longametraxe

Etiquetas:
07/07/2026

A Casa da Cultura de Burela acollerá o xoves 9 e o venres 10 de xullo un casting presencial para participar en Aguas Rotas, a nova longametraxe de Patxi Isasti producida por IAE, cuxa rodaxe será o vindeiro mes de novembro de 2026 en distintos puntos da Mariña, anuncia o Concello de Burela, que explica: “a convocatoria está organizada por Let's Casting, en colaboración coa produtora Tréboa, Vértigo Films e o Concello de Burela, co obxectivo de incorporar á película persoas da comarca e reforzar o carácter local dunha produción profundamente vencellada ao territorio. O casting está dirixido a homes e mulleres de entre 15 e 85 anos, así como a nenas de entre 5 e 8 anos residentes na Mariña. Non é necesario contar con experiencia previa, xa que, segundo explican dende a organización, búscanse perfís naturais que acheguen autenticidade á historia. A...

leer más