O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, xunto cos concelleiros de Burela Ramiro Fernández Rey e Mario Pillado Mon, e o presidente e directiva da AFD Porto de Burela, presentaron no Estadio Municipal de A Marosa (Burela) a V Copa Deputación de Fútbol base. Esta nova edición terá unha sede na Mariña, outra en Monterroso e outra en Antas de Ulla.
A V Copa de Futbol Base desputarase os vindeiros días 28 e 29 de maio nas localidades mariñás de San Cibrao e de Burela. Na sede da Mariña formarán parte as equipas pertencentes as categorías xuvenil e infantil. Os días 4 e 5 será o turno das sedes da Comarca da Ulloa, na de Monterroso competirán as equipas de categoría cadete e prebenxamín, e no concello de Antas de Ulla tocaralles a quenda de participación a alevíns e benxamíns.
Antonio Veiga explicou que ao igual que na pasada edición, “ tódalas equipa participantes percibiran como regalo un saco con 5 balóns regulamentarios, de maneira que os clubs que estén presentes nas seis categorías das que consta a Copa Deputación de Fútbol Base poden recibir 30 balóns, por riba dos premios, durante toda a xornada as equipas verán asumidos a totalidade dos gastos vinculados a participación na Copa Deputación de Fútbol Base como poden ser os desprazamentos a competición, a comida para os participantes durante a duración do evento ou os gastos derivados da arbitraxe e organización dos partidos e rondas clasificatorias e finais. Cada participante levará tamén, un agasallo de participación que consistirá nunha mochila e unha camiseta.
Na edición do 2016 participan 24 clubs divididos en 109 equipas de toda a provincia, en total competirán uns 2.500 deportistas e conlevará unha afluenza mínima dunhas 7.000 persoas. “Sen lugar a dúbidas este tipo de actividades por riba de ser un evento competitivo para os rapaces da provincia, serve de incentivo económico para as vilas e localidades que albergan as sedes da Copa Deputación de Lugo de Fútbol Base e serven de revulsivo económico para a hostalería a fin de semana que a acollen”, resaltou o deputado delegado da Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos e Deporte da Deputación, o nacionalista, Antonio Veiga.