SD Burela

17/11/2025

O club Sociedade Deportiva Burela celebrará unha cea baile este sábado, día 22 de novembro, no Hotel Nordés. A música correrá a cargo de DJ Balbi.

“Unha noite especial para celebrar gran familia verde que somos”, anuncia a SD Burela.

A data límite para anotarse é este luns, 17 de novembro.

 

27/08/2025

O club de fútbol SD Burela presenta o primeiro equipo para esta tempada 2025-26 cun partido fronte ao Ribadeo FC e pancetada. Será este venres ás 20:00 horas no campo da Marosa, con entrada gratuíta.

Ademais haberá pancetada, a partir das 20:45 horas, a 5 euros cada ración e sortearase un xamón e un abono da SD Burela para esta tempada.