Outubro

Etiquetas:
01/10/2024

A concelleira da Aula Universitaria da UNED de Foz, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez, veñen de presentar a programación formativa para o mes de outubro, inaugurando así o calendario académico da Aula. Deron conta de catro novas actividades, para as que está aberta a inscrición, e que son cursos de psicoloxía, de francés básico e de primeiros auxilios pediátricos e unha xornada de limpeza con voluntarios na praia da Rapadoira.

Para comezar propoñen participar nun curso de psicoloxía, Querida esixencia: de neno bo a adulto perfecto, impartido por Alba Burundarena. Muiña apunta que “é unha psicóloga focense que conta cunha ampla experiencia na docencia de cursos deste ámbito nesta Aula e sempre deseña formacións moi demandadas e exitosas”. Será unha formación unicamente online e levarase...

leer más
Etiquetas:
01/10/2024

Será ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. 

“Cinco minutos sen respirar” retrata os anhelos, o medo e a escuridade que pode albergar unha persoa a través de dous personaxes: Margarita, unha (ex) empregada de banca, e Víctor, supervisor nun supermercado. A montaxe é unha proposta baseada no traballo de interpretación e cunha dirección escénica que incide nos delirios e nas dualidades propias do mundo de hoxe.

“Cinco minutos sen respirar”, fala da vida, dos abusos bancarios, do amor, da explotación laboral, do suicidio, da familia, da violencia... e de tantas outras cousas, que non da tempo a resumilas en cinco minutos. A poesía é a única proba concreta da existencia do home.

Entradas á venda na billeteira do teatro unha hora antes da función. 

 

18/09/2024

O Concello de Lourenzá presentou o cartel anunciador e a pregoeira da XXXII Festa da Faba, que se celebrará desde o venres 4 ata o domingo 6 de outubro.

O cartel desta edición é obra do artista de O Valadouro Xosé Blanco, que  estudou na Escola de Artes Aplicadas Pablo Picasso de A Coruña. Participou nas Experiencias de Tecnoloxía e Escola Libre de Sargadelos, onde tamén formou parte do Gabinete de Deseño. Participou ademais en numerosas exposicións con traballos de debuxo, pintura, gravado, cartelismo, ilustracións, etcétera. No cartel que deseñou para esta festa gastronómica, ademais de representar as fabas e as fabeiras, tamén fai un guiño a tradición laurentina, cunha imaxe do Rei Charlo portando unha ramiña de fabas.

Neste acto, no que estiveron presentes a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; o concelleiro de...

leer más
16/09/2024

No vindeiro mes de outubro comezará un novo curso, o da tempada 2024/2025, das Escolas Deportivas Municipais de Foz, que son para nenos e nenas nados/as entre os anos 2008 e 2020. Anúnciao a Delegación de Xuventude e Deportes do Concello de Foz.

Contarán con: patinaxe, ximnasia rítmica, kickboxing, teatro, tenis, coreodance kids, cerámica e multideporte.

 

05/09/2024

O Concello de Cervo anuncia que as súas escolas deportivas infantís e de adultos regresan no mes de outubro “cunha ampla oferta para todas as franxas de idade. Xa podedes facer a vosa inscrición na Casa do Concello ou na Casa da Cultura”.

Nas infantís ofrecen ximnasia rítmica, patinaxe, multideporte, balonmán e voleibol e nas de adultos haberá fit-dance, pilates, ximnasia de mantemento e ioga.

Etiquetas:
25/10/2023

Burela acollerá o vindeiro martes, 31 de outubro, unha Noite das Ánimas para celebrar o Samaín, organizada pola ACM Arume.

O evento terá lugar na praza de Abastos de Burela a partir das 17:00. Haberá actividades para todos os públicas, e dende a organización animan á veciñanza a acudir ás mesmas cos disfraces temáticos propios da ocasión.

Haberá un obradoiro para preparar cabazas, para o cal será necesario que cada participante traia a súa de casa. Estas cabazas serán empregadas no posterior “Desfile das Ánimas”.

Tamén haberá contacontos, chocolatada, e o “Canto da Sinistra Compaña”. Todas as actividades son de balde, debendo estar a cativada menor de 6 anos acompañada sempredunhapersoa adulta.

O Concello colabora un ano máisna realización desta actividade...

leer más
Etiquetas:
12/10/2023

A mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional propón ademais das funcións un amplo programa de actividades de convivencia e sensibilización

O Concello de Viveiro celebra entre os días 16 e 22 de outubro a 5º edición de Superarte, a mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional. 

“Superarte é xa un sinal de identidade do noso goberno local, un piar desde o que construír paso a paso un Viveiro máis inclusivo; o certame cumpre a súa quinta edición como un referente na visibilidade das persoas con diversidade funcional”, sinala a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro. 

A mostra adícase este ano ao dano cerebral adquirido e conta como en cada edición coa colaboración dunha asociación. Para este ano, o Concello de Viveiro implicou á Asociación de Pais de Persoas...

leer más
Etiquetas:
10/10/2023

Éxito da nova edición de A Mariña en Ruta, que daba comezo o pasado sábado. Este proxecto está promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. Ata finais de novembro están programadas 16 actividades, unha por cada concello que conforma o xeodestino e onde a artesanía da comarca ten un papel destacado. 

Xa están esgotadas as prazas para as actividades que se desenvolverán os días 12 e 14 de outubro. O vindeiro xoves día 12 Sofía López guiará un percorrido por San Miguel de Reinante: comercio, indianos e fidalgos (Barreiros). E o sábado 14 de outubro con Boris Vilar e o artesán ferreiro JOMACA (José Mario Cabo) os asistentes coñecerán de preto Riotorto, a terra dos ferreiros. Xa o sábado, día 15, Carmen Delia Díaz (La Guiateca) e o artesán Daniel Caxigueiro achegarán aos participantes...

leer más
Etiquetas:
04/10/2023

O mago Paco presentará o seu espectáculo Hocus Pocus no salón de actos da Casa da Cultura do Valaduro este sábado, 7 de outubro, ás 20:00 horas con entrada de balde.

É un espectáculo de maxia cómica incluído no programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

O Concello do Valadouro anuncia que “Hocus Pocus é un espectáculo versátil, aberto e adaptado a calquera espazo de representación. Está guiado por unha peculiar personaxe, O mago Paco, que fai de cada xogo un momento diferente, no que @s nen@s son os verdadeiros protagonistas, creando así un espectáculo propio dunha mente infantil: aloucado, ruidoso, dinámico e cheo de sorpresas”.

Etiquetas:
04/10/2023

A compañía OnBeat presenta este domingo, 8 de outubro, en Burela o espectáculo “Os 2000 - O Musical. Eu Quero Bailar”, un gran show onde se poderá gozar coas cancións e temas que nos fixeron bailar no novo milenio. 

O musical inclúe temas de artistas e formacións como El Canto del Loco, La Oreja de Van Gogh, Shakira, Beyonce, Mónica Naranjo, as e os artistas de Operación Triunfo, Carlos Baute, Fito y los Fitipaldis, etc..

A cita será este domingo, día, 8 ás sete da tarde no Auditorio Municipal de Burela.