Campo

Etiquetas:
20/05/2024

Letras no Campo, a feira do libro de Ribadeo, terá lugar do 24 ao 26 de maio no Campo de San Francisco. O poeta, creador e divulgador Quique Roxíos será o pregoeiro desta edición, pola que tamén pasarán autores como Antón Riveiro Coello ou Ledicia Costas.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, dixo que “estamos ante a décima edición da nosa feira do libro: as Letras no Campo, que vai ter lugar do 24 ao 26 de maio. Seis librarías e editoriais ocuparán as casetas situadas no Campo de San Francisco. O horario de apertura será de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.30 horas. Contamos desta volta con dous establecementos veciños, Pícaros Mundi e Gráficas Santiago; unha libraría de vello, a lucense Valín Libros; coa compostelá Libraría Pedreira, a editorial Canela e, como vén sendo habitual, o Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo...

leer más
Etiquetas:
03/07/2021

Este verán Galipizza promociona un novo servizo nos seus locais de Viveiro e Ribadeo: baixo o nome de “ACDC” anima aos seus clientes a disfrutar das súas pizzas e hamburguesas nun “picnic” ao aire libre.

A marca Galipizza, orixinaria da Mariña Lucense e con locais en diferentes puntos de Galicia, estrea este luns un novo servizo anunciado coas iniciais ACDC: “A Comer De Campo”, para que a xente disfrute dos seus pedidos nos parques, no monte, no campo, na praia...

Trátase dun novidoso servizo de reparto que leva os pedidos a calquera localización en exteriores onde os clientes poderán disfrutar dun auténtico “picnic á galega”: a comida de Galipizza chegará acompañada dun mantel de campo, unha neveira vintage portátil con xeo e as bebidas, unha cesta de picnic coa comida e tamén un kit de limpeza con bolsa do lixo...

leer más
Etiquetas:
14/02/2020

O Concello de Ribadeo celebrará o vindeiro domingo, 16 de febreiro, o Día Mundial dos Humidais cun taller de campo. 

O edil de Turismo, Pablo Vizoso, explicou que “de novo e co gallo da celebración do Día Mundial dos Humidais, no Concello de Ribadeo impartirase unha charla en campo, cun itinerario guiado e interpretado das unidades ambientais do ZEC-ZEPA Ría de Ribadeo. Incluída na Rede Natura 2000 e no convenio Ramsar, declarada Zona Húmida de Importancia Internacional, e polos seus valores en diversidade biolóxica declarada Reserva da Biosfera, é na actualidade un dos humidais máis importantes de Galicia polos seus valores ecolóxicos e diversidade”.

O concelleiro ribadense dixo que “nos mergullaremos nas especies de aves acuáticas e limícolas deste humidal protexido, asemade tentaremos observar as especies...

leer más
Etiquetas:
16/01/2018

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, avanzou que o Executivo Provincial achega un investimento de 100.000 euros para dotar dun novo céspede natural ao campo de fútbol Martínez Otero de Foz, onde realizan os adestramentos todas as categorías deste club e que empreganmáis de 300 rapaces da vila, xa que tamén adestran as Escolas Deportivas e os alumnos do Colexio. Campos Conde fixo este anuncio tras visitar estas instalacións deportivas acompañado do Presidente do Club Deportivo Foz, José María García Rivera.

“Con estas actuacións, levamos achegado, no último ano e medio, case 2,9 millóns de euros á mellora de infraestruturas deportivas. Así, só na modalidade de fútbol xa actuamos en 14 campos da provincia. Somos a administración galega que, sen dúbida, máis inviste en deporte na nosa provincia, a pesar de non ser a institución...

leer más
Etiquetas:
20/02/2015
As categorías de fútbol base de Cervo protagonizarán a apertura do campo de fútbol da Veiga este domingo, 22 de febreiro, tras a súa remodelación.
 
O campo de fútbol municipal da Veiga abrirá de novo as súas portas este domingo despois das obras de remodelación que promoveu e financiou o Concello de Cervo. Unha instalación que entrará en funcionamento “con fútbol de base”, asegura o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, que explica que os primeiros en competir nel serán os xuvenís do CD San Ciprián, nun partido de portas abertas.
Un encontro que, por ese motivo, será simbólico xa que “marcará o comezo dunha nova etapa deportiva no noso concello, cunha instalación que mellorará a forma de adestrar e xogar”, asegura o rexedor. Así, o Concello decidiu convidar a este primeiro partido (11:00 h.) ás xuntas directivas dos catro equipos de fútbol do municipio así como aos equipos de todas as categorías de fútbol base para que...
leer más