Aula UNED
A Aula Universitaria da UNED de Foz pechará o seu curso académico cunha actividade aberta á comunidade educativa e ao público en xeral: unha ruta interpretativa sobre as plantas silvestres da primavera. Terá lugar o día 15 de maio, xoves, ás 17:00 horas con saída da Igrexa de San Acisclo, e será guiada por Pedro Rolle, natural do Valadouro e experto en biodiversidade, quen tamén é o autor do caderno presentado na Casa da Cultura recentemente Flores de primavera do Valadouro, que servirá de guía neste roteiro, ademais de estar enmarcado na liña formativa que Rolle vén de impartir tamén nas aulas da UNED de Foz, sobre plantas medicinais.
“A ruta, de baixa dificultade e cunha distancia aproximada de 2 quilómetros, está deseñada para ofrecer unha experiencia educativa na natureza. Durante o percorrido os participantes terán a...
leer másA Aula Universitaria da UNED en Foz dá a coñecer a súa programación de actividades para o mes de abril, que inclúe catro cursos de extensión universitaria e dous eventos culturais abertos á comunidade. A oferta formativa busca responder ás necesidades sociais e educativas da contorna, con temáticas que van dende os primeiros auxilios ata a literatura e a sustentabilidade.
A coordinadora da Aula Universitaria da UNED en Foz, Marta Muiña, explica que “os cursos de extensión universitaria están deseñados para ofrecer formación especializada e aplicada en áreas de gran demanda. O noso obxectivo é achegar o coñecemento á cidadanía e proporcionar ferramentas útiles tanto para o ámbito profesional como para o desenvolvemento persoal”.
O primeiro curso que se impartirá será Primeiros auxilios e coñecemento do DEA en...
leer másA Aula Universitaria da UNED en Foz lanza a súa programación de actividades para o mes de marzo, cunha variada oferta formativa que abrangue desde a ilustración ata a sustentabilidade, pasando polo estudo da Constitución, o benestar persoal e a presentación dun caderno sobre a flora local.
A primeira actividade será o curso de iniciación á ilustración, que comezará o 6 de marzo e impartirase os xoves de 16:30 a 19:00 horas, mentres que o curso de introdución á sustentabilidade e á economía circular dará inicio o mesmo día e desenvolverase tamén os xoves, de 17:00 a 19:30 horas. “A oferta formativa da UNED de Foz abrangue un amplo abano de temáticas e públicos, desde persoas cunha especialización concreta ata aquelas que simplemente queren explorar novos coñecementos sen ningún límite de idade. Animamos á cidadanía a non poñer barreiras á...
leer másA Aula Universitaria da UNED de Foz anuncia a súa variada programación de cursos para o mes de febreiro, con actividades orientadas a promover a aprendizaxe e o desenvolvemento persoal e profesional. A oferta inclúe seis propostas formativas que buscan responder ás necesidades da comunidade e fomentar a participación activa na educación continua.
A coordinadora da Aula, Marta Muiña, destaca: “o noso obxectivo é achegar propostas formativas de calidade que aborden tanto o desenvolvemento académico como o persoal. Cada unha destas actividades foi deseñada pensando na súa aplicabilidade e no impacto positivo que poden xerar na vida dos participantes”.
Pola súa banda, Elena Martínez, concelleira de Educación e responsable da Aula Universitaria, subliña a importancia destas iniciativas: “nun entorno en constante cambio...
leer másA Aula Universitaria da UNED de Foz comeza o ano 2024 con dúas actividades destacadas que combinan ciencia e cultura, dirixidas tanto ao público xeral como á comunidade educativa. A programación para xaneiro inclúe unha charla médica sobre neuropsiquiatría e un encontro informal para practicar inglés.
A coordinadora da Aula Universitaria da UNED de Foz, Marta Muíña, destaca a importancia destas actividades para achegar o coñecemento á cidadanía: “queremos ofrecer á nosa comunidade propostas que sexan útiles, enriquecedoras e accesibles. Con estas iniciativas, buscamos fomentar tanto o coñecemento científico como o intercambio cultural, sempre dentro dun ambiente participativo.”
A primeira cita terá lugar o día 14 de xaneiro e trátase dun Café Conversa en inglés, unha actividade dirixida a persoas cun nivel...
leer másA Aula Universitaria da UNED de Foz programa para este vindeiro mes de decembro un curso de alimentación, un obradoiro de plantas medicinais, a presentación dun libro de poemas e unha actividade infantil de Nadal.
A concelleira da Aula Universitaria da UNED de Foz, Elena Martínez, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña, anuncian “unha variada oferta formativa e cultural para o mes de decembro, con actividades dirixidas a diferentes públicos e deseñadas para fomentar a aprendizaxe, a saúde e a diversión no peche do trimestre académico”.
Dentro da súa programación destaca o curso de extensión universitaria Alimentación fácil e saudable: tips e receitas para o día a día, impartido por Saray Río, nutricionista veciña de Foz e profesional con ampla experiencia no ámbito da saúde e a formación. “Esta...
leer másA concelleira da Aula Universitaria da UNED de Foz, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez, veñen de presentar a programación formativa para o mes de outubro, inaugurando así o calendario académico da Aula. Deron conta de catro novas actividades, para as que está aberta a inscrición, e que son cursos de psicoloxía, de francés básico e de primeiros auxilios pediátricos e unha xornada de limpeza con voluntarios na praia da Rapadoira.
Para comezar propoñen participar nun curso de psicoloxía, Querida esixencia: de neno bo a adulto perfecto, impartido por Alba Burundarena. Muiña apunta que “é unha psicóloga focense que conta cunha ampla experiencia na docencia de cursos deste ámbito nesta Aula e sempre deseña formacións moi demandadas e exitosas”. Será unha formación unicamente online e levarase...
leer más