Montes de Buio
O colectivo Pensamento e Sementeira, de Viveiro, organiza unha ruta polos Montes do Buio, en San Andrés de Boimente, este domingo, día 15 de xuño.
A actividade desenvolverase de 10:00 a 13:30 horas, o punto de encontro é o Curro do Candaoso, terá unha duración de 3 horas e media, a distancia son 10 quilómetros e a dificultade é media.
A organización explica que os prezos son: 7 euros para socixs do colectivo, 10 euros para persoas adultas non socias e 5 euros para nenos/as. O pago realizarase no punto de encontro, antes do inicio da ruta. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.
“O vindeiro domingo, 15 de xuño, convidámoste a descubrir un dos espazos naturais máis descoñecidos e sorprendentes de Viveiro: os Montes do Buio, da man de Boris Vilar. Nesta ruta de 10...
leer más