dinamización

04/02/2025

As actividades de dinamización organizadas polo Concello de Barreiros que estaba previsto que se desenvolveran desde este pasado día 3 tiveron que ser adiadas e darán comezo o luns 10 de febreiro en Reinante de 10:00 a 11:00 horas.

O Concello de Barreiros anuncia: “aproveita esta oportunidade para aprender a manexar mellor o teu móbil. Aquí resolveremos dúbidas sobre Whatsapp, a aplicación do Sergas, Catastro, e outras ferramentas que che facilitarán o día a día. Tamén aprenderás a recibir no móbil noticias do Concello e doutros lugares de interese. Aínda podes inscribirte a través da asociación de veciños de Reinante ou no propio Concello”.

Unha vez finalizada en Reinante, a actividade chegará a Celeiro de Mariñaos, Rilleira e Vilamartín Grande.

25/01/2025

O día 3 de febreiro, luns, comezarán en Reinante as actividades de dinamización deste ano 2025 organizadas polo Concello de Barreiros. Estarán dedicadas a aprender a usar o teléfono móbil dun xeito sinxelo e útil e á recollida de fotografías antigas para facer recompilacións por parroquias. A actividade será os luns de 10 a 11 horas na Escola de Reinante. A inscrición para participar pode facerse contactando coa asociación de veciños de Reinante ou no Concello.

Ademais o Concello de Barreiros anuncia que “unha vez finalizadas en Reinante, programaranse durante este ano 2025 en Celeiro de Mariñaos, Rilleira e Vilamartín Grande. Informaremos das datas nas que estas actividades chegarán a outros sitios de Barreiros aínda que calquera persoa pode asistir ao lugar que máis se lle axeite. Estade atentos/as! Non perdades esta oportunidade de...

leer más