Veteranos
No Estadio da Marosa, de Burela, disputarase os días 1 e 2 de agosto, venres e sábado, o VII Torneo Fútbol 11 Veteranos Feira do Bonito.
Ademais do club organizador, Veteranos da SD Burela, participarán estes equipos: CD San Ciprián, UD Folgueiro, CD Foz, Mondoñedo FC e Real Tapia.
Os partidos empezarán o venres ás 20:00 horas e a final será o sábado ás 13:00 horas.
O equipo de fútbol Rayo Ribadeo Veteranos organiza a primeira edición de A Troula Rayista, unha festa aberta a toda a veciñanza e visitantes que se celebrará no parque de San Francisco, de Ribadeo, durante os días 27, 28 e 29 de xuño. A proposta combina gastronomía, música, artesanía, actividades infantís e solidariedade, nun ambiente festivo e familiar.
O evento arrancará este venres 27 ás 19:00 horas, continuará o sábado durante todo o día ata a 1:00 da madrugada, e rematará o domingo 29 ás 17:00 horas.
Durante os tres días haberá: foodtrucks variadas, con opcións como comida mexicana, patacas asadas e moito máis; mercado artesán, con postos de produtos locais; bar, tetería e coctelería, con diferentes propostas para todas as idades; actividades infantís, con inchables e espectáculo do Mago Charly (...
leer másOs días 24 e 25 de maio, sábado e domingo, terá lugar o XIX Torneo Internacional de Fútbol de Veteranos Vila de Ribadeo, que organiza a Asociación de Veteranos do Ribadeo FC. O evento foi presentado este xoves. 66 equipos participarán na categoría de +35 e 16 na de +45. Os clubs que se desprazarán ata Ribadeo proceden de México, Arxentina, Portugal, Irlanda, Francia, Bangladesh, Italia, República Checa e España (9 comunidades autónomas).
Os organizadores estiman que entre todos os equipos desprazarán a Ribadeo a máis de 2.500 persoas, das que arredor de 1.650 son xogadores e o resto acompañantes: “a maioría dos equipos estarán en Ribadeo desde mañá ata o vindeiro luns, pero xa contamos con algún equipo na vila desde o martes, que aproveitan para coñecer os campos de fútbol nos que van xogar e para facer turismo pola zona”.
... leer másO estadio municipal ribadense Pepe Barrera acollerá este sábado, 17 de maio, o 1º Trofeo de Veteranos Illa Pancha de fútbol, que organiza o Rayo de Ribadeo. O conxunto local enfrontarase aos Veteranos das Gándaras (Lugo) a partir das 11:00 horas. A entrada é de balde.
O concelleiro de Deportes ribadense, Francisco José Silvent, manifestou: “o Rayo é o novo equipo de veteranos de Ribadeo, ao que imos apoiar desde o Concello na súa andaina e nos proxectos que vaia levar adiante”. E animou á xente “a coñecer o novo club de fútbol veterano”.
O 1º Trofeo Veteranos Illa Pancha conta coa colaboración do Concello de Ribadeo e da SD Ribadeo.
Os días 25 e 26 de maio terá lugar o XVIII Torneo Internacional de Fútbol de Veteranos Vila de Ribadeo, que organiza a asociación de veteranos do Ribadeo FC. O evento foi presentado no salón de plenos do Concello.
68 equipos participarán na categoría de +35 e 8 na de +45. Desde a organización subliñan que “é a primeira vez que contamos coa presenza de equipos chegados desde catro continentes: Europa, África, Asia e América. Non hai ningún torneo destas características nin en España nin en Europa”.
Os clubs que se desprazarán ata Ribadeo proceden de Portugal, Inglaterra, Irlanda, Francia, Túnez, México, Paraguai, Brasil, Arxentina, India e de nove comunidades autónomas españolas: Galicia, Asturias, Cantabria, Castela-León, Madrid, Valencia, Extremadura, Andalucía e Canarias. O torneo vaise disputar en 10 campos...
leer másOs días 27 e 28 de maio terá lugar o XVII Torneo Internacional de Fútbol de Veteranos Vila de Ribadeo, que organiza a asociación de veteranos do Ribadeo FC. O evento foi presentado no salón de plenos do Pazo de Ibáñez.
Segundo os organizados neste evento daranse cita 68 equipos: 6 portugueses, 1 irlandés, 2 paraguaios, 1 arxentino, 1 brasileiro, 2 franceses (un deles da illa Mayotte, que está no océano Índico) e o resto españois (de Andalucía, Madrid, Castela-León, Cantabria, Asturias e Galicia). Os organizadores estiman que entre todos os equipos desprazarán a Ribadeo a máis de 2.000 persoas.
Na quenda de intervencións o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, sinalou: “desde o Concello de Ribadeo queremos dar, outro ano máis, o noso caloroso recibimento a toda esta xente que fai posible este torneo, tan grande,...
leer másDesde a organización animan á participación: “non dubides en apuntarte e crear un equipo cos teus amigos para pasalo ben co mellor deporte. Haberá premios en metálico para os gañadores”. E haberá trofeos para os máximos goleadores, para os mellores porteiros e para o xogador máis veterán.
Os partidos serán no Campo Boavista Folgueiro.
Os eventos están organizados pola Unión Deportiva Folgueira e colaboran o Concello do Vicedo e a Deputación de Lugo.
O salón de plenos do Concello acolleu a presentación do XVI Torneo Internacional de Veteranos que se celebrará os días 28 e 29 de maio. No evento, que organiza a Asociación Deportiva de Veteranos do Ribadeo FC, participan 52 equipos chegados desde Bélxica, Reino Unido, Portugal e diferentes puntos do Estado. Son máis de 1.000 persoas as que de venres a domingo encherán os hoteis e os restaurantes de Ribadeo.
O alcalde, Fernando Suárez, declarou que “é unha honra para nós, para o Concello de Ribadeo, presentar unha edición máis, a décimo sexta, deste Torneo de Veteranos que organiza esta marabillosa Asociación Deportiva de Veteranos do Ribadeo FC, que sempre intenta bater récords de participación. Desde logo dise moi axiña que conta con 52 equipos de diferentes lugares de Galicia, do Estado e da Unión Europea: de Portugal, de Bélxica, do...
leer másTrinta e seis equipos de 8 comunidades autónomas españolas e outros procedentes de Portugal se darán cita en Ribadeo os días 11 e 12 de setembro para disputar o XV Torneo Internacional de Veteranos. O evento está organizado pola Asociación de Veteranos do Ribadeo FC e conta coa colaboración do Concello e de Acisa. Os partidos vanse disputar en campos de Ribadeo, Lourenzá e Barreiros, en Galicia; e en Navia, Coaña e La Caridad, en Asturias. O Torneo presentouse este mediodía no salón de plenos.
O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “desde o Concello quero expresar a ilusión que nos produce volver a ter un torneo de veteranos, de maiores de 35, que neste ano é a 15ª edición dado que, desgraciadamente, o anterior por mor da pandemia houbo que suspendelo, non se puido facer. E agora, no 2021, xa saíndo desta terrible situación na que estivemos...
leer másAcisa colabora un ano máis co Torneo Internacional de Fútbol Veterano Vila de Ribadeo, que se disputa esta fin de semana os días 25 e 26 de maio. O evento, que chega á súa décimo cuarta edición, traerá á localidade a unhas tres mil persoas, cifra que a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos considera moi importante para o movemento que xerarán tanto na hostalería como no comercio desde o venres ata o domingo.
O presidente de Acisa Ribadeo, Francisco Iriarte, manifestou que “desde Acisa estamos apoiando un pouco dentro das nosas posibilidades a este grupo de xente que organiza este evento todos os anos. Van catorce edicións e nós o que intentamos, desde o comercio e a hostalaría, é apoialos porque estes veteranos que nos visitan e os seus acompañantes deixan moito diñeiro en Ribadeo, moito movemento e dannos a...
leer más