Ecolóxica
O vicepresidente da Deputación e deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, o presidente de CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia), Francisco López Valladares, xunto con membros da Corporación, inauguraron este xoves a feira de produtos ecolóxicos que se celebra, dende hoxe e ata este sábado, 1 de setembro, nos xardíns de Noriega Varela. Baixo o nome de Ágora Verde, serve para dar a coñecer estes alimentos na comarca, e os stands participantes estarán abertos dende ás 11 ata ás 22 horas.
O Goberno da Deputación é o principal impulsor desta iniciativa, que acada a súa terceira edición, cunha achega de 25.000 euros. Durante os días de feira haberá xogos, obradoiros infantís, concursos e demostracións de cociña, entre outras actividades.
O Vicepresidente da Deputación e Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo; a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López; o Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca; o Concelleiro do Mar de Viveiro, Jesús Fernández Fernández; e o Presidente de CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia), Francisco López Valladares, presentaron este martesno Pazo de San Marcos tres novas feiras de produtos ecolóxicos que se celebrarán nestes concellos ao longo dos meses de agosto e setembro baixo o nome de Ágora Verde,para dar a coñecer estes alimentos na provincia de Lugo.
O Goberno da Deputación é o principal impulsor desta iniciativa, que chega a súa terceira edición, cunha achega de 25.000 euros.En Monforte de Lemos terá lugar os días 23, 24 e 25 de agosto, en Viveiro os días 30,31 e 1 de setembro e, finalmente, en Lugo os...
leer másA asociación Nordés Faladora continúa coa segunda parte dun ciclo sobre ecoloxía, alternativas e cooperativismo iniciado en marzo coas Xornadas Forestais, e que agora segue coas Xornadas sobre Agricultura Ecolóxica que celebra este sábado, 4 de novembro.
Estas charlas informativas, abertas ao público en xeral, teñen como fin poñer en contacto proxectos e persoas con inquietudes semellantes, tendo como base en todo momento o desenvolvemento económico da zona a través de alternativas sostibles. Nordés quere proporcionar diferentes opcións que teñan en consideración o valor da nosa terra e da poboación que quere coidala e ademais vivir dela, ben a tempo completo ou como complemento.
Nestas xornadas estará presente Economato Macabeo, un grupo de tendas da Comunidade de Madrid que ofrece todo tipo de produtos...
leer más