escolas deportivas
O Concello de Barreiros abriu este mércores, 18 de setembro, o prazo para matricularse nas actividades deportivas ofertadas desde as Escolas Deportivas Municipais (EDM) de persoas adultas (maiores de 16 anos) para a tempada 2024-2025. O período de inscrición estará aberto ata o 25 de setembro e as actividades comezarán o 30 deste mes.
Haberá estas actividades: espalda saudable, ximnasia de mantemento, ioga suave e intenso, zumba, pilates e baile.
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición no rexistro municipal do Concello de Barreiros. No caso de que o número de inscricións supere ao de prazas dispoñibles, terán preferencia as persoas empadroadas en Barreiros.
No vindeiro mes de outubro comezará un novo curso, o da tempada 2024/2025, das Escolas Deportivas Municipais de Foz, que son para nenos e nenas nados/as entre os anos 2008 e 2020. Anúnciao a Delegación de Xuventude e Deportes do Concello de Foz.
Contarán con: patinaxe, ximnasia rítmica, kickboxing, teatro, tenis, coreodance kids, cerámica e multideporte.
O Concello de Cervo anuncia que as súas escolas deportivas infantís e de adultos regresan no mes de outubro “cunha ampla oferta para todas as franxas de idade. Xa podedes facer a vosa inscrición na Casa do Concello ou na Casa da Cultura”.
Nas infantís ofrecen ximnasia rítmica, patinaxe, multideporte, balonmán e voleibol e nas de adultos haberá fit-dance, pilates, ximnasia de mantemento e ioga.
O Concello de Barreiros organiza dúas excursións para poñer o broche final á tempada 2023-2024 das escolas deportivas municipais que “contaron con moi boa participación e nas que xa se está a traballar elaborando a programación da vindeira tempada”. Haberá unha viaxe para crianzas o 3 de xullo e outra para adultos o 5 de xullo.
En canto á excursión para crianzas, o mércores 3 de xullo ao Parque Acuático de Cerceda, “as nenas e nenos pasarán unha xornada divertida gozando das diferentes piscinas e tobogáns cos que conta o recinto”, anuncia o Concello.
A excursión para adultas/os será o venres 5 de xullo cun roteiro de sendeirismo pola ruta do ferrocarril (San Tirso de Abres - A Pontenova). Un percorrido de aproximadamente 14 quilómetros que inclúe desprazamentos desde a Praza do Concello e xantar no Hotel San Briz...
leer más