Asociación
A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense participou este xoves, 23 de abril, na presentación oficial da Asociación Profesional de Obradoiros Artesáns da Mariña, unha entidade que nace para impulsar a cooperación e fortalecemento do sector artesán da Mariña, promovendo a súa viabilidade económica, a formación e a innovación. A profesionalización do sector, a través desta asociación, contribuirá a impulsar a promoción e comercialización da artesanía desde o respecto pola tradición e a autenticidade, baixo principios de vinculación co territorio, sostibilidade, ética profesional e contribución ao turismo cultural do xeodestino.
“Esta presentación oficial simboliza a culminación dun proceso que botou a andar no ano 2011 coa creación dun rexistro de artesáns e artesás que tiña como obxectivo situar a este sector como un atractivo...
leer másEste xoves, día 19 de marzo, ás 12:00 horas no Pazo Santo Tomé, de Mondoñedo, presentarase publicamente a Asociación Mauro Leivas, que “busca catalogar a obra dun creador único e activar os valores sociais, ecoloxistas e de diversidade que sempre defendeu”, anuncian os creadores deste novo colectivo, que explican tamén que será “un acto aberto á cidadanía que servirá para render homenaxe a un dos creadores máis singulares e comprometidos da plástica galega contemporánea. A iniciativa está impulsada por un grupo de familiares e amizades co dobre obxectivo de preservar a memoria artística do creador mindoniense e de manter vivo o seu compromiso social e cultural”.
Durante o evento presentarase o propósito da asociación e as liñas de traballo tanto para a catalogación da súa obra como para a difusión dos valores que sempre defendeu, engaden...
leer másCon motivo do Día Mundial do Cancro, que se conmemorou o 4 de febreiro, celebrarase un acto en Viveiro no que se presentará o novo modelo de atención integral da Asociación Española Contra o Cancro. Será o martes 24 de febreiro ás 12:00 horas no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
O colectivo organizador desta actividade explica que “este modelo está baseado nas prioridades que as persoas con cancro e os seus familiares identificaron como aspectos esenciais para recibir unha atención máis humana durante o proceso da enfermidade”.
O Concello de Xove felicita á Asociación de Mulleres Bolboretas que cumpre o seu trinta aniversario despois de que se fundara oficialmente en maio de 1990.
Esta asociación ten as súas raíces na Urbanización de Palmeiro, na localidade de Xove, onde hai corenta anos chegaron vivir moitas familias novas, procedentes de distintos puntos da xeografía española. A empresa, naqueles intres Alúmina-Aluminio, hoxe Alcoa, encargou construír vivendas cerca da factoría, para que puideran vivir os empregados e as súas familias.
Contan que comezaron as súas andaduras nun entorno novo, descoñecido e con estraños, pero pouco a pouco, aproveitando todo o que esta situación lles proporcionaba como colexio, instalacións deportivas e club social, foron organizando e participando en diferentes actividades escolares e extraescolares,...
leer másA nova asociación Hostalería de Barreiros bota a andar con 25 establecementos xa asociados.
Unha comisión xestora, integrada por seis persoas, será a encargada dos trámites de constitución coa idea de convocar máis adiante eleccións á xunta directiva.
Entre os temas tratados na xuntanza celebrada na tarde deste luns, abordáronse a necesidade de mellorar a promoción turística do concello mediante medidas como a sinalización tanto do municipio como dos servizos hostaleiros existentes, mellorar ademais a promoción e divulgación de rutas naturais, e procurar a atracción de visitantes/turistas interesados en outro tipo de oferta como a deportiva, a de natureza ou a de eventos. Neste senso, un dos obxectivos a desenvolver a realización de accións puntuais que favorezan a chegada doutros lugares.
... leer más







