Fútbol
A décima edición do torneo de fútbol Marosa Cup disputarase os día 20 e 21 de xuño.
O Concello de Burela anuncia que “xa está aquí a X edición da Marosa Cup 2026. Un ano máis, o fútbol será protagonista nunha fin de semana chea de deporte, compañeirismo e ilusión no que participarán arredor de 40 equipos”.
O sábado 20 de xuño disputáranse os partidos de Fútbol 8, nas categorías de biberón, prebenxamín, benxamín e alevín. E o domingo 21 serán os de Fútbol 11 en categorías infantil e cadete.
O Concello de Burela explica que “os partidos de F8 xogaranse en campo natural e campo artificial. En F11 tamén se xogará nos campos da Candelaria e San Ciprián”.
Oitenta e oito equipos de 8 países daranse cita os días 23 e 24 de maio no XX Torneo Internacional Vila de Ribadeo de Fútbol Veteranos.
Son 66 equipos con xogadores de máis de 35 anos e 22 equipos con máis de 45 anos. Seis clubs proceden de Portugal (un deles das illas Azores), 2 son franceses (un deles de Mayote, illa situada no Índico), tamén estarán en Ribadeo equipos chegados de Polonia, Irlanda, Arxentina, Brasil e México, así como de 21 provincias españolas.
O torneo, que mobiliza a preto de dúas mil persoas, disputarase en once campos de fútbol de Galicia e Asturias: en Ribadeo, San Miguel, San Cosme, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Vegadeo, Tapia, Coaña, Navia e Luarca.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “por parte do Concello apoiamos en todo o que podemos...
leer másO Real Sporting de Gijón presentou en Foz as Xornadas de Tecnificación, un campus intensivo de fútbol que se levará a cabo os días 30, 31 de marzo e 1 de abril no Campo de Fútbol de Malates de 10 a 14 horas.
As xornadas contan coa colaboración do Concello de Foz, do Club Deportivo Foz e da Asociación Deportiva Santiago de Foz e xa están abertas as inscricións en thefootballdream.com
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, e o concelleiro de Deportes, Ángel Fernández Neira, destacaron “o compromiso do Club Deportivo Foz e da AD Santiago de Foz co deporte de base e agradeceron a iniciativa do Sporting de Gijón, que achega unha formación técnica e especializada a todas as nenas e nenos que se queiran apuntar nunhas xornadas intensivas de práctica de fútbol”.
Este sábado, día 11 de outubro, ás 16:30 horas no Campo Municipal Boavista, de Folgueiro (O Vicedo) celebrarase un torneo triangular de fútbol en memoria de Kubala, ex xogador do Folgueiro recentemente falecido. Os equipos veteranos participantes serán: Folgueiro, Landrove e O Vicedo.
A Unión Deportiva Folgueiro explica que “este encontro pretende ser un acto de recoñecemento e gratitude pola súa entrega ao club e polo legado humano que deixou entre compañeiros, amigos e afección. Será unha xornada de lembranza e respecto, na que todo o mundo está convidado a participar para renderlle a merecida homenaxe. A súa memoria permanecerá sempre entre nós!”.
Los clubs de fútbol Mondoñedo FC y La Caridad CF disputarán el X Memorial Ramón Espantoso este domingo, día 14 de septiembre, en el campo mindoniense Viñas da Veiga. Será a las 18:30 horas.
Con este torneo se homenajea a Ramón Espantoso, un vecino de Mondoñedo que destacó por su labor en el fútbol de base mindoniense y falleció en el año 2005.
O club de fútbol SD Burela presenta o primeiro equipo para esta tempada 2025-26 cun partido fronte ao Ribadeo FC e pancetada. Será este venres ás 20:00 horas no campo da Marosa, con entrada gratuíta.
Ademais haberá pancetada, a partir das 20:45 horas, a 5 euros cada ración e sortearase un xamón e un abono da SD Burela para esta tempada.
A quinta edición do Torneo Emma Cuervo Feminino de fútbol disputarano o Real Club Deportivo, da Coruña, co C.A. Osasuna, de Pamplona. Terá lugar este sábado, día 23 de agosto, ás 12:00 horas no Campo Municipal Pepe Barrera (Ribadeo).
Está organizado polo Ribadeo FC, que anuncia: “os prezos das entradas serán de 10 euros para maiores de 15 anos e de 5 euros para nenos/as entre 8 e 15 anos, mentres que os menores de 8 anos teñen acceso gratuíto. As entradas poden adquirirse nas taquillas do Campo Municipal Pepe Barrera o mesmo dia do partido”.
O Campo Municipal da Veiga será o escenario do VIII Torneo Maruxaina, que se celebrará o xoves 7 de agosto “nunha intensa xornada de fútbol con catro equipos destacados da comarca”, anuncia o Concello de Cervo. A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o presidente do club anfitrión, Eduardo Rubal, e o director deportivo, Félix Martins, nas instalacións da Veiga. O evento, organizado polo C.D. San Ciprián coa colaboración do Concello de Cervo, contará con estes equipos: C.D. San Ciprián (2ª FUTGAL), U.D. Xove Lago (1ª FUTGAL), S.D. Burela (Preferente) e C.D. Foz (1ª FUTGAL).
A competición desenvolverase en formato eliminatorio, con dúas semifinais programadas para as 18:00 e 19:00 horas, que enfrontarán ao CD San Ciprián e a UD Xove Lago e o CD Foz e a SD Burela, respectivamente. A loita polo 3º e 4º posto terá lugar ás...
leer másO vindeiro domingo, 3 de agosto, ás 18:00 horas o Campo Municipal de Alfoz será escenario do II Memorial José Antonio Río, un emotivo encontro deportivo organizado polo CD Alfoz en colaboración co Concello de Alfoz, en lembranza dun dos veciños máis queridos e implicados no deporte local.
Nesta segunda edición, a SD Burela e a UD Somozas serán os equipos protagonistas dun partido amigable que se presenta como un auténtico espectáculo para os afeccionados ao fútbol da comarca e como unha merecida homenaxe a José Antonio Río.
Desde a directiva do CD Alfoz sinalan que “este memorial é unha forma de manter vivo o recordo dunha persoa que tanto fixo polo deporte e pola mocidade de Alfoz. Agradecemos aos clubs participantes o seu compromiso con esta iniciativa”.
O evento está aberto ao público...
leer másOs equipos Real Madrid Castilla e Racing de Ferrol disputarán en Viveiro o torneo de fútbol Memorial Luis de Carlos este sábado, día 2 de agosto. Será no Estadio Cantarrana ás 19:00 horas.
O Concello de Viveiro dará o nome de Kiko Rey ao Estadio Cantarrana en homenaxe ao histórico dianteiro viveirense. O propio Kiko Rey fará o saque de honra deste partido e descubrirase unha placa conmemorativa.












