Rinlo
16/07/2015
O vindeiro 1 de agosto celebrarase a XII Festa do Percebe, en Rinlo. No evento, que foi presentado mañá, poranse á venda arredor de 700 quilos de percebe, que se venderán a 13 euros a ración (de 250 gramos). O Concello coorganiza a festa xunto coa confraría de pescadores. O alcalde, Fernando Suárez, agarda que sexa un éxito.
O rexedor dixo que “por décimo segunda vez estamos aquí nesta iniciativa inventada hai algún tempo, igual que o Ribadeo Indiano e que outras tantas cousas, pero aquelas que se crean e que funcionan ben hai que seguir traballando nelas. Se cadra ao principio o Concello dirixiu a Festa do Percebe durante aqueles primeiros anos, pero xa desde bastante tempo atrás estámola coorganizando coa confraría de pescadores de Ribadeo, concretamente coa sección de...
leer más 09/07/2015
O Concello de Ribadeo presentou esta mañá dous itinerarios de rutas xeolóxicas ao longo da praia das Catedrais e da costa de Rinlo, coas que quere mellorar os coñecementos dos visitantes sobre a orixe e as peculiaridades xeomorfolóxicas do seu litoral. O proxecto, listo para os visitantes a partir do día 15 de xullo, consiste en dous roteiros gratuítos a cargo de tres guías formados expresamente para esta tarefa dende o pasado inverno. Os interesados en participar na iniciativa poderán apuntarse tanto a pé de praia e en Rinlo uns minutos antes de comezar a ruta, así como na oficina de turismo da vila e no punto de información turística das Catedrais. Ademais, tamén se poderá facer a inscrición na páxina web do Concello. Os grupos serán dun máximo de 15 persoas. O Concello agarda xuntar 510 persoas á semana na...
leer más




