Actividades
O programa Verán na Praza, impulsado polo Concello de Lourenzá, continúa o vindeiro mércores, 22 de xullo, con dúas actividades “pensadas para desfrutar do verán en familia e seguir dinamizando a vida social e cultural da vila”. Son paseos a cabalo e unha ruta nocturna a pé.
A primeira cita será ás 19:00 horas na Praza do Conde Santo, coa actividade infantil A cabalo en Lourenzá, organizada pola Asociación Cabaleiros de Lourenzá. “Durante dúas horas os nenos e nenas poderán gozar de paseos a cabalo e participar en diferentes actividades relacionadas co mundo ecuestre, nunha proposta lúdica e educativa que lles permitirá achegarse aos cabalos dunha forma divertida e segura. A actividade está pensada para o público infantil e as súas familias e é de carácter gratuíto”, explica a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, que...
leer másO Concello de Burela, no marco da Estratexia de Saúde, pon en marcha unha nova programación de actividades de verán gratuítas na Casa da Xuventude, que se desenvolverá entre o 13 de xullo e o 27 de agosto.
A programación distribuirase ao longo da semana con diferentes actividades. Os luns estarán dedicados aos xogos populares e tradicionais, “unha proposta que, ademais de recuperar xogos tradicionais, pretende servir como representación das diferentes culturas presentes na vila”.
Os martes será a quenda da Robótica, “unha actividade que combina ocio con aprendizaxe sobre tecnoloxía. Os mércores terá lugar Fútbol na Rúa, que contará cunha estrutura circular instalada no exterior da Casa da Xuventude para que a mocidade poida gozar desta actividade ao aire libre”.
A programación continuará...
leer másA Deputación de Lugo abriu o prazo para que todas as persoas interesadas poidan inscribirse na nova programación de actividades gratuítas e de lecer que organiza a institución provincial para este terceiro trimestre do ano. O calendario inclúe 12 propostas que tratan de fomentar o lecer saudable e a educación ambiental nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, xestionadas pola propia Deputación. A programación estenderase dende o 16 de agosto ata o 3 de outubro e inclúe un total de 190 prazas para toda a veciñanza.
As actividades na Reserva Terras do Miño iniciaranse a semana do 31 de agosto ao 4 de setembro co obradoiro Rematando o verán, en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 15 prazas e está dirixido a nenos e nenas.
A...
leer másO Concello de Lourenzá organiza o programa de actividades de dinamización infantil Tempo de lecer. Está destinado a nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2022. E desenvolverase desde o día 22 de xuño ata o 4 de setembro de 9:00 a 14:00 horas, aínda que tamén haberá servizo madrugadores, de 8:00 a 9:00 horas.
O Concello de Lourenzá explica que este programa inclúe “obradoiros, xogos cooperativos, xincanas, saídas, actividades interxeracionais e moita diversión para desfrutar das vacacións facendo amizades e aprendendo”.
As bases para solicitar praza e os formularios están dispoñibles no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Lourenzá.
O Concello de Burela celebrará o Día das Letras Galegas cunha programación cultural que inclúe literatura, tradición, música, maxia, teatro e actividades “participativas para todos os públicos, co obxectivo de poñer en valor a lingua galega e achegar a cultura á veciñanza dun xeito atractivo e diverso”. Desenvolverase ata o día 19 de maio.
Tamén anuncia que “unha das iniciativas destacadas será a intervención artística nalgúns pasos de peóns da vila, na que a Aula Medioambiental Gaia, persoal municipal da área de Obras e diferentes colectivos locais, coa colaboración da Biblioteca Pública Municipal, pintarán versos de autoras e autores homenaxeados ao longo da historia do Día das Letras Galegas. Segundo explicou a concelleira de Cultura, Lina Gómez, “esta acción é unha maneira moi bonita de facer visible a nosa literatura no día a día....
leer másA Delegación de Cultura do Concello de Foz programa varios actos esta semana para celebrar o Día das Letras Galegas.
“Este domingo 17 celebraremos as nosas letras. É un día moi especial no que berramos orgullosos na nosa lingua. O seu uso no noso día a día faraa máis forte”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto, que engade: “a homenaxeada deste ano é Begoña Caamaño, unha escritora que por desgraza nos deixou moi nova, pero cunha obra moi bonita. E queremos mostrala con varios eventos para todos os públicos. O mércores 13 ás 18.30h no salón de actos da Casa da Cultura de Foz chegará a obra A gran viaxe das letras galegas, da compañía A Xanela do Maxín, un espectáculo que nos convida a embarcar nunha travesía única, onde as palabras non son só sons, senón que se converten en pontes entre pasados distantes e presentes...
leer másEste venres, día 8 de maio, Lourenzá recibirá a visita da Garda Real cunha xornada de actividades abertas á veciñanza.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos.
O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
A Compañía Mar Océano, da Garda Real, chega a Foz este mércores, día 6 de maio, nos exercicios institucionais que está realizando pola provincia de Lugo. Durante eses tres días realizarán diversas actividades para achegar o seu traballo á cidadanía.
Na Praza Conde de Fontao instalarase unha exposición de material e armamento militar. Estará o mércores en horario de mañá (de 10.30 a 13.30 horas) e o xoves e venres en horario de tarde (de 17.30 a 20.30 horas). O mesmo mércores na mesma situación haberá unha pista de obstáculos infantil, para que podan desfrutar os máis pequenos. Ás 20.00 horas a actividade trasladade ao Paseo de Colón (praia da Rapadoira) para a exhibición de movementos floreados e o arriado de bandeiras.
O xoves 7 de maio a Compañía e todos aqueles que desexen acompañalos realizará unha marcha...
leer másViveiro será escenario esta semana, concretamente o mércores día 6 e o xoves 7, de varias actividades da Garda Real, no marco da súa presenza na provincia de Lugo.
O programa “está pensado para achegar á cidadanía o traballo e as capacidades da unidade a través de propostas abertas ao público”, explica o Concello de Viveiro, que anuncia: “entre as actividades previstas figuran as visitas a centros educativos, que terán lugar o mércores 6 e o xoves 7 pola mañá. Con elas búscase achegar o labor da Garda Real aos alumnos e ofrecerlles unha oportunidade de coñecer máis de preto o traballo que desenvolven as súas unidades. A programación continuará o mércores 6 de maio ás 18.00 horas cunha xornada de adestramento canino na Praza Maior. As persoas que así o desexen poderán acudir cos seus cans para recibir orientación por parte dos efectivos da...
leer másA Guardia Real será a encargada de izar as bandeiras no espazo habilitado a carón da Casa do Concello de Ribadeo. O acto terá lugar o vindeiro xoves, 7 de maio, pola tarde.
O alcalde, Dani Vega, anunciou que “dentro da programación de actos que está tendo a Guardia Real na provincia de Lugo, tamén se trasladan a Ribadeo. O primeiro que quero é mostrar o meu agradecemento á Casa Real e á Guardia Real por trasladar estas actividades, estes actos solemnes aos distintos municipios e que todos poidamos observar actos que non estamos acostumados a ver”. O rexedor cre que esta actividade “acerca a Guardia Real á poboación e podemos observar actos que son tamén de importancia. Nosoutros temos que mostrar o agradecemento profundo aos mandos militares da Guardia Real pola excelente coordinación e colaboración con este Concello para desenvolver este...
leer más












