nenos de todas as categorías poderán desfrutar da paixón polo futsal durante 5 días nos 5 concellos participantes da nosa comarca: Viveiro, Xove, Cervo, Foz e Burela”.

Etiquetas:
03/06/2026

Os días 6 e 7 de xuño, sábado e domingo, disputarase o XXI Torneo de Fútbol Base Benxamín, Prebenxamín e Biberón, que organiza a SD Ribadeo.

No evento daranse cita 56 equipos procedentes na súa maioría de Asturias e de Galicia e tamén de Cantabria e Castela-León. Arredor de 800 xogadores, con idades comprendidas entre os 3 e os 9 anos, disputarán o torneo. 5 equipos xogarán na categoría biberón, 19 na prebenxamín e 32 na benxamín. O torneo desenvolveranse no estadio municipal Pepe Barrera, no Ceip Gregorio Sanz e no Campo da Vía.

Na presentación do XXI Torneo de Fútbol Base Benxamín, Prebenxamín e Biberón da SD Ribadeo participaron o alcalde, Dani Vega; o técnico municipal de Deportes, Iván López; a secretaria da SD Ribadeo, Mª José Tella; o coordenador de Fútbol 8 da SD Ribadeo, Aitor García; o deputado...

leer más
Etiquetas:
26/05/2026

Na cita competirán 24 equipos procedentes de Castela-León, Cantabria, Asturias e Galicia así coma un equipo chegado de Portugal e outro de Inglaterra. En total serán 430 xogadores, dos que moitos veñen acompañados polas súas familias. 

Segundo explican os organizadores “o torneo disputarase o sábado na modalidade de eliminatorio de fase de grupos e o domingo serán os enfrontamentos directos de oitavos, cuartos, semifinais e final”. O torneo xogarase nos campos 

O alcalde, Dani Vega, dixo que “un ano máis desde o Concello colaboramos coa SD Ribadeo na organización dos torneos de fútbol base que se van disputar ao longo das vindeiras catro fins de semana. Estamos encantados de facelo por todo o que supoñen tanto desde o ámbito deportivo como para os negocios de Ribadeo na antesala do verán así como desde o punto de...

leer más
10/05/2026

A trixésimo primeira edición do Torneo Concello de Xove de ximnasia rítmica disputarase o día 17 de maio, domingo, no Pavillón Municipal de Xove, en xornada de mañá e tarde.

Na presentación deste evento deportivo estiveron, Demetrio Salgueiro (alcalde de Xove); Cristina Iglesias (concelleira de Deportes); e as adestradoras do Club Rítmica Xove Leticia Quintas e Claudia Vázquez.

“Unha xornada de rítmica na que se xuntarán arredor de 700 ximnastas de diferentes niveis deportivos”, anuncia o Concello de Xove.

09/05/2026

O pavillón Vista Alegre, de Burela, convértese este domingo, día 10 de maio, no escenario do 8º Torneo Interescolas de Ximnasia Rítmica da Liga Norte.

O Concello de Burela anuncia que “ao redor de 400 nenas de Galicia e Asturias participarán nesta xornada deportiva que enche o noso concello de talento, ilusión e espírito de equipo”.

E o club de ximnasia rítmica Porta Norte explica que “a xornada de mañá dará comezo ás 9:30 horas e a da tarde as 15:30. Agardámoste no pavillón Vista Alegre para disfrutar dunha marabillosa xornada de ximnasia rítmica con participantes de todo o norte de Galicia e Asturias”.

Etiquetas:
26/03/2026

Os días 27, 28 e 29 de marzo celébrase en Foz a sexta edición do Torneo de Minibasket M&W, organizada conxuntamente co CB Celtas Foz e a ADC Drocer.

Este evento deportivo “convértese nunha cita de referencia na Mariña lucense na fin de semana previa ó inicio da Semana Santa”, destacan os organizadores, que tamén anuncian que “nesta edición participarán un total de 5 clubs diferentes con equipos en categorías minibasket masculino e feminino e preminibasket mixto, xuntando 15 equipos e un total de 220 participantes con idades comprendidas entre os 8 e os 11 años”.

Os partidos celebraranse no Pavillón Torques de Marzán e no Colexio Martínez Otero. A organización deste evento conta coa colaboración do Concello de Foz, a Xunta de Galicia e o Servizo de Deportes da Deputación Provincial de Lugo, así como do Colexio...

leer más
Etiquetas:
25/03/2026

Catorce clubs participarán en Ribadeo os días 4 e 5 de abril no Tournament de Mini Basket, que reunirá a 200 xogadores e xogadoras. O evento está organizado polo Concello de Ribadeo, CB Ría de Ribadeo e Xunta de Galicia. O patrocinador principal é The Basket Dream.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “nesta cita co Mini Basket participarán equipos da Mariña, outros chegados desde Pontevedra e tamén da veciña Asturias. Serán dous días de torneos femininos e masculinos cun total de 200 xogadores e xogadoras nas canchas dos pavillóns de Alfredo Deaño e da Avenida de Luarca e nas instalacións do Ceip Gregorio Sanz”.

O edil ribadense subliñou que “estas nenas e nenos que veñen de fora pasarán aquí a fin de semana, moitos deles, acompañados das súas familias, que aproveitarán para coñecer e...

leer más
05/03/2026

O pavillón municipal de deportes acollerá este sábado, 7 de marzo, o XVIII Torneo de Ximnasia Rítmica Concello de Ribadeo, que reunirá a 700 participantes. O evento está organizado polo club local Escola Porta Norte e polo Concello, e conta coa colaboración de Acisa, Gadis, Deporte Galego, Xunta de Galicia, Deputación de Lugo e Construcciones Metálicas Cotarelo. 

Nelly Bouso, directora técnica da Escola Porta Norte, comentou que “na cita contaremos coa participación de 700 ximnastas, todas procedentes da provincia de Lugo, así como un club convidado que ven de Pontevedra. A competición pola mañá dará comezo ás 10 e pola tarde ás 16:30 horas”. 

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent subliñou que “vai ser un sábado moi importante para Ribadeo no ámbito deportivo e para a súa dinamización hostaleira e...

leer más
18/09/2025

Na presentación do II Torneo de Fútbol 8 Concello do Valadouro participaron Manuel Otero Méndez (xefe de Servizo Deportes da Xunta de Galicia en Lugo); o alcalde, José Manuel Lamela Piñeiro; a concelleira de Deportes, Ana Rubal Balseiro; e a directiva do club local do val ACD Río Ouro. Este torneo desenvólvese esta fin de semana, sábado 20 e domingo 21 de setembro, nas instalacións do Campo do Árbol, de Ferreira do Valadouro.

O Concello do Valadouro anuncia que “esta competición de fútbol base espera seguir sendo un referente na bisbarra e en Galicia contando con 42 equipos de 3 categorías distintas, en total máis de 400 nenos e nenas de equipos de Galicia e Asturias”.

Etiquetas:
09/09/2025

O Club Deportivo San Ciprián e o Concello de Cervo organizan o VI Torneo de Pádel Cervo que terá lugar nas pistas municipais do complexo deportivo da Veiga entre o 23 e o 28 de setembro, ambos incluídos.

A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o edil de Deportes, David Rodríguez, e por Fran García e Susana Moreno, en representación do Club Deportivo.

As persoas interesadas poden inscribirse ata o 21 de setembro a través da plataforma  www.mistorneosonline.es ou do teléfono 639054015.

Os xogadores poderán competir nas categorías masculina, iniciación masculina, feminina e mixta; ata un máximo de 16 parellas por categoría. O prezo establecido para inscribirse será de 20 euros nunha categoría e de 28 euros en...

leer más