Contra o Cancro

04/06/2026

A segunda edición da Andaina Ribadeo en Marcha Contra o Cancro celébrase o sábado, 13 de xuño, ás 11:00 horas con saída dende o Parque de San Francisco en Ribadeo. Esta actividade lúdico deportiva, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Lugo, estará aberta a todas as idades.

A organización explica que “o obxectivo é concienciar sobre a importancia dun estilo de vida saudable para a prevención do cancro, baseado nunha alimentación adecuada e na actividade física. As inscricións para participar na andaina pódense facer de forma online, a través da url https://enmarcha....

leer más
23/05/2026

A segunda edición da andaina Ribadeo en Marcha Contra o Cancro celébrase o sábado, 13 de xuño, ás 11:00h con saída dende o Parque de San Francisco, na vila ribadense. Esta actividade lúdico deportiva, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Lugo, estará aberta a todas as idades. O obxectivo é concienciar sobre a importancia dun estilo de vida saudable para a prevención do cancro, baseado nunha alimentación adecuada e na actividade física.

As inscricións para participar na andaina pódense facer de forma online, a través de esta url https://enmarcha.contraelcancer.es/es/...

leer más
30/04/2026

Foz acollerá este sábado, día 2 de maio, un concerto a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro. Será na Sala Bahía ás 19:00 horas.

Neste concerto solidario, organizado polo Concello de Foz, actuarán os grupos locais Toxo Guayaba, Mar Aberto e Rondalla Latexos.

O importe do donativo para os asistentes é 5 euros.

16/03/2026

Este luns presentouse a terceira edición de Burela En Marcha Contra o Cancro, unha actividade lúdico-deportiva para todas as idades que se celebrará este domingo, 22 de marzo, con saída dende a Praza da Mariña ata a praia A Marosa, ida e volta, anuncia a Asociación Española Contra o Cancro, que agradece o apoio do Concello de Burela; empresas patrocinadoras, Garsán e Solán de Cabras; e empresas colaboradoras, Eroski Center, Ambulancias Burela, Sixto Eijo SL e o Cluster Galego do Deporte.

As inscricións para participar poden facerse a través da web...

leer más
22/02/2026

Con motivo do Día Mundial do Cancro, que se conmemorou o 4 de febreiro, celebrarase un acto en Viveiro no que se presentará o novo modelo de atención integral da Asociación Española Contra o Cancro. Será o martes 24 de febreiro ás 12:00 horas no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.

O colectivo organizador desta actividade explica que “este modelo está baseado nas prioridades que as persoas con cancro e os seus familiares identificaron como aspectos esenciais para recibir unha atención máis humana durante o proceso da enfermidade”.

 

15/10/2025

O Concello de Cervo presentou este mércores a actividade Cervo en Rosa, coa que conmemorará o vindeiro domingo, día 19 de outubro, o Día Mundial contra o Cancro de Mama. A cita central será unha andaina solidaria, que partirá ás 11:00 horas do Peirao de San Ciprián, aberta a toda a poboación que desexe sumarse.

Na presentación estiveron a alcaldesa, Dolores García Caramés, a concelleira Mali Méndez e representantes das diferentes asociacións de mulleres do municipio -Mulleres de San Ciprián, Alborada, As Espalladoras e Mulleres en Igualdade-, que colaborarán activamente na organización da xornada.

A actividade pretende “visibilizar a loita contra o cancro de mama e fomentar a participación cidadá como mostra de apoio ás persoas afectadas e ás súas familias. Como broche final plantaranse flores rosas no...

leer más
06/08/2025

Este domingo, día 10 de agosto, terá lugar a andaina Viveiro en marcha contra o cancro. O percorrido será desde Os Castelos, no Paseo Marítimo de Covas, ata Celeiro, unha distancia de 5 quilómetros. A saída levarase a cabo ás 11:00 horas.

Está organizada pola Asociación Española Contra o Cancro, que anuncia que o prezo da inscrición con camiseta é de 10 euros. “Se queres colaborar e non podes participar podes sumar cunha doazón, ca achega que ti elixas. A qué esperas? Inscríbete! Online en https://enmarcha.contraelcancer.es/.../viveiro-en-marcha... ...

leer más
17/07/2025

Presentouse a primeira edición de O Vicedo En Marcha Contra o Cancro, unha actividade lúdico-deportiva que se celebrará este domingo, 20 de xullo, desde as 11:00 horas e que contará cunha andaina con saída dende a Ponte Vella do Vicedo (ponte metálica sobre o río Sor) ata o parque de O Vicedo.

“Con este evento local queremos tinguir de verde O Vicedo, co obxectivo de concienciar a sociedade sobre a importancia dun estilo de vida saudable para previr o cancro, e demostrar que a provincia de Lugo é un exemplo de loita contra o cancro. Patrocinado por Solán de Cabras; colabora o Concello de O Vicedo e Eroski Center”, anuncia a Asociación Española Contra o Cancro en Lugo.

Para participar pode facerse a inscrición online en...

leer más
28/05/2025

A Asociación Española Contra el Cáncer Lugo anuncia a celebración do Festival Contra o Cancro en Ribadeo este venres, día 30 de maio. Será no auditorio Hernán Naval ás 20:00 horas.

Actuarán a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, o Coro Sagrado Corazón, EnraizHadas e Maktub.

O prezo da entrada é de 6 euros e tamén hai fila cero, para que as persoas que queren colaborar e non poden asistir ao festival se sumen coa achega económica que elixan.

Para calquera dúbida ou aclaración as persoas...

leer más
08/01/2025

A segunda edición da andaina Burela en Marcha Contra o Cancro celebrarase o día 2 de febreiro, domingo, con saída ás 11:00 horas dende a Praza da Mariña e o percorrido será ata a praia da Marosa, ida e volta.

Está organizada pola Asociación Española Contra o Cancro, que anuncia que “o prezo da inscrición con camiseta son 10 euros. Se queres colaborar e non podes participar podes sumar cunha doazón, coa achega que ti elixas”.