O Atrio de Vilaronte
A parroquia de Vilaronte, no municipio de Foz, celebra a quinta edición do Mercado Aos Pés de Cornería este domingo, día 10 de maio, a partir das 10:00 horas e ata a tardiña. Este evento está organizado pola asociación cultural O Atrio.
As actividades desenvolveranse no atrio da igrexa de Vilaronte, onde abrirá o mercado ás 10:00 horas e comezará unha andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida; sairá do Campo da Feira da Espiñeira e nivel de dificultade é baixo.
De 11:00 a 14:00 horas haberá experiencia a cabalo para @s nen@s, con voltas curtas nun espazo controlado, actividade que é de balde. Ás 12:00 horas actuará a charanga Os Sureños e ás 14:00 horas comezará a sesión vermú a cargo de Super Glu. Ás 16.30 horas haberá o contacontos para @s nen@s titulado Contamos contos de lobos, que ofrecerá a...
leer más



