Ferro
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora coa Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto, que prepara a organización da Feira do Ferro para o vindeiro 16 de abril.
O Centro de Artesanía e Deseño achegará 13.000 euros para financiar as demostracións e obradoiros que se desenvolvan no espazo do ferro, desde a elaboración de carbón vexetal e a instalación e montaxe das forxas ou das moas de afiar, e no que se amosará o proceso tradicional de elaboración de fouciños, fouces ou coitelos.
A área de Artesanía e Deseño contribuirá así ao relanzamento da Feira do Ferro despois de tres anos de parón como principal escaparate para os ferreiros e para o patrimonio natural e cultural do concello.
O deputado Efrén Castrovalorou “o traballo que ven desenvolvendo a Asociación...
leer másO delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias Fouz, participou esta mañá na presentación da XIV edición da Feira do Ferro que se celebrará en Riotorto o próximo 16 de abril, despois de tres anos. O evento está organizado polo Concello e pola Asociación de Ferreiros de Riotorto e conta co apoio da Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, cunha achega económica de 10.000 euros.
Durante a presentación, o delegado destacou a relevancia deste evento como punto de encontro para os profesionais dos oficios do ferro, como espazo para que as novas xeracións atopen referentes do oficio, como visibilizador desta artesanía de cara á sociedade e aos consumidores, ademais de como dinamizador económico e cultural da comarca. Destacou tamén o compromiso da Xunta coa Feira do Ferro de Riotorto, coa que colabora dende a súa creación no...
leer másO 4 de setembro celebrarase en Riotorto e A Pontenova o Desafío do Ferro, unha marcha cicloturista organizada pola asociación deportiva Pretorianos Club.
Terá dúas modalidades, e-BBT (bicicleta de montaña eléctrica) e BBT (bicicleta de montaña). Ademais, os participantes poderán decidir entre dúas distancias: a marcha corta, de 30 quilómetros, e a marcha larga, de 50. É obrigatorio seguir o recorrido marcado, que será maiormente por pistas forestais e camiños.
A saída e a chegada será na Praza dos Fornos de A Pontenova, pasando durante o percorrido polo concello de Riotorto. Sairase as 9:30 horas, e terase ata as 15:30 horas para realizar o recorrido, quedando descualificado en caso de non chegar.
Na marcha poderán participar tódolos ciclistas federados e non federados de máis de 16 anos...
leer másA Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto xunto co Concello de Riotorto organiza dende o ano 2007 a Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, e este ano que seria a XIV edición que se celebraría o próximo 19 de abril do 2020, queda suspendida.
Desde a organizan sinalan que "nesta situación excepcional e desde o respecto, desde a nosa responsabilidade social e o bo sentido imperante, esperamos contribuír á recuperación da normalidade, tratando de protexer do mellor xeito posible a seguridade e saúde de todos os visitantes, artesans e resto de expositores. Por iso, despois das medidas anunciadas polo Goberno do Estado debido á pandemia de Coronavirus COVID-19, tomamos as medidas oportunas".
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias González, e o Presidente da Asociación de Ferreiros, José Manuel Cobo, xunto a outras autoridades, presentaron, a XIII Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, que se celebrará o vindeiro domingo, 14 de abril e reunirá a ferreiros chegados de toda a provincia, así como de Galiciae Navarra, entre outros. A presentación tivo lugar na Forxa de Lourín e, durante o acto, realizouse unha demostración en vivo de artesanía do ferro.
Campos Conde destacou que “dende o Goberno da Deputación, mantemos un firme compromiso con esta cita coa que colaboramos, realizando unha achega económica de 11.000 euros. A Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, é un evento xa asentado na nosa provincia, pois esta é décimo terceira edición, que cada ano atrae a milleiros de...
leer másO Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias González,e o Presidente da Asociación de Ferreiros,José Manuel Cobo,xunto a outras autoridades,presentaron este luns a XII Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, que se celebrará o vindeiro domingo, 15 de abril. A presentación tivo lugar na Forxa de Manolo de Viñabella e, durante o acto, tivo lugar unha demostración en vivo de artesanía do ferro.
Campos Conde subliñou“o compromiso do Executivo Provincial con esta cita, coa que mantemos unha estreita colaboración nos últimos anos, posto que se ten convertido nunha referencia na nosa provincia. Deste xeito, achegamos 11.000 euros para a celebración desta décimo segunda edición da feira, que logra atraer a milleiros de persoas ao municipio, dinamizando a economía local e do conxunto da Mariña Lucense,...
leer másO Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias González, o Delegado da Xunta en Lugo,Jose Manuel Balseiro, e o Presidente da Asociación de Ferreiros de Riotorto, José María Cabo Jardón, presentaron a “XI Feira de Artesanía do Ferro de Riotorto”, que se celebrará o 16 de abril. Fixérono na Forxa de Jomaca de Espasande de Abaixo, cunha demostración en vivo da elaboración dun fouciño artesán a cargo do ferreiro JoseMaría Cabo.
Campos Conde avanzou que o Goberno da Deputación pon a disposición do Concello de Riotorto 20.000 euros para a Feira do Ferro. Trátase da mesma cantidade que xa achegou o ano pasado, convertendo a Deputación ese ano na institución pública que máis invistiu nesta cita. A cantidade que facilita para este ano forma parte dos 224.132 euros que o Executivo Provincial leva ao...
leer más