Copa Deputación
A fase previa da XLI Copa Deputación de Lugo de fútbol 8 nas categorías prebenxamín e benxamín disputarase nos campos da Marosa, en Burela, este xoves, día 1 de maio.
Na presentación deste evento deportivo participaron Adrián Marrube e Diego dos Santos, como directivos da SD Burela, e Carmela López e Carlos Méndez en representación do Concello de Burela.
A SD Burela Agradecer á Real Federación Galega de Fútbol e ao Concello de Burela “as facilidades para que A Marosa viva unha gran xornada de fútbol base cos máis pequenos”.
A Ría de Ribadeo acollerá este domingo, día 7 de xullo, a segunda regata da Copa Deputación de Piragüismo, impulsada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo coa participación dos clubs e da Federación Galega de Piragüismo. O Club de Piragüismo Altruán, de Ribadeo, é o organizador desta proba, na que se prevé a participación de 175 palistas de diferentes categorías desde prebenxamín ata xuvenil dos seis clubs de augas tranquilas da provincia -Club Kayak de Foz, do CP Urban Hotel Viveiro, CP Altruán de Ribadeo, CP San Ciprián, Club Fluvial de Lugo e Cidade de Lugo-. As saídas comezarán ás 16.30 horas e faranse de forma escalonada, por categorías sendo as saída de infantís ás 16.55 horas, alevíns ás 17.45 horas e, por último, a saída das categorías xuvenil e cadete será as 18 horas.
A competición organízase no marco da colaboración que a...
leer másA Vicepresidencia da Deputación de Lugo impulsa unha nova edición da Copa Deputación de Piragüismo, unha liga provincial de seis regatas, que se celebrarán en Portomarín, Ribadeo, San Cibrao, Viveiro, Foz e Lugo entre maio e setembro.
O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e o deputado de Mocidade, Daniel García, presentaron a competición en Foz, xunto a representantes do Club Kayak de Foz, do CP Urban Hotel Viveiro, CP Altruán de Ribadeo, CP San Ciprián, Club Fluvial de Lugo e Cidade de Lugo e da Federación Galega de Piragüismo.
A competición organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs de augas tranquilas da provincia a posibilidade de participar en competicións...
leer más