Gratuítas
O Concello de Xove, a través da Concellería de Turismo e Medio Ambiente, presenta o cartel das rutas guiadas que se levarán a cabo durante este verán co obxectivo de dar a coñecer a riqueza natural, xeolóxica, histórica e patrimonial do municipio. A iniciativa, organizada en colaboración coa empresa Rutas Galicia Norte, inclúe catro percorridos gratuítos que “permitirán aos participantes descubrir algúns dos espazos máis singulares de Xove dende unha perspectiva divulgativa e sostible”.
O programa desenvolverase entre os meses de xullo e agosto e inclúe as seguintes rutas: 16 de xullo, Ruta dos Muíños da A Rigueira; 30 de xullo, Os Acantilados de Papel, costa con narrativa; 7 de agosto, San Tirso de Portocelo, un enclave único; e 21 de agosto, Esteiro de Xove, unha xeoloxía singular.
... leer másEste luns, 29 de xuño, foi presentada unha nova edición das rutas gratuítas guiadas por distintos puntos da xeografía do municipio de O Vicedo. Á presentación asistiron o alcalde de O Vicedo, Jesús Novo Martínez, e Boris Vilar, representante da empresa Rutas Galicia Norte, que será a encargada de executar este proxecto.
O Concello de O Vicedo explica que “na presentación indicouse que estas rutas tratan de mostrar as cualidades de diferentes zonas do municipio desde o punto medioambiental, xeolóxico, histórico, etcétera; e son presentadas en formato ruta guiada, pausada e grupos pequenos, para practicar un turismo tranquilo amosando diferentes lugares especiais da contorna como a Ruta do Río Sor (ruta de sendeirismo homologada pola Federación Galega de Montañismo), a ruta pola praia de San Román e Moutillós (onde se celebra a Romaxe...
leer másA Concellaría de Mocidade organiza unhas xornadas lúdicas que se desenvolverán os días 11 e 12 de abril no parque San Francisco destinadas a nenxs e rapazada entre as 16:30 e as 19:30 horas. Trátase de actividades gratuítas e rotatorias para as que non fai falla inscribirse. Haberá inchables, pista de slot e de skate park, xogo de escapismo, karaoke, máquina de pompas e obradoiros.
A edil Mariluz Álvarez Lastra comentou que “dende a Oficina de Información Xuvenil, da Área de Mocidade do Concello de Ribadeo, queremos dar información das actividades que nestes días de lecer que van ter as nosas rapazas, rapaces e os nosos nenos e nenas xunto coas súas familias o luns 11 e o martes 12”.
A concelleira ribadense explicou que “nesta ocasión retomamos, como sempre víñamos facendo, actividades ao aire libre, que se van...
leer más





