O Vicedo
A programación sociocultural do Concello de O Vicedo para o vindeiro mes de agosto inclúe oito actividades.
A primeira é unha ruta en kaiaks polo río Sor o mércores 5 de agosto ás 10 da mañá, tomando como punto de partida o porto deportivo do Vicedo desde onde se trasladará aos participantes en vehículos ata Ribeiras do Sor para emprender dita baixada e regresar ao porto do Vicedo. A duración estimada é de 2 horas; o prezo, 20 euros (materiais e transporte incluídos) e as inscricións poden facerse a través do teléfono 982.59.01.95 ou do correo electrónico omix@concellodovicedo.org. As prazas son limitadas.
O sábado 8 agosto ás 10 horas haberá a actividade titulada Río Sor, remansos de paz y biodiversidad, que consistirá nun paseo pola ruta...
leer másA partir deste venres, día 31 de xullo, O Vicedo celebra as súas festas patronais na honra a Santo Estevo e Santa Lucía durante tres días e un “amplo programa de actividades. Lembramos que o luns 3 de agosto será festivo local”, anuncia o Concello de O Vicedo.
As actividades comezarán o venres ás 22:45 horas con verbena amenizada polo dúo Veneguay e a orquestra Gran Parada.
O sábado haberá pasacalles co grupo de gaitas Cuarteto Ortegal desde as 10:30 horas, eucaristía solemne ás 12 horas e despois procesión e sesión vermú a cargo do grupo Fénix, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Galilea.
E o domingo ás 12:00 horas celebrarase misa de campaña na praia de Xilloi, seguida de procesión e sesión vermú longa amenizada polo grupo Jaque e a charanga Mekánika Rolling Band. Ás 18:30...
leer másO Concello de O Vicedo organiza unha ruta de kaiaks para este mércores, día 15 de xullo, e na Casa da Cultura pode visitarse unha exposición sobre o futbolista local Kubala, mostra que estará aberta ata este domingo 19.
“Continúan os Mércores de Natureza cunha actividade xa tradicional como son as rutas de kaiaks o mércores 15 ás 11 horas. Farase unha ruta polo entorno do porto do Vicedo e pola ría percorrendo as principais praias da contorna. O punto de encontro será o peirao do Vicedo. O prezo é de 20 euros por persoa”, explica o Concello do Vicedo, que tamén anuncia: “a outra actividade, neste caso solidaria, é a II Marcha Contra o Cancro. Unha ruta curta entre a ponte vella sobre o Sor e a Casa da Cultura do Vicedo que se celebrará o domingo 19 ás 11 horas. Xa está aberta a posibilidade de inscrición online e ata o venres tamén podedes...
leer másA segunda edición da andaina O Vicedo en Marcha Contra o Cancro celébrase o domingo 19 de xullo ás 11:00 horas con saída dende a Ponte Vella sobre o Sor ata o Parque de O Vicedo. Esta actividade lúdico deportiva, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Lugo estará aberta a todas as idades. As inscricións para participar na andaina pódense facer de forma online nesta páxina: https://enmarcha.contraelcancer.es/es/evento/o-vicedo-en-marcha-contra-o-cancro-2026. Remata o prazo de inscricións online o venres 17 de xullo, ás 14:00 horas e presencialmente do 13 ao 17 de xullo de 11:00 a 13:00 horas na Casa da Cultura de O Vicedo. O mesmo día do evento, 19 de xullo, ás 10:00 horas no punto de saída:a Ponte Vella sobre o Sor.
... leer másNo parque eólico de Riobarba, que está no municipio de O Vicedo, celebrase a XXVI Festa do Cabalo. Será este sábado, día 11 de xullo.
As actividades comezarán ás 13:30 con misa na honra a San Vicente de Francos; ás 14:00 horas haberá degustación de produtos típicos; ás 17:00 horas, campionato ecuestre; ás 18:30 horas, sorteo; é desde as 19:30 horas haberá baile.
É un evento organizado polo Concello do Vicedo coa colaboración do colectivo Cabaleiros Rías Altas.
O Vicedo acollerá os días 18 e 19 de xullo o torneo de fútbol Folgueiro League 26, que foi presentado na Casa da Cultura do Vicedo. Este evento deportivo está organizado polo club UD Folgueiro, que anuncia: “no acto estiveron presentes Domingo González, presidente da UD Folgueiro; Jesús Novo, alcalde do Concello do Vicedo; e Javi Martínez, xogador e directivo da UD Folgueiro, que destacaron o traballo e a ilusión coa que se está preparando unha nova edición deste torneo, que xa é unha referencia do fútbol afeccionado na comarca”.
A UD Folgueiro explica que “a competición contará con torneo masculino e feminino (este último celebrarase sempre que haxa un mínimo de equipos inscritos), ademais dun gran ambiente durante toda a fin de semana con DJ, zona de comida e moitas sorpresas, para que xogadores e afeccionados gocen dunha auténtica festa...
leer másEste luns, 29 de xuño, foi presentada unha nova edición das rutas gratuítas guiadas por distintos puntos da xeografía do municipio de O Vicedo. Á presentación asistiron o alcalde de O Vicedo, Jesús Novo Martínez, e Boris Vilar, representante da empresa Rutas Galicia Norte, que será a encargada de executar este proxecto.
O Concello de O Vicedo explica que “na presentación indicouse que estas rutas tratan de mostrar as cualidades de diferentes zonas do municipio desde o punto medioambiental, xeolóxico, histórico, etcétera; e son presentadas en formato ruta guiada, pausada e grupos pequenos, para practicar un turismo tranquilo amosando diferentes lugares especiais da contorna como a Ruta do Río Sor (ruta de sendeirismo homologada pola Federación Galega de Montañismo), a ruta pola praia de San Román e Moutillós (onde se celebra a Romaxe...
leer másA Casa da Cultura de O Vicedo acollerá un curso de croma e de edición de vídeo. Será os venres desde o día 3 de xullo ata o 4 de setembro.
“Buscas unha actividade divertida e útil para os teus fillos este verán? Na Aula CeMIT da Casa da Cultura axudámoslles a converterse en auténticos creadores de contido”, anuncia o Concello de O Vicedo.
É para nenos e nenas a partir de 10 anos e desenvolverase todos os venres do 3 de xullo ao 4 de setembro de 11:00 a 13:00 horas. É de balde e as prazas son limitadas. As inscricións poden facerse a través do teléfono 982.59.01.95 ou do correo electrónico cemit.ovicedo@xunta.gal.
O Vicedo celebrará as festas na honra á Nosa Señora do Carme desde o sábado 20 de xuño ata o luns 22.
As actividades comezarán o sábado ás 12 horas con misa solemne na igrexa parroquial e a continuación haberá procesión coa imaxe da Virxe do Carme acompañada pola Banda Naval de Viveiro e desde as 14 horas, sesión vermú a cargo da orquestra Fuego, que tamén amenizará a verbena xunto ao dúo D'Vicio.
O domingo ás 12 horas celebrarase misa solemne no campo da festa, a continuación haberá procesión marítima con ofrenda floral polos náufragos e mariñeiros defuntos. Ás 14 horas comezarán unha sesión vermú a cargo do dúo Maracuyá, que tamén actuará na verbena coa orquestra Los Satélites.
E o luns ás 20 horas farase o traslado da Virxe do Carme ata a igrexa parroquial e despois funeral por...
leer másA parroquia de As Negradas, no municipio de O Vicedo, celebrará as festas na honra a San Antonio este sábado, día 13 de xuño.
As actividades comezarán ás 12:15 horas con misa cantada seguida de procesión acompañada pola banda Nuestra Señora de la Misericordia, de Viveiro. Despois haberá sesión vermú amenizada pola orquestra Alabama, que tamén actuará na verbena xunto a Ritmo Joven.
A organización destaca que haberá pista de baile cuberta.












