O Vicedo

Etiquetas:
11/06/2026

O Vicedo volverá revivir a súa historia coa celebración da novena Romaxe Viquinga, que será os días 24 e 25 de xullo e foi presentada este xoves.

A deputada provincial de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou na Casa da Cultura do Vicedo na presentación da IX edición da Romaxe Viquinga 2026, que se celebrará os días 24 e 25 de xullo. Un evento que inclúe a representación do desembarco normando na praia de Area Grande, ou actuacións musicais, entre outras moitas actividades. A Deputación Provincial de Lugo colabora con este evento, así como con outras propostas turísticas, cunha achega económica de case 19.000 euros.

García Porto anunciou: “apoiamos esta cita a través do Plan Deputación. Unha ferramenta que distribuímos de xeito equilibrado e que lles permite aos...

leer más
10/06/2026

O Concello de O Vicedo anuncia que “o xoves día 11 de xuño terá lugar a presentación da IX edición da Romaxe Viquinga do Vicedo. Haberá dúas actividades ben diferentes para dar inicio aos actos da Romaxe Viquinga: ás 11 horas, a Resolución do concurso de debuxo infantil Romaxe Viquinga, que contará coa presenza do alumnado do CEIP O Vicedo. Nesta actividade proxectaranse todos os debuxos participantes e haberá premios para os 3 primeiros de cada categoría (primeiro ciclo e segundo ciclo), ademais de agasallos para todos os participantes. Neste acto participará tamén o encargado do deseño dos carteis e camisetas dos últimos anos, Cristian F. Caruncho. E ás 12:30 horas, presentación oficial da IX Romaxe Viquinga, que contará coa presenza do delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Alfonso Villares Bermúdez; a deputada provincial de Réxime Interior, Promoción...

leer más
Etiquetas:
15/05/2026

A sexta edición do Trail do Vicedo celebrarase este domingo, día 17 de maio. A presentación correu a cargo do alcalde do Vicedo, Jesús Novo Martínez, e de representantes do club Graficas Lar, habitual colaborador na organización deste evento.

O Concello do Vicedo explica que durante a presentación sinalouse que están anotadas cerca de 400 persoas e isto supón que “é un evento que está medrando en participación e que contará cunha importante presenza de atletas e camiñantes locais así como de toda a comarca e do resto de Galicia”. Tamén se indicou que “como novidade, este ano cambiou o percorrido do trail longo, que pasa a ter a saída tamén no entorno da praia da Abrela e adapta a distancia a uns 21 quilómetros. Tamén se cambia o emprazamento da saída, que será nunha zona máis próxima á praia da Abrela, cunhas espectaculares vistas ó mar....

leer más
29/04/2026

Este xoves, día 30 de abril, ás 17:15 horas na Casa da Cultura do Vicedo terá lugar unha actividade de animación á lectura coa presenza da compañía Trécola Producións presentando Contos da Lúa, un espectáculo dirixido a nenos e nenas de Educación Primaria, anuncia o Concello de O Vicedo.

A sinopse desta actividade é a seguinte: “cando chega a noite, mentres durmimos, a Lúa asoma a súa cariña polas fiestras e goza dos nosos soños. Así coñece moitas historias máxicas, tolas e divertidas. Os soños que máis lle gustan son os de Calcetín, un persoeiro amante da lectura e con moita imaxinación. Flota entre as estrelas, leva o temón dun zapato que percorre os mares ou viaxa ata o mundo do revés”.

23/04/2026

Esta fin de semana, venres, 24 e sábado 25 de abril, será a segunda parte da ruta de pinchos no Concello de O Vicedo, nesta ocasión, con bares e restaurantes da capital do municipio. Son os seguintes establecementos e pinchos: Cafetería Casa da Cultura, Crujiente de Corral (venres e sábado); La Bodeguita del Puerto, Maravillas del Cantábrico (venres e sábado); Chiringuito Los Árboles, Chips de Torrezno (venres e sábado); Café Bar Santo Domingo, Arroz con calamares (só o venres); Café Bar San Esteban, Tosta La miga creativa (só o venres); e Mesón O Remo, Crepe o Remo (só o venres).

O Concello de O Vicedo explica que “os pinchos poderán ser degustados a partir das 20 horas a un prezo de 4 euros por pincho. Ademais hai un concurso ao mellor pincho con voto popular: con cada pincho vaise dar unha papeleta para valorar o pincho...

leer más
23/04/2026

O Teatro das Cortes, na aldea de Cabanas (O Vicedo) acolleu a presentación do programa Da Barraca á Aula: A memoria das festas. Isa Coldeira e Anxo García, da Asociación Cultural Morreu o Demo e mais Lucho Penabade, do Teatro das Cortes, daban a coñecer o programa e mais a proposta deste espazo cultural mariñao para os vindeiros meses.

Entre as primeiras propostas do programa atópase a xornada Onde foi Barriga Verde? que se celebrará no propio Teatro das Cortes este sábado, día 25 de abril, e que inclúe a exposición titulada A arte dos Silvent, un obradoiro de creación de monicreques para persoas adultas, unha representación de Barriga Verde a cargo de Viravolta Títeres e máis un retrinco da Brigada Teatral das Cortes sobre o 25 abril portugués. Todas as actividades serán de balde. Para se inscribir no...

leer más
Etiquetas:
11/04/2026

O Concello de O Vicedo organiza a décimo sexta edición da Ruta de Pinchos, que se desenvolverá en nove establecementos hostaleiros do municipio. O venres 17 e o sábado 18 será en: Restaurante Area Grande, de San Román, Café Bar Alfa, de Folgueiro; e Chiringuito da Abrela, de Suevos. E o venres 24 e o sábado 25 participan: Cafetería Casa da Cultura, La Bodeguita del Puerto, Chiringuito Los Árboles, Café Bar Santo Domingo, Café Bar San Esteban, e Mesón O Remo, pero estes tres últimos só ofrecerán a tapa o venres.

Nesta edición entre os comensais que participar na ruta e deixen o seu voto sortean dúas batidoras picadoras Bosch.

23/03/2026

A Xunta de Galicia organiza no Vicedo, neste mes de marzo e en abril, dous cursos para persoal das agrupacións de voluntarios de Protección Civil.

“A primeira actividade comezou xa no Vicedo, que acolle dende o sábado 21 de marzo un curso básico de Protección Civil que se impartirá en dúas fins de semana (comezou a pasada e completarase os próximos sábado 28 e domingo 29). Este tipo de cursos ofrecen ao persoal de novo ingreso a formación básica necesaria para o exercicio das funcións de Protección Civil”, indica a Xunta, que tamén anuncia que se ofrecerá un curso presencial de prevención e loita contra os incendios urbanos e forestais nos municipio do Vicedo do 10 ao 19 de abril.

O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, explica que este cursos forman parte da programación da Academia...

leer más
Etiquetas:
16/03/2026

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López Moreno, participou este luns na Casa da Cultura do Vicedo na presentación do II Serán, a cita que se celebrará no campo da festa da parroquia de Negradas este sábado, día 21 de marzo. O evento, que “inclúe unha ampla e variada programación, está organizado pola Asociación Cultural Os do 21, entidade coa que a institución provincial mantén un importante compromiso achegando 21.000 euros para financiar actividades coma esta e colaborar cos gastos de mantemento do colectivo”, anunciou a Deputación.

Carmela López puxo en valor que “a Deputación é o concello dos concellos” e destacou que “apoiar o rural é unha das principais liñas de acción que vertebra o noso goberno. Por iso, estamos ao carón de entidades coma esta, para que poidan desenvolver actividades que dinamicen as nosas parroquias e...

leer más
26/02/2026

O Folgueiro, no municipio de O Vicedo, celebrará unha festa de Antroido este sábado, día 28 de febreiro, desde as 20:30 horas.

Este evento está organizado polo club de fútbol UD Folgueiro, que anuncia: “este sábado 28 de febrero celebramos o Antroido no Folgueiro por todo o alto. A partir das 20:30 horas haberá degustación de xamón cocido, chourizos e produtos típicos do Antroido (gratis ata fin de existencias). E despois, baile ata que o corpo aguante cos dúos D’Vicio e Venus. Haberá premios para os mellores disfraces: grupos, 150 puntos; parellas, 100 puntos; e individual, 50 puntos”.