Rinlo

Etiquetas:
23/07/2024

A Festa do Percebe de Rinlo, que terá lugar o 3 de agosto,  contará por segundo ano cun servizo de transporte gratuíto desde Ribadeo. Sairá desde a estación de autobuses ribadense entre as 11 e as 15 horas e fará viaxes de volta desde Rinlo entre as oito da tarde e as doce da noite. 

O alcalde, Dani Vega, contou que “hoxe presentamos a festa do percebe, un ano máis Rinlo vai acoller a gran celebración do percebe, da degustación, da festa e de enxalzar un produto de proximidade, un produto do que detrás hai un sacrificio, hai unha entrega de moitas percebeiras e percebeiros que se dedican e apostan por este medio de vida, pero tamén, sendo conscientes todos, que hai un sacrificio, hai un esforzo e hai unha entrega”.

O rexedor manifestou: “estamos moi satisfeitos dende o Concello porque o relevo xeracional existe,...

leer más
Etiquetas:
24/06/2024

A parroquia ribadense de Rinlo celebrará as festas na honra a San Pedro este venres, 28 de xuño, e o sábado 29.

As actividades empezarán o venres ás 21:00 horas cunha cea popular e a continuación haberá verbena coa orquestra Salsarena.

E o sábado celebrarase misa solemne ás 12:30 horas e despois haberá procesión e sesión vermú, coa orquestra Salsarena, que tamén actuará na verbena xunto co dúo Epo-K.

Etiquetas:
16/05/2024

Guía tu Día organiza unhas visitas especiais que terán lugar o 17 e o 19 de maio. 

A primeira delas e coincidindo co venres festivo, será en Mondoñedo o 17. Consistirá nun roteiro guiado polas rúas desta antiga capital de provincia ateigadas de historia, tradicións, lendas e persoeiros ilustres, como Álvaro Cunqueiro ou Leiras Pulpeiro. 

O domingo 19 será polo pobo mariñeiro de Rinlo, en Ribadeo. Un paseo guiado polo litoral destacando o bo aproveitamento das bondades da súa costa a través das emblemáticas cetarias. 

Ambas rutas darán comezo ás 11 da mañá e terán unha duración de entre 2 e 3 horas. Están pensadas para tódolos públicos, incluíndo as mascotas. 

Para máis información e reservas as persoas interesadas poden contactar no 654 99 68 57 ou a través das...

leer más
Etiquetas:
26/03/2024

O 29 de marzo terá lugar en Rinlo a primeira degustación de mexillón, que organiza a asociación de veciños O Cantal coa colaboración do Concello de Ribadeo. Será na praza de San Pedro a partir das 12:30 horas. Haberá carpa, música, bar e 300 quilos de mexillóns para degustar. 

O alcalde, Dani Vega, dixo que “Rinlo prepárase para celebrar a primeira degustación do mexillón, unha nova festa que queremos potenciar dende o Concello. E agradecémoslle á asociación de veciños O Cantal todo o seu traballo, a súa proposta e a ilusión que está trasladando para impulsar iniciativas en beneficio de Rinlo e de todos”.

Para o rexedor “apostar por degustacións de produtos do mar é algo moi importante. Estamos apoiando a todo un sector e tamén impulsando e publicitando os produtos do mar. Polo tanto hai que agradecerlles o...

leer más
Etiquetas:
04/03/2024

A parroquia ribadense de Rinlo celebrará unha festa gastronómica dedicada ao mexillón o 29 de marzo, día de Venres Santo.

O evento, organizado pola asociación de veciños O Cantal na praza de San Pedro, empezará ás 12:30 horas e contará coas actuacións do DJ Alejandro Martínez e do cuarteto tradicional Illa Pancha. 

A asociación de veciños O Cantal anuncia: “o reloxo Canseco está en conta regresiva para a gran festa gastronómica de exaltación do mexillón que imos a celebrar no noso fermoso pobo mariñeiro de Rinlo o día 29 de marzo (Venres Santo) a partir das 12:30 horas na nosa praza de San Pedro”.

 

Etiquetas:
16/01/2024

A Escola Vella de Rinlo (Ribadeo) acollerá un obradoiro sobre a historia do tango este domingo, 21 de xaneiro, a partir das 18:00 horas. Correrá a cargo do bandoneonista Damián Foretic e está organizado pola asociación cultural A Tribu da Travesía coa colaboración do Concello de Ribadeo.

Os promotores desta actividade explican que “este obradoiro ofrece unha presentación das pauta básicas para escoitar, comprender e disfrutar o tango arxentino. Dirixido a músicos, estudantes de música, persoas afeccionadas e calquera que teña interese neste xénero. Durante este obradoiro, mediante audio exemplos, iremos destilando e diferenciando a sonoridade de cada orquestra e tamén os aspectos formais que compartían, para así lograr unha idea máis acabada dos compoñentes que conforman un tango tradicional. Durante todo o seu desenvolvemento, o tango...

leer más
Etiquetas:
31/07/2023

A Festa do Percebe, que se celebra este sábado en Rinlo, contará con servizo de transporte público e gratuíto. O Percebús sairá da estación de autobuses de Ribadeo desde as 11 da mañá. Esta é a principal novidade desta edición, segundo deron a coñecer o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Turismo, Marta Saiz. Pero hai máis, xa que as actividades dan comezo xa o venres.

O rexedor declarou: “xa chegou a Festa do Percebe, algo que estábamos esperando todos os ribadenses e todos os visitantes. Acuiar a Rinlo sempre é unha marabilla, esa vila mariñeira por excelencia e tamén turística que dende o Concello de Ribadeo queremos mellorar e seguir impulsando para atraer a máis visitantes ao noso Rinlo, ao noso de Ribadeo. Dende logo, entre todos seguro que imos poder”. 

Dani Vega tivo palabras de agradecemento: “en...

leer más
Etiquetas:
13/06/2023

A V Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo, que terá lugar o 19 de agosto, foi presentada esta mañá no salón de plenos do Concello. 

Na quenda de intervencións o xefe de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero, declarou: “quero aproveitar para darlle a benvida a todos eses deportistas deses clubs que nos van acompañar. Moitas grazas a todos os patrocinadores e colaboradores, en especial ao Concello de Ribadeo, e, por suposto, ao organizador, o Club Atletismo Ribadeo, que xa é todo un referente non só no ámbito provincial senón tamén no autonómico, tanto no apartado deportivo como no de organización. É rara a semana que non lles mande uns parabéns, o que é bo sinal”.

Otero animou aos asistentes a gozar da riqueza cultural e gastronómica de Ribadeo: “a todos os que nos acompañen a disfrutar do atletismo e da carreira e a...

leer más
Etiquetas:
13/11/2022

A Coral Polifónica de Ribadeo actuará o 20 de novembro na igrexa parroquial de San Pedro de Rinlo. Será ás 12:00 do mediodía para celebrar o día de Santa Cecilia. 

Etiquetas:
08/08/2022

El Laberinto de Rinlo, en el municipio de Ribadeo, acogerá el día 13 de agosto, sábado, un espectacular evento de ocio alternativo, denominado Cazadores de Demonios, que es una mezcla de real game y rol en vivo, en el cual los jugadores interpretan un papel, investigan y resuelven enigmas. Así lo explica la empresa organizadora, World Real Games, que promueve este tipo de eventos por toda España desde hace nueve años y esta es la primera vez que lo hace en Galicia.

Los responsables de World Real Games indican que “Cazadores de Demonios es un nuevo tipo de evento de ocio nocturno donde los participantes son parte de una historia terrorífica y tienen que luchar por su supervivencia huyendo de enemigos, siendo sigilosos o resolviendo enigmas. Durante seis horas los participantes deberán ir completando objetivos que los actores de la...

leer más