O luns 10 de febreiro comezan as Actividades de Dinamización en Reinante (Barreiros)

As actividades de dinamización organizadas polo Concello de Barreiros que estaba previsto que se desenvolveran desde este pasado día 3 tiveron que ser adiadas e darán comezo o luns 10 de febreiro en Reinante de 10:00 a 11:00 horas.

O Concello de Barreiros anuncia: “aproveita esta oportunidade para aprender a manexar mellor o teu móbil. Aquí resolveremos dúbidas sobre Whatsapp, a aplicación do Sergas, Catastro, e outras ferramentas que che facilitarán o día a día. Tamén aprenderás a recibir no móbil noticias do Concello e doutros lugares de interese. Aínda podes inscribirte a través da asociación de veciños de Reinante ou no propio Concello”.

Unha vez finalizada en Reinante, a actividade chegará a Celeiro de Mariñaos, Rilleira e Vilamartín Grande.